A SEÑORA
DONA SOLLA SOLLEIRA CARNAVALEIRA
Finou no seu día e co seu tempo debido
D.E.P
Os seus seres mais achegados, (Asociación
San Antonio de Pádua-Catoira).
Rogan unha oración pola súa espiña e a vosa
Asistencia e Acompañamento ó enterro que terá
lugar o vindeiro Sábado,12 de Febreiro, con saída
dende o lugar de Aragunde ás 5:30 da tarde,
pasando por varios lugares da Parroquia ata chegar
ó seu lugar de descanso no Campo da Festa.
Casa Mortuoria: CATOIRA.
Catoira, 12 de febreiro do 2005.
NOTA: Sairán autobuses de San Fernando, “Un ratiño a pé e outro andando”, para o que queira asistir ó percorrido da nosa “Solla Solleira”ata o seu lugar de incineración no Campo da Festa.
1º: Pasándo por Catoira de Arriba, Trasdaveiga, Gaveiras, Outei
riño e Barral.
2º: Corredoira, As Lombas, Estación, Avenida e Campo da Festa.
********************
Ó rematar a incineración teremos un pouco viño é unhas orellas, pa axudar-
nos a levar mellor as penas.
Copyright Ana Isabel Pérez Teijeiro