As Torres de Oeste na historia. A súa importancia na defensa compostelana.

 
 

O OBISPO SISNANDO E OS PRIMEIROS NORMANDOS

 
 

OS PONTIFICADOS DE SAN PEDRO DE MEZONZO E VISTRUARIO

 
 

CRESCONIO, O "CASTELLUM HONESTUM " E OS NORMANDOS

 
 

AS TORRES DE OESTE EN TEMPOS DE DIEGO PELÁEZ

 
 

A ERA DE DIEGO XELMÍREZ (Xelmírez ante normandos e sarracenos)

 
 

XELMÍREZ, AS TORRES DE OESTE E A POLÍTICA DO SEU TEMPO

 
 

AS TORRES DE OESTE DESPOIS DE XELMÍREZ: a Rebelión Irmandiña de 1467

 
 

ESTADO DA FORTALEZA NO SÉCULO XV.

 

 


" La madre decía que habría que darle muy pronto, para ir a hacer presas, la nave de la guerra con fuertes remeros, y en ella, en la proa, marcando derrotas iría el vikingo erguido, a buscar en las playas remotas, combate".

O Obispo Sinando e os primeiros normandos.

Cando falamos das Torres de Oeste é casi inevitable o recordo daqueles pobos guerreiros do norte de Europa: os normandos. Según diversas fontes, a primeira vez que arribaron nas nosas costas foi no ano 843.

Galicia. Jacobsland ( a terra de Santiago)- como eles a chamaban-, foi dende os tempos máis antigos un lugar apetecible para as súas expedicións pola costa atlántica do continente europeo: a súa riqueza mineral, a fertilidade das súas terras, os seus cabalos, tiñan unha fama que trascendía as nosas fronteiras.

Por outra banda, a paizaxe que se presentaba ante os seus ollos debía recordarlles, e moito, os seus orixes; "las rías eran manos que se adentraban hasta las mismas entrañas de sus tierras, que llevaban con poco esfuerzo, con la punta de sus dedos, casi, casi, hasta la misma Compostela, emporio, corte y joyel" . E así o deberon crer aquelas xentes que viñan acó atraídos polo embruxo de Compostela e a ansia de botín; en efecto, no ano 851, descubren a Ría de Arousa, "camino abierto hacia Iria Flavia" , á sazón, sede episcopal. Según o Crónicón Iriense, eran cen as naves que por aquel entón subiron polo Ulla, cometendo toda clase de feitorías e obrigando ó Cabildo a trasladarse a Santiago, para protexerse tra-las súas murallas.

O cabo de tres anos, abandoaron Galicia, despois de ser derrotados polo Conde Pedro. O perigo alexábase, pero só polo momento.

É entón cando Sisnando, Obispo de Iria, manda construir a fortaleza da lanzada e Cedofeita, a mediados do século X, para facer frente a futuras incursións. Segundo o Cronicón Iriense, xa citado, reuniu para ilo a canteiros e arquitectos e obrigou ós pobos ó acarreo dos materiais, e prestar os servicios de costume en casos semellantes.

Sabia foi a decisión do Obispo. Na primavera do ano 968, cando Sisnando estaba de retiro no Mosteiro de Sobrado, aparece na Ría de Arousa un gran continxente de normandos con cen naves e aproximadamente oito mil homes, que desembarcaron cerca de Catoira. Dende alí empezaron, unha vez máis, "su perigrinar hacia Iria". Sisnando, máis cabaleiro que prelado, púxose ó frente dun pequeño exército que fixese retroceder o inimigo; o que conseguiu así, levándoos ata Fornelos, do Río Louro, entre as parroquias de Cordeiro e campaña. Pero debeu ser demasiado o ímpetu que puxo na defensa das súas terras que nun dos lances da batalla morreu atravsado por unha saeta.

Os inimigos, enardecidos pola morte do Obispo, puideron entón proseguir a súa marcha car Iria, arrasándoa e saqueando e incendiando un total de 18 vilas. "Tan grande era el número de piratas, que todo parecía dar a entender que esta vez se trataba de sentar sus reales en Galicia como lo habían hecho en otras naciones" ; caso da Normandía francesa, por exemplo.

A partir desta data serían outras as medidas que os galegos adoptarían para defende-las terras de Santiago. Entre elas, a construcción das Torres de Oeste.

Pero antes de continua-la nosa historia, analizemos o carácter daquelas tribus do Norte que tanta importancia terán no desenrrolo desta historia.

