|
||||
Portada do folleto editado en 1959 con motivo do - L - aniversario da fundación da sociedade |
||||
|
||||
Pulsa aquí se queres ver parte do contido de dito folleto |
||||
|
Dende o ano de 1908 no que un grupo de catoireses, rescatan do esquecemento unhas festas que na honrra do santo viñan celebrándose de antiguo e, fundan a Sociedade encargada de promocionar e organizar estas Festas e outros eventos culturales; cabenos o honor -ós actuales socios, colaboradores e veciños de Catoira- de continuar a labor emprendida polos nosos devanceiros mellorando, se cabe, o seu exemplar desenrolo. |
|
|||
|
|
Vaia dende estas páxinas o noso agradecemento a todos eles, en especial a José Rey Moure quen exerceu a Presidencia da Sociedade durante 40 años e aínda hoxe asesora, dende a sua experiencia e bó consello, ós actuales rexidores da mesma. Compre sinalar que estas festas -xunto cas de Dimo e Oeste-, son das poucas que quedan en Galicia en cuias sesións matinaies, só actúan bandas de Música ou de Gaitas, quedando os grupos musicais, orquestras y conxuntos, encargados de amenizar as verbenas pola noite. Esta norma, vense respectando dende 1959, data na que actúa por primeira vez -e en sesión nocturna- unha orquestra (Orquestra Melodías, de Cambados). Asimesmo son célebres os concertos o aire libre interpretados polas devanditas Bandas de Música, escoitadas en un respetuoso silencio polos centos de catoireses e foráneos que se achegan a velas. |
|||
|
O anteriormente comentado, pon de manifesto a grande afección que existe no concello á música; isto levou a que no ano 1988, por iniciativa de Valentín Rey Moure e de Carlos Seráns se creara a Escola de Música, co apoio do Concello e dun grupo de pais, recollendo a herdanza musical das vellas e actuales formacións, (Bandas de música, grupos de gaitas, corales etc...) que contribuiron e contribuen a manter viva esta afección. |
|
|||
|
![]()
|
|||
| <Índice festas> <Festas(2001)> <Programa de Festas(2002)> <Festa da Solla> | ||||
| catoira@catoira.net | ||||
© E.L. |