Nome científico: Frangula alnus. Nome galego: Sanguiño Descripción: É unha especie moi abondosa no no interior do bosque húmido. Os seus froitos redondiños, verde primeiro, logo vermello e por último negro ó madurar no verán. As ponlas son moi delgadiñas, con follas moi veerdes, simples e alternas coas beiras enteiras. A casca do arbusto tornase sanguiñenta característica que lle dá o seu nome vulgar. O florecer na primavera observanse as flores moi pequenas verdosas ou blancas, con cinco sépalos verdes e cinco petalos brancos. Aparecen en pouco número no arbusto e poden ser observadas ata o mes de setembro.

Nome científico: Anemone nemorosa. Nome galego: Mapola silvestre. Descrición: Herba perenne de la familia de las Ranunculáceas de hasta 30 cm. Tallos erectos que xorden de un largo rizoma reptante. Cada un deles presenta en la parte superior una única flor de hasta 4 cm., con 6-7 tépalos de color blanco, con tintes rosados o, menos frecuentemente, púrpura. Flores caulinares en verticilos de tres palmato divididas y con segmentos lobulados. En bosques húmidos

Nome científico: Calystegia sepium. Nome galego: Campaíña, saltasebes. Descrición: Herba perenne gabeadora de talos volubles con follas alternas e pecioladas, con limbo ovado ou ovado-lanceolado. Follas solitarias, axilares, hermafroditas, pentámeras,. Dáse en matorrales e en claros do bosque. É tóxica para o gando.

Nome científico: CAREX (Carex broteriana Samp., carex nigra, carex paniculata). Nome galego: Herba xunqueira, xunco, buño, carrizo, feo. Descrición: Según Xosé Ramón Garcia no seu libro "Flora de Galicia" hai como 35 tipos de carex distintos en Galicia. As flores van en espiguiñas, unhas masculinas e outras femininas, tecendo unha ou varias espigas. Algúns carex teñen outros nomes como feo (Carex panicula), carrizo (Carex nigra), buño das praias ( Carex arenaria). As carex son as herbas que están a carón dos ríos galegos.Co nome de Carex aparecen estas herbas que abondan nos ríos de Galicia, pero que son moi difíciles de identificar, hai centos delas.Carex significa herbas con follas punzantes, sendo está unha das características básicas.As follas son lineais, ríxidas e cortantes. Son moi pouco vistosas e agrúpanse en espiguiñas que fan a súa vez espigas. O debuxo, sensacional é da Carex Pendula. As Carex son plantas palustres, vivaces e resistentes.A altura está entre 50-150 cms. Florecen entre xuño e xullo.Queren lugares soleados.Cando non presentan flores, a tarefa de identificalas resulta imposible, din os expertos Víctor M. López e Miguel A. Fernández, autores do libro a Natureza dos ríos e Ribeiras Galegas.

(vitis vinifera) A cepa que se ve na imaxe, ten 125 anos (polo menos) -Variedade de uva tinta autóctona de Galícia e do Norte de Portugal, Caiño Tinto- pódese decir que unha superviviente da "filoxera"

Nome científico: Cytisus Scoparius L. Nome galego: Xesta. Descrición: Ramiñas xeralmente con 5 ángulos aplastados como costelas, as veces alados lateralmente. Froito lampiño. Arbusto de ata 3 metros, moi ramificado. Ramas erectas, inclinadas ou deitadas, verdes, as veces sedosas de xóvenes. Folíolos ovoides, con pelos adosados ou lampiños. Flores grandes, axilares, solitarias ou en parellas; pedúnculos dobre de largos que o cáliz; corola amarela; estandarte de 16-20 mm. Froito de 2,5-7 cm. oblongo, comprimido, con pelos pardos ou blancos na marxe, negro o madurar. Dáse en matorrales e en claros do bosque. É tóxica para o ganado. En castelán chámase hiniesta. O lugar onde hai ,moitas xestas, chámase xesteira. A xesta en Galicia é moito máis cunha planta común xa que é un arbusto sagrado, polo menos así o era para os druídas. Coas xestas bárrese a casa, para purificala, entre outras moitas aplicacións máxicas. Trátase tamén dunha planta moi boa nas enfermidades cardiovasculares, pero que hai que tomar con precaucións. O feito de atoparnos xestas con ramas anoadas e unha das características que nos podemos atopar nos montes galegos, esta é unha antiga costume a hora de pedir un desexo.