Os escandinavos eran unha sociedade eminentemente campesiña, dominada por unha aristocracia á vez rural e militar. Entre os séculos VI e VII estiveron nuha situación de calma e aillamento do resto do continente europeo. Dende o século VIII prodúcese un desenrrolo das súas técnicas de navegación, o que os decide a lanzarse a unha expansión polo Occidente. Dunha etapa estática pasamos a unha dinámica; é o que se coñece como " era de los vikingos" . Pero non tódolos escandinavos. Noruegos primeiro, daneses despois- eran vikingos. Tamén realizaban expedicións comerciais legais, denominándose entón "varegos".

Así pois, únicamente os vikingos podían considerarse como piratas. Estos soían empregra un barco "estrecho y airoso, de unos veinticinco metros más o menos de eslora, cinco de manga, y tan solo uno y medio de calado, con una forma muy propia para poder avanzar y retroceder según las circunstancias ". Ó mando soían levar un "wiking"- rei do mar no cal os guerreiros tiñan unha fe cega.

Os vikingos eran homes de complexión forte, con gran espírito de loita, aínda que non tan bárbaros e sanguinarios como a tradición debuxa. No obstante, se o seu aspecto físico lle unimos a súa peculiar vestimenta guerreira, e a forma dos seus barcos cos seus chamativos escudos dispostos en forma espectacular ó longo de babor e estribor e os espolóns, coas súas cabezas de dragón (drakkars) ou serpente (snekkars), é fácilmente imaxinable a impresión que causaban entre os poboadores das ribeiras do Ulla, acotumados a unha vida máis ou menos pacífica- que non é fácil- e ocupados nas labores propias dunha agricultura e pesca de subsistencia.

Esta era, a grandes rasgos, o carácter dos normandos. Pero agora, retomemos o fío da nosa historia.

 

Os pontificados de San pedro de Mezonzo e Vistruario.

Decíamos máis arriba que trala invasión do 968, sería outra a estratexia que tomarían os galegos. Aínda así as nosas costas, baixo o Obispado do que chegaría a ser San Pedro de Mezonzo, volverían a ser atacadas, e outra vez polo wiking Gunderedo, que se empezaba a convertir nun pesadelo para os gobernantes de Galicia. Sen embargo, o Conde Gonzalo Sánchez repelería en varias ocasións a agresión, dando morte a Gunderedo.

No 1014, sendo Obispo Vistruario, os normandos que non cesaban no seu empeño, aparecen outra vez na escena. Agora en Tui, subindo polo Miño. O seu xefe era o memorable Olaf ou Olau II. Apodado "O Gordo" e "O Santo", pois sería canonizado no 1164. Foron moitas as calamidades as que someteron as terras tudenses- "la santidad de San Olaf no estaba reñida con los primeros años de su vida" .

Ante tal situación, o propio rei Alfonso V viu a Galicia contendo o avance dos vikingos; segundo o Codex Historicus, o rei puido desembarcar na primitiva ciudadela das Torres de Oeste. Alfonso V convocou unha vez expulsado ó inimigo, un concilio dos obispos galegos, e tomaron entre outros acordos, a unión temporal da Sede Tudense á Compostelá, e como medida preventiva, donou a favor da Igrexa de Santiago a Illa chamada de Oneste (ou Oueste) coa cidade alí construída para a defensa do territorio de Santiago .

É esta, polo tanto, a primeira mención histórica que se fai das Torres de Oeste, que por estos tempos debía ser unha pequena fortificación, levantada sobre a primitiva construcción romana.

Con Alfonso V daríanse os primeiros pasos cara a grande fortaleza que chegaría a ser as Torres de Oeste en tempos de Xelmírez. Para abreviar a súa fábrica- contanos La Compostelana- o rei obrigou a tódolos labradores desde Iriacastela ata á costa do Atlántico a ir prestar servicio cando foran chamados. Como soían ameazar ruina os seus muros "pues aunque trabados en su interior con vigas de madera estaban formados de piedra menuda asentada en seco", regularizouse o servicio obrigando a aqueles campesiños a vir dúas veces ó ano para axudar nas obras de mantemento e restauración .


 

 


Cresconio, el Castellum Honestum e os normandos.

A Vistruario sucedeulle cresconio. Este tiña un espíritu máis batallador, aínda que non tan ousado como ó do malogrado Sisnando. Na Compostelana é recordado Cresconio por "la prudencia y denuedo de su milicia (con lo cula) exterminó a los normandos que habían invadido esta tierra". Vendo o Obispo o constante perigo ó que estaba sometida a súa diócese, tomou a determinación de reedificar o Castellum Honestium, "dando a sus muros más firme y sólida estructura y levantando altas torres desde las cuales se pudiese ofender más certeramente el enemigo" . Pero non só realizou esta importante obra senon que organizou unha numerosa milicia, combatendo unha e outra vez os sempre eternos inimigos do Norte.

