|
||||
|
||||
![]() |
Esta fotografía, corresponde ó ano1.962, nela aparecen os pioneiros da actual ROMARIA VIKINGA; de esquerda a dereita.: José Rey Moure; Faustino Rey Romero; Plácido Castro; Segundo Rodríguez Sánchez; Pedro "O Montañés"(o primeiro vikingo da época); Rodríguez Buján e José Piñeiro Ares.- Non figura Baldomero Isorna Casal que tamén foi un dos fundadores. |
|||
![]() |
![]() |
|||
|
|
||||
ALGO ACERCA DA ROMERÍA VIKINGA (Catoira, novembre de 1987. Por Juan López Castro.)
A mansedumbre dos romeiros explicouse por Carlos Baliñas Fernández, pregoneiro da XXV edición, exculpando os "bárbaros do norte" e xustificando as súas travesías e trasnadas polas augas do río Ulla polo afán de chegar a degustar os mexillóns da ría arousana, as "sollas" de Catoira, as lampreas de Cesures, os pimentos de Padrón e os grelos de Compostela, aburridos de comer carne de reno nos invernos do Báltico. Estas excursións veraniegas fixéronse frecuentes e as autoridades da época, tal preocupados polo exceso de apetito dos loiros vikingos, será o que levou o Bispo Cresconio, según o citado pregoeiro, "a hacerles la faena de mandar construir las Torres y ponerles unacadena en el río para cortarles el paso"" e continúa Carlos Baliña: "Cuentan las historias muchas cosas terribles de los vikingos, pero yo no sé si somos justos con ellos. Muchas fueron las invasiones que sufrió nuestra tierra a lo largo de los tiempos y tal vez no fueron los peores los vikingos que pronto se marcharon". Segue pedindo comprensión para a situación deste homes: "Llenos de frío polar, aburridos de comer carne de reno, hartos de catarro en sus países del Báltico, cuándo llegaba la primavera les debía entrar un empeño de navegar mundo, entonces se metían en sus barcos y bajaban por el mapa de Europa internándose por los ríos como el Martín pescador". Esta festa recorda agora, con
ledicia e xolgorio, os medos pasados en outros tempos,
alá polo século IX, cando os vikingos de verdade
subían río arriba ata que o bispo de Santiago
paroulle-las piraguas. Esta sería, tal vez, a orixe,
aparte das Torres de Oeste, das de Xunqueira de Boiro, as
de San Saturniño en Cambados e as da Lanzada. O nacemento da Romería Vikinga débese a un grupo de intelectuais e veciños de Catoira agrupados no "Ateneo del Ullán", entre os que se atopaba Faustino Romero, Baldomero Isorna Casal, Segundo Rodríguez e outros que se lles unirían posteriormente, como Baldomero García, Piