| UNHA POSIBLE HISTORIA XEOLÓXICA PARA O AFLORAMENTO DE "AS BARREIRAS-AS LOMBAS" (CATOIRA) | ||||
|
A historia escomenzaría no Mesozoico, co arrasamento dos montes hercínicos e a formación dunha superficie de erosión sobre os granitoides migmatíticos do Xiabre.
A cunca vai pasando por épocas de seca e novos aportes ata que queda chea por completo. Entón pasa a ser unha zona non asulagada, emerxida cun solo permanente enriba.
|
||||
|
As condicións climáticas favorecen o lavado de materiais nese solo. Así chega a formarse unha costra ferruxinosa. Posteriormente (cecais no Neóxeno), as condición ambientais cambian.
Favorécese moito a erosión e pérdese o solo que habia enriba. A costra
ferruxinosa fai de tellado protector, dando a forma de "lomba"
ó terreno, quedando debaixo, tamén algo erosionado pola ladeira o monte
de as barreiras. Esa forma permaneceu fixada gracias a nova implantación
de vexetación.
|
|||
![]() |
![]() |
|||
|
OUTRA VERSION DA MESMA HISTORIA
Outra posible orixe sería tamén partindo duns materiais aluviais depositados polo PaleoUlla., que quedarían abandonados como un nivel de terraza fluvial. Como consecuencia da aireación, formaríase unha costra ferruxinosa na cima, que fai de coberteira de toda a formación. Neste caso os materiais serían do Cuaternario, pero xeolóxicamente moi anteriores ó resto de depósitos aluviais da zona, cartografiados como Qal. A diferencia da posibilidade anterior, neste caso os materiais primeiros en aparecer serían os da costra ferruxinosa de As Lombas, e o contacto en profundidade cos materiais das Barreiras é diferente. Pero o que sí queda claro é que o conxunto ten que ser necesariamente moito mais antiguo que os sedimentos recentes de areas e xunqueiras do Ulla actual e os seus afluíntes
|
|||