Debeu de ser por esta data cando se dispuxo unh "gruesa cadena de trabes" que impidise o paso do río cara Iria. Alfredo Vicenti reconstrue así a derrota que os vikingos sufriron nas Torres de Oeste:

"Al llegar cerca de él- el Castillo Honesto- la flota de piratas chocó con las cadenas atravesadas de una a otra orilla. Saltaron a tierra según costumbre los invasores, pero antes de que pudieran internarse salióles al encuentro el ejército del Obispo a quién por medio de hogueras encendidas de montaña, se había anunciado el suceso desde el punto mismo en que la escuadra embocaba la sosegada Ría de Arosa.

Terrible fue la batalla. Los normandos cayeron uno a uno y sus gallardas naves, armadas de tajantes espolones y cubiertas de listas de hierro, fueron entradas a saco y convertidas luego en luminarias de triunfo".

Aínda que novelesca a descrición que vimos desta victoria de Cresconio ante os temibles vikingos, sí é ilustrativa da importancia que apartir de entón tomarían as Torres de Oeste como principal baluarte da Mitra Compostetlana dos seus dominios. E así recoñece na Compostelana, ó denomina-la "llave y sello de esta región".

Quizá debido tamén a esta vistoria, o Obispo mandou construir unha capela adicada a Santiago, "en mediode una de las torres"; capela que sería reedificada por Xelmírez.



 

 

As Torres de Oeste en tempos de Diego Peláez.

Cresconio, quen se distinguía pola defensa destos dominios, morreu nas Torres de Oeste. Era no ano 1066. Outro gran Prelado lle sucedería: Diego Peláez. Tamén este foi consciente da posición estratéxica que ocupaba o Castellum Honestum. Así, cara 1080 volveu a impoñer Peláez as ordenanzas relativas á restauración anual das Torres; ordenanzas que anteriormente foran abolidas por Cresconio, crendo éste que a súa construcción reunía as condicións suficientes para prescindir destes servicios. Pero as relacións deste controvertido obispo- iniciador das obras da Catedral Compostelana e anos máis tarde deposto polos seus devaneos cabarelescos- cas Torres de Oeste non se limitaron as restauracións anuais e reconstrucción dalgunha das súas partes. A trascendencia de Peláez nesta historia ven dada pola súa decisión de nomear a Gelmirio, poderoso cabaleiro da época, como merino da fortificación de Oeste "y el territorio adyacente a la redonda, Iria y sus confines, la Mahía y Postmarcos".

 

 


A gran era de Diego Xelmírez.

Xelmírez ante normandos e sarracenos.

Sendo entón Gelmirio das Torres de Oeste cabe supoñer que o seu fillo, o gran Diego Xelmírez, nacera aquí, non se sabe exactamente en que data. Pero sexa como fora, o certo é que ninguén como el chegou a comprender o poder disuasorio que esta fortaleza tería de cara os invasores. Non debemos olvidar que, pase os esforzos dos seus predecesores na Cátedra Compostelana, os normandos seguían vindo as nosas terras, saqueándoas e levándose ricos botíns. Non é de extrañar que en moitas igrexas do litoral galego se atopasen inscricións como esta:

"A furore Normandorum, libera nos Domine" .

Pero Xelmírez non só tivo que enfrentarse as tribus do Norte senon as de Oriente; os piratas sarracenos.

Egundo conta La Compostelana- non debemos olvidar que é o relato oficial dos feitos de Xelmírez- éste, vendo as pesadas cargas que debían soportar os que vivían das Torres de Oeste , entrevistouse co Rei para tratar este asunto. Alfonso VI, coñecendo o mal acondicionamento da fortaleza e o perigo que elo supoñería para as terras circundantes se os sarracenos se apoderasen del, aconsellou ó prelado que os destuise completamente.

