Novas Internacionais    
   

PROGRAMA CULTURAL (Primavera)

   
    Antroido
· Desfile de Comparsas
· Concurso de Comparsas
· Festa de Disfraces
· Mexilonada Popular

Primaveira cultural
· Sesións de Contacontos
· Teatro Infantil
· Encontros entre lectores e escritores
· Exposicións
· Concerto do Día das Letras Galegas
· Certame Literario
 
   
   

PREMIO DE TEATRO
(datos extaídos da web do Concello www.catoira.es)

   
   

O Concello de Catoira e a Universidade de Santiago de Compostela, dentro do seu programa de actividades de promoción e sensibilización das culturas vikinga e galega e ó mesmo tempo co desexo de contribuír á creación teatral, convocan o premio de teatro-espectáculo bianual ROMERÍA VIKlNGA, coas seguintes bases:

1. As obras terán que ser inéditas e estar escritas en ga1ego. O autor/a deberá ter en conta que se trata dunha representación popular na que participarán actores e actrices afeccionados, e en gran número; e que a presentación comezará ó atardecer, e ó aire libre.
2. A organización e composición do xurado corresponderalle á USC e ó Concello de Catoira, e formarán parte do mesmo a concelleira de Cultura do Concello de Catoira, tres persoeiros destacados do mundo do teatro e un representante da USC.
3. O tema deberá gardar relación con calquera dos moitos aspectos das incursións vikingas e a defensa das mesmas, lendas, costumes, personaxes e símbolos, valores e sensibilidades propios do tema en Galicia. Sen saírse destes parámetros valorarase a creatividade e a orixinalidade.
4. A obra terá como escenario de representación o recinto histórico de Torres de Oeste, co cal poden formar parte da escenificación os elementos que o compoñen.
5. A representación da obra terá lugar na semana anterior ó día da Romería Vikinga (6 de agosto do 2006).
6. A dirección da obra correrá a cargo do/a autor/a da mesma. Aínda que cabe a posibilidade de que delegue esa función noutra persoa. Neste caso proporá ós promotores o nomeamento do director ou directora e será o Concello quen ratifique ou non a esa persoa.
7. A dirección será responsable dos decorados e atrezzo, facéndose cargo o Concello de todo o referente a montaxe, materiais e vestiario.
8. Os actores e actrices serán afeccionados, que naceran ou residan en Catoira
9. A presentación ó concurso esixe dous sobres adxuntos e pechados que conterán a seguinte documentación:
• Sobre A, incluirá os orixinais, mecanografados e por quintuplicado sen asinar, co título da obra e seudónirno do/a autor/a que permita a súa posterior identificación, así como un precaderno de dirección no que se describa a posta en escena do espectáculo.
• Sobre B, incluirá o nome, teléfono e enderezo do autor/a, xunto cunha fotocopia do seu D.N.I.. Por fóra, deberá i-lo título da obra e o seudónimo do/a autor/a. Ademais os/as residentes do Concello escribirán “Catoira” no exterior do sobre.
Ámbolos dous deberán ir pechados.
10. Prazo: os traballos deberán estar antes do día 31 de xaneiro de 2006 no seguinte enderezo:
Concello de Catoira
Rúa do Concello, 6
Catoira-Pontevedra
Nese mesmo enderezo poderase recibir toda clase de información a través do teléfono 986546014.
11. Premio: establécese un único premio de 4.808 euros. Este premio conleva a obriga de dirixir: ensaios, ambientación escenográfica, atrezzo, e os seis días de escenificación nas Torres de Oeste. Se o/a autor/a propón a outra persoa para a dirección, será baixo a súa responsabilidade artística e económica.
12. Ademais da calidade das obras, valorarase a viabilidade da súa posta en escena así como a innovación no libreto e que os autores non representaran obras en anos anteriores, co obxecto de dar paso a novas ideas e valores.
13. A resolución do xurado farase pública no mes de febreiro do 2006 e seralles comunicada ós galardoados/as e difundida a través dos principais medios de comunicación. O primeiro 50do premio realizarase na data e no lugar que oportunamente se indicarán, e o 50restante ó término da escenificación da obra.
14. O autor/a da obra premiada cede en exclusiva ó Concello os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación da obra, en todo o territorio da Unión Europea, para a súa explotación e execución teatral, edición e produción.
15. A determinación da publicidade corresponde ó Concello e á USC.
16. O autor/a non percibirá ingresos de despacho de billetes.
17. Dado que a convocatoria do premio é bianual, unha das obras será elixida para a representación do ano seguinte ó da convocatoria tendo en conta que o autor/a non representara en anos anteriores. Neste caso terán preferencia os residentes en Catoira para darlle así oportunidade ás persoas de Catoira.
18. O xurado pode declarar deserto o premio se non reúne as condicións artísticas e de ca1idade.
19. A participación no presente concurso implica a aceptación das súas bases. Sen contradición con estas, para calquera detalle non especificado nelas, a organización resolverá no seu momento.

   
   

voltar