Nome científico: Digitalis Purpúrea L. Nome galego: Estalotes, dedaleiras, lunas da nosa Señora, croques, bilitroques, abrula, estroupallo, seoane, botexo, etc. Descrición: Os estalotes son abondosos nas beiras dos ríos galegos, sobre todo nos prados e na beira dos mesmos. Danse en tódolos sitios de Galicia. Planta moi característica. ¿Quen non estalou unha destas plantas na súa vida?. Recibe moitos nomes dende: lunas da nosa Señora (galego) ata zapatitos de Cristo ( Castelán). Tamén os galegos chámanlle: estalotes, dedaleiras, croques. A planta ten de 25 a 180 cms. Pubescente e lanosa. Rara vez case lampiña. Follas basais ovais ou case aserradas, grandes, as inferiores son pecioladas e subsésiles ou sésiles as da parte superior. Aparece en calquera lugar preferentemente solos no calizos. Follas inferiores aserradas, cun pecíolo moi largo. O froito ovoide, romo, igual ou maior co cáliz. O froito, está nunha cápsula ovoide que se abre por dúas valvas deixando saír numerosas sementes de pequeno tamaño. Esta planta dura sobre dous anos. O feito de recibir tantos nomes demostra as craras que é moi popular. É unha planta velenosa, contén unha droga que fai máis vigoroso o latexar do corazón. Por eso se aproveita en menciña. Pero ollo non se debe recolectar xa que é velenosa para autoterapìa. É moi utilizada para afeccións de corazón e tamén para a orina. Dise que escorrenta as bruxas e as desgracias si se pon na porta a noite de San Xoán.

Nome científico: Laurus nobilis. Nome galego: Loureiro. Descrición: Árbore perenne cas follas lisas, brilantes e de cor verde, as flores son pequenas de cor amarelo e o froito é de cor escura semellando unha aceituna. Pode alcanzar un gran tamaño, dependendo do tipo de substrato. É orixinario de Asia Menor e é considerado como o símbolo da victoria. Ten propiedades curativas como dixestivo, antiséptico, balsámico…tamén se emprega na cociña como condimento aromatizante.

O piñeiro bravo, piñeiro marítimo ou piñeiro do país (Pinus pinaster Aiton) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne e que pode acadar os 30 metros de altura. É unha das árbores máis abondosas de Galiza na súa variedade atlántica, ocupando aproximadamente o 36% da superficie arborada da mesma, como consecuencia de repoboacións efectuadas nos últimos dous séculos, xa que é unha especie de crecemento rápido.

Nome científico: Primula vulgaris. Nome galego: Primavera, caucere, herba de San Pablo. Descrición: As flores soben individualmente dende o centro da roseta de follas. Follas 5-25 cm., lanceoladas ou ovais, irregularmente dentadas; pecíolo alado. Pedúnculos de 6-20 cm. , que se tumban o fructificar, con pelos longos. Corola de 2-4 cm. de diámetro. Florece na primavera. As flores son de color amarelo oriéntanse o sol e desprende un perfume suave. Froito ovoide, encerrado no cáliz, sementes viscosas. Dáse en lugares húmidos, prados, preto dos ríos, bosques sombríos. As flores conteñen flavonoides e polo tanto teñen propiedades diuréticas e antiespasmódicas moi útiles no tratamento de pedras nas vías urinarias e tamén para calmar cefaleas e migrañas. As raíces tamén se utilizan para fluidificar as secrecións bronquiais. Ten tamén propiedades analxésicas e antirreumáticas.Ten tamén propiedades hemolíticas e polo tanto utilízase contra os golpes, xa que quitan moi ben o dor.

Nome científico: Silybum marianum (L). Nome galego: Cardo borriqueiro. Descrición: Os tallos son longos e con moitos pinchos, como pode verse. As flores son rosa púrpura roxiñas, xeralmente solitarias. Trátase dunha planta bienal, robusta e pelada de ata 1,5 m de altura. Follas alternas. As flores superiores teñen a marxe espiñosa e a face de cor verde matizado de branco. As flores son de cor púrpura. Medra en lugares removidos e moi expostos o sol. É unha planta que se utiliza na hepatite crónica, na cirroses e na insuficiencia hepato - biliar.