A Don Diego- "toda vez que a su prudencia se caomodó mas la tendencia a edificar obras útiles, que el anhelo aniquilador de destruir" - non lle pareceu esta a solución máis idónea. Así, mandou que cada Obispado lle pagase un soldo de moeda real para levantar de novo o edificio, quedando automáticamente exentos daquelas obrigacións que viñan facendo dende os tempos de Cresconio. Pero, no ano 1108, a moeda "estaba menguada tanto en peso como en ley" e tivo o Obispo que recurrir o seu propio pecunio para dar a altura desexada as Torres , construindo ademáis muros e baluartes e levantando torres, de tal modo que os invasores, foran normandos ou sarracenos, "por cualquier parte y de cualquier modo que se acercasen al castillo, fuesen ciertamente aplastados con piedras y pasados con dardos lanzados de arriba, o muertos y aprisionados por los caballeros que allí estaban para garantía de la pública tranquilidad" .

Esta fortificación coincideu felizmente, co período de decadencia do poderío naval dos normandos; dende mediados do século XI eran raras as expedicións destes pobos- agora daneses- polo occidente europeo. No obstante, hai constancia de que nos anos 1112, 1152 e 1189, volveron a Galicia, sendo fácilmente rexeitados.

Os normandos fóronse. Tras eles, Galicia aprendeu a valorar o mar e as ventaxas e perigos que este podía ofrecerlles . O seu recordo non foi agradable pero si deu lugar a numerosas lendas, unha delas recollida por Blanco Areán , que vamos a comentar aquí.

Nas incursións que realizaban os vikingos polo río Ulla, distinguíase pola súa carencia de escrúpulos, un chamado Astrong. A estes hommes lles atraía, especialmente, as pezas de cerámica. Os habitantes de Catoira e arredores viron nelo a ocasión de vengarse. Encargaron a un coñecido ceramista unha preciso peza, decorada cunha nave e un normando empuñando o temón. "Puesta al alcance de Astrong, fue el vehículo de un letal bebedizo preparado por uno de los más famosos brujos del país". Dende aquel intre a peza adquiriu carácter máxico, sendo ofrendad ó Apóstol, e roubada anos máis trade por Almanzor.

Segundo Musset, os sarracenos caracterizábanse por realizar accións de piratería a pequena escala, buscando o botín máis ca sumisión dos infieis. A orixe destas incurcións polas costas europeas estaba, para o historiador citado, nas disputas tribiais que se producían nos seus respectivos países, o que lles levaba a aventuarse cara outros lugares .

Das correrías destas expedicións árabes, falanos La Compostelana: "tenían la costumbre de construir grandes naves, y viniendo embarcados en su flota gente con armada, desvastaban y despoblaban las costas marítimas desde Coimbra hasta los Pirineos" . Para as súas expedicións pola Ría de Arousa, quedábanse na Illa do mesmo nome e dende alí, en pequnos grupos, adentrábanse polo río Ulla, destruíndo "totalmente las iglesias, demoliendo ¡ da pena decirlo! Los altares, incendiando los palacios de los nobres y villas y tugurios, talaban los árboles y mataban el ganado... (y) a hombres y mujeres, a jóvenes y niños, o loshacían cautivos, o les daban muerte" .

Xelmíres, "político de resistencia", como o definiría Neira de Mosquera, ante esatas calamidades acordou, por unha banda, reforza-lo sistema defensivo na Ría de Arousa, e por outra, construir dúas naves coas que facer frente as invasións. É dicir, don Diego, con respecto os seus predecesores, cambiara de táctica; debeu chegar á famosa conclusión de que a mellor defensa é o ataque.

Como vimos, a Xelmírez se lle debeu a reconstrucción das Torres de Oeste. Tamén prestou especial importancia ás Fortalezas da Lanzada e á Torre de San Sadurniño, en Cambados, que eran os dous primeiros escollos cos que os sarracenos se atopaban no seu desexo de atacar a Ría de Arousa e intentar subir polo Río Ulla.

Pero, como xa dixemos, o Obispo pasárase ó ataque. Os galegos non tiñan o costume de construir grandes naves co cal, enviou emisarios a Pisa e Génova a fin de proveerse dos servicios dalgún constructor ; éste sería o famoso xenovés Augerio, quen realiza os barcos solicitados, nun astilleiro habilitado a tal efecto no río Ulla, preto de Padrón. Era o ano 1115. Con elas Xelmírez puxo as bases da primeira armada castelana, base, a súa vez, do futuro poderío naval español.

No inverno de 1120, ó mando do propio Augerio, parten dende Iria as dúas naves, acompañadas de outras de menor volume dos irienses, cara a Ría de Vigo, onde se atopaban varias naves muslimes. Deixando a un lado a magnificencia con que La Compostelana narra a vistoria, o certo é que a estratexia ideada por Xelmírez dera resultado.

Os piratas musulmanes, no obstante, déronse por vencidos e nese mesmo ano fixeron unha fortísima campaña pola Ría de Arousa. Despois de destruir unha de tantas veces a fortaleza da Lanzada dirixíronse cara as Torres de Oeste co obxeto de tomalas do mesmo modo que aquela"¡ tanta era la osadía de aquella muchedumbre!"- di La Compostelana-. É este un dos episodios que con máis vehemencia conta a citada crónica.

Cando Xelmírez se atopaba na Basílica Compostelana celebrando a festividade do seu Santo Patrón, chegoulle a nova de que os sarracenos se dirixían ó Castillo Honesto. Nun "velocísimo caballo" desprazouse rápidamente a Catoira, acompañado por tres cabaleiros, para dirixir a defensa persoalmente. Os sarracenos, xa de noite, acercáronse á fortaleza para comprobar as súas posibilidades de éxito. Percatándose do sólido da edificación e do numeroso exército que alí estaba concentrado, decidiron retirarse sen presentar batalla.

Eran anos de gloria para o noso obispo. Os éxitos da súa empresa de cara a repeler as agresións extranxeiras, aínda añadiu, nese mesmo ano de 1120: a concesión á igrexa de Santiago do carácter de Metropolitana de la Lusitania. Sería, entón, o primeiro Arzobispo de Compostela.

Este foi o motivo principal dunha nova política de construccións; para un Prelado do seu rango "convenía tener palacios apropiados y aún regios, como de un arzobispo, y legado de la Santa Iglesia Romana... por cuanto allí afluían reyes, cónsules y otros magnates..." .

As Torres de Oeste, sen lugar a dudas, a súa fortaleza predilecta, "donde el sacerdote alejaba los devaneos del caballero" tamén se beneficiou desta polñitica. E que se sepa, en dous momentos.

O primeiro cara o ano 1120- ano pródigo en acontecementos-. Convencido do carácter disuasorio que o Castellum Honestum supoñía para aqueles que tentaran acercarse a Compostela con ánimo belicioso, e aconsellado polos canónigos e príncipes de Galicia, "levantó en medio del castillo una torre firmísima y mucho más alta que las otras, es decir, hízola sobresalir sobre las demás, como cabeza y señora de todo fuerte... en cuya construcción hizo muchísimos gastos" . Quizás fose esta a denominada Torre de lugo, que tiña este título por que á levantaron os de aquela provincia por "perdonanças y deboçión". Con esta obra, a fortaleza tomou unha peculiar fisonomía ó posuir dúas torres do homenaxe: unha cara o mar (a que hoxe está unida á ermida) e outra cara terra, a Torre de Lugo.

Unha segunda fase nas obras da mellora do Castellum Honestum podemos situa-la poucos anos despois. Según o relato de La Compostelana, ademáis do xa constuido, "levantó magníficos palacios". Do mesmo xeito "mandó derribar la iglesia que él mismo había edificado... por ser modesta y pequeña, y porque tenían que pasar por encima de ella los que andaban por los muros del castillo. Luego edificó allí mismo otra iglesia mayor, excelsa y eminente" .

Despois destas ampliacións, as Torres de Oeste, no segundo cuarto de século XII, alcanzaron a súa maior cota de seguridade e comodidade.


 

 

 


Xelmírez, as Torres de Oeste e a política do seu tempo.

Como queda dito, o Castillo Honesto foi, e aínda sería, peza fundamental na defensa de Compostela. Pero sería tamén testigo de moitos acontecementos que tiveron relación directa ou indirecta cas Torres de Oeste.

Diego Xelmírez defendeu "a capa y espada", no senso literal do término, as Terras de Santiago. En reconocemento, os Reis de Castela e León concederon á Igrexa de Santiago o "coto", ou xurisdicción inmune, dosterritorios comprendidos entre os Ríos Ulla e Tambre así como o dereito de portazgo no primeiro deles, entre outros privilexiados. A "gruessa" cadea de ferro das Torres de oeste "que cla embocadura del río Ulla en la Ría de Arosa, señalaba un feudo civil reconocido por el comercio marítimo" .

Xelmírez, ademáis de magnífico prelado, distingiuse por ser un bo político, sobre todo durante os conflictos acaecidos con relación os problemas sucesorios que orixinaron a morte de Alfonso VI. A nobreza galega dividiu o seu apoio entre Dona Urraca e o seu fillo Alfonso Raymundez. Ante tal situación, Don Diego, adoptou unha postura de xuíz- árbitro entre ambas faccións; eso sí, procurando sempre salvagardar os seus intereses e os da Igrexa. A multitude de pactos entre Dona Urraca e Xelmírez dannos unha idea do gran poder que chegou a alcanzar. Pero a súa posición, un tanto ambigua, (apoiaba a Alfonso e o mesmo tempo era nomeado gobernador de Galicia por Dona Urraca) fixo que esta última terminase facéndoo preso no ano 1121. O mesmo tempo, tomou a Raíña as fortalezas de Oeste e a Lanzada, sabedora do que ambas representaban para a Mitra Compostelana.

A súa intención non era outra que controla-lo señorío de Santiago, pero a actitude contraria de prelados e nobres galegos, fixeron desistir a Dona urraca de tal propósito e en decembro de 1121, selaron un acordo de amistade o Obispo e a Raíña, e nunha das claúsulas pódese ler:

"... y os daré a vos, sobredicho obispo Don Diego, vuestros castillos de Oeste y Santa María de la Lanzada... y cuanto en este pacto me perdonareis, quede perdonado".

Fora xa do relatado en torno á ocupación das Torres de Oeste por Dona Urraca, son poucos os datos mencionados nesta época de Xelmírez. A última vez que se menciona na Compostelana é en 1134, cando Xelmírez recibe unha carta do Papa, estando nas Torres de Oeste cun gran exército de cabaleiros e un número infinito de peóns dispostos a resistir o furor dos sarracenos.

 

 

 

 


As Torres de Oeste despois de Xelmírez: a Rebelión Irmandiña de 1467.

Se escasos son os datos das Torres de Oeste na época de Xelmírez, o vacío documental posterior é aínda maior. Son moi vagas as novas das estancias nesta fortaleza de Alfonso X o Sabio, no ano 1280, e do polémico obispo D. Rodrigo de Luna a mediados do século XV, hído éste da acusación dun asesinato.

Xelmírez morreu entre 1139 e 1140. Poucos anos despois, os sarracenos deixaban de merodear polas nosas costas, ou polo menos, disminuira a intensidade das súas accións. As Torres de Oeste perdían, polo tanto, o seu valor estratéxico. Xogaría agora outro papel: servir de fortaleza para uns e outros durante as loitas intensivas entre a nobreza e as hermandades, ó longo do séculos XIII, XIV e boa parte do XV.

O deterioro progresivo do poder dos reis de Castela deu paso a unha atomización de poderes en Galicia. Ó amparo dos grandes señores atopábanse pequenos nobres, cada un dos cales tiña as súas propias ambicións de poder e riqueza. Quenes pagaban as consecuencias eran os campesiños, que soportaban unha presión fiscal cada vez maior. Ós abusos daqueles, respondías éstes cas Hermandades, case sempre con permiso e apoio da Coroa.

A situación tornouse insostible no ano 1467, cando se produce a denominada Rebelión dos Irmandiños. Sobre as causas e consecuencias non nos vamos a extender; o certo é que a reacción social tivo a súa manifestación na marcha sobre os castelos, fortalezas e torres dos señores e prelados co fin de destruilos, o que así fixeron; entre elas, as Torres de Oeste.

Con posterioridade, no 1527, o entón obispo de Compostela, Don Juan Tabera promoveu un pleito contra o seu antecesor Alfonso Fonseca III por non haber reconstruido as fortalezas que, pertencendo á Mitra Compostelana, destruíranse 60 anos antes.

Precisamente, a través deste pleito, das declaracións de máis de 200 testigos e ó longo de 1612 folios, púdose reconstrir como estaban as Torres de oeste en 1467. Esto é o que vermos agora.

 

 

 

 

 


Estado da fortaleza no século XV.

En primeiro lugar, analizaremos a orixe e importancia que as testemuñas creen que teñen as Torres de Oeste; en segundo lugar, reconstruiremos, na medida do posible, o estado da fortaleza en 1467; e por último, o por qué da súa non restauración por parte do demandado Alfonso Fonseca.

A/ orixe e importancia. A importancia das Torres de Oeste estaba clara: a defensa de Compostela. Nun dos párrafos da pregunta nº 17 por parte de Tabera, dise "y que si saben que la dicha casa d'Oeste era muy importante a la iglesia y arçobispados de Santiago y a todo el reyno ansi por resistir a las galeras e nabios extranxeros cuando acaesçian benir de armada tienpos rotos y de guerra" . En canto á orixe hai dúas declaracións moi interesantes que vale a pena recoller: unha dun escudeiro, Lope del Villar, fillo dun dos últimos merinos da fortaleza, para quen " fueran fechos por misterio". E outra, aínda máis curiosa, dun labrador de San Pedro de Cea quen declara que "se fixeron por causa de los yngreses que entraron en dicha ría de Arosa e que heran llebantados los dichos castillos cuando los dichos yngreses rompieron una cadena que estaba atrabesada de los dichos castillos a la mar de la otra parte e pasaran e llegaran a Padrón e la tomaran " .

B/ Reconstrucción. Se interesante é a explicación que este labrador nos ofrece da orixe das Torres de oeste, aínda o son máis os que remiten á disposicións das mesmas. O recinto completo da fortaleza formábano un total de sete torres, "altas y buenas"- ó decir dun testigo-, dúas delas do Homenaxe, "la una se dezia de Lugo azia la parte de tierra... con su puente llebadiça e puerta e conpuerta y otra...azia la parte de la mar en medio de la fortaleza en las cuales dichas dos torres habia en cada una su guarda e alcalde" . Todas elas estaban constituidas por grandes bloques de pedra e argamasa, "con su sobrado... y telladas y almenadas y enguirnaldadas". Uníanse por "çercas y barbaracas y açintos, cubos y baluartes, todo de argamasa y almenado por ençima".

O conxunto contemplábase ó exterior, cun profundo foso que rodeaba a fortaleza aproveitando as crecidas do río; e unha cadea que atravesabase dun lado a outro daquel, como xa vimos. Ó interior, cunha capela adicada a santiago e diversos "edifiçios de serviçio y aposiento"; sobre estos aposentos di o clérigo Gómez Goyanes, "que no le hes acordado que tales eran, e que heran de poca manera a su pareçer".

Un dos puntos nos que se soen incidir con frecuencia as testemuñas é na denominada Torre de Lugo. Son varios os que declaran que tal nome débese a que foron as xentes daquela provincia quenes a leventaron " e que cada uno de ellos traia una piedra e que de ali se hiciera porque no son fechos sino de piedra menuda de argamasa rezia sino las hesquinas que eran de piedra de grano" . A construcción desta torre pudo ter relación co costume daqueles que peregrinaban a Santiago, tamén o facían as Torres de Oeste, según a declaración de varias testemuñas. Como sinala Couselo Bouzas, esto uniría Santiago con Padrón e Oeste, podendo perderse algunha tradición respecto a esto .

C/ A súa destrucción. O Castellum Honestum, unha vez perdiod o seu carácter estratéxico e defensivo, converteuse nun pequeño feudo no que os seus alcaldes cometían toda clase de atropeios cos moradores do lugar, con tal de que estos satisfaceran as súas necesidades. Alfonso de Barreiro, labrador de Padrón, declara que "vio que de las dichas fortalezas que en ellas estaban furtaban y robaban y hazian otros males a la gente de la tierra de santiago" .

Outra testemuña recorda como o merino da Torre de Lugo dera morte o seu colega da outra torre de Homenaxe. Outro di "que el castillo lo tuvo un tal Galaor de Osorio quien lod urtara al arçobispo (y) espechara a los vezinos de tierra de Cordeiro por dineros y herraba al arçobispo cuanto podia y hacia cuanto mal podia al arçobispo e sus basallos" . Sen embargo; quizá sexa aínda máis significativa a declaración de Pedro Gallinans, de Padrón; esta testemuña di que sabía que había xente nas Torres de Oeste porque unha vez pasando de noite nunha barca con interés de ir a Padrón a mercar sal, preguntáronlle dende a fortaleza se levaba peixe, "el testio e su padre dixeron que no... e que de los dichos castillos tiraran con una ballesta e el dicho testigo oiera yr rogiendo el tiro por encima del barco" .

Ante tal panorama, quizás algunha vez esaxerado polas testemuñas, as saídas a esta situación eran escasas. Unha cousa si que estaba clara: "No hay justicia ni a quien reclamarla. Por eso se levantaron las gentes, con permiso real, según unos, sin el permiso real, según otros. Había llegado el momento en que los gorriones habían de correr tras los falcones" .

Así pois, sempre según as testemuñas,foron os da Terra do Salnés e de Padrón os que "con mucho ynpetu y fuerça de armas e ayuntamiento de gentes" os que se encargaron do derrocamento da nosa fortaleza. Ó mando desta irmandade estaba, según oiu decir unha testemuña, un labrador de Rivadulla, Bartola da Freiria, quen "hacia lo que queria que ninguno se lo estorbaba e que andaba con una bara en la mano aziendo la dicha hermandad". Para o seu derrocamento asesoráronse por canteiros da vila de Padrón: tras abri-las brechas nos muros, introducíanse nelas " puntales y estribos de madera a los que luego, por medio de materias fácilmente combustibles se les prendía fuego" , desmoronándose as paredes.

Esto, dnde logo, non debeu de producirse sen unha sangrente loita. Unha testemuña presencial no momento do derrocamento declara" questando, apartado un buen trecho biniera una saeta de los castillos e le çertara en un ojo e se lo quebrara".

Para finalizar este apartado adicado a destrucción das Torres de Oeste, hai que menciona-la posibilidade de que, polo menos no caso da Torre de Lugo, puideron darse dous momentos destructivos; posibilidade da que xa se dera conta Salustiano Portela Pazos en 1946 . Esta idea pódese extraer tanto das respostas das testemuñas como das preguntas dos representantes de Fonseca.

Son tres as testemuñas que aseguran que antes de 1467 a Torre de Lugo estaba xa derrocada: un, veciño de Cortegada, outro de Catoira e outro, Lope del Villar, do cal xa falamos. Os tres están dacordo en que a Torre de Lugo estaba "derrocada días abia", o que debía ser certo dada a proximidade das súas vivendas ás Torres.

En canto as preguntas dos defensores de Fonseca, temos que decir que na segunda delas requírese as testemuñas que digan "si saven que pueda aber ochenta años o mas tiempo... se llevantaron en el dicho Reyno de Galicia, en especial en la Villa de Pontevedra, Ría de Aroça e sus tierras y comarcas los pueblos y gente común a manera y voz de hermandad...". se temos en conta que o pleito celébrase en 1527 significaría que a rebelión produciríase en 1447 ou antes. Sen embargo, a Rebelión irmandiña propiamente dita, prodúxose en 1467, á cal parece referirse explícitamente a terceira das preguntas por parte de Fonseca: "Iten si saben que algunos días y años despues de lo contenido en la pregunta antes dicha se tornaron a llebantar e llebantaron los pueblos e gente común del reyno... u con boz e premision real...". en consecuencia, ben puideran haberse destruido as Torres de Oeste en dous tempos: unha hacia 1446- 47, ano en que se creou a Hermandad de Arousa; e outro en 1467- 69 coincidindo co movemento irmandiño galego. Quizás a aparición de novas fontes podan aclarar esta cuestión.

D/ O seu abandono. Estivese ou non derrocada a Torre de Lugo en 1467, o cert é que despois dela pouco foi o que quedou en pé a excepción das ruinas que hoxe se poden contemplar. Despois dos Irmandiños, e unha vez imposta a orde polos Reis Católicos, tanto a nobreza como a Mitra Compostelana dispuxéronse a reparar as súas fortalezas. A nobreza, na maioría dos casos, obrigou os moradores dos seus dominios a súa restauración. A Igrexa volveu a levantar algunhas pero... ¿por qué non as Torres de Oeste?.

Tanto defensores como acusados como as testemuñas están dacordo en tres razóns polas cales non se levou a cabo a súa restauración. A primeira, o excesivo coste que elo acarrearía, calculado pola acusación en "diez quentos de maravedis", ademáis das " pagas de retenençias de alcaides para guarda dellos".

Unha segunda razón, a pérdida do seu carácter defensivo: a época das invasións xa pasara. Fonseca preferiu non refacer as fortalezas de Oeste e a Rocha Forte e construir, en cambio, o Castelo de Montesacro, "entre as pontes de Ulla y de Ledesma y Sarandon y Bea, por donde pasan y bienen a la çiudad de Santiago y a otras muchas villas y lugares". Eran novos tempos. O gravoso "portazgo" que se cobraba nas Torres de Oeste lle sucederon as "matrículas de mar" e estas se abandoaron en Padrón. O Castellum Honestum de Xelmírez perdera a súa funcionalidade.

E una terceira razón: a Igrexa non podía esixir as xentes do lugar a súa restauración porqu, en palabras da defensa de Fonseca, "heran tan pobres y miserables y de tan poco abono, sustançia y calidad que ni en general ni en particular no fueran bastantes ni bastante para pagar... el daño y derrocamiento". Sen duda, Fonseca comprendeu a inquietude popular; neste senso, un das testemuñas, Lope de Outeiro, labrador de Cordeiro, e, polo tanto, unha das partes implicadas, advertía que si se lle esixira a súa restauración non cren que o fixeran "antes se dueran de la tierra y se dieran al diablo", o que nos ilustra, unha vez máis, sobre as condicións de vida da maioría da poboación.

 

Índice Xeral

© E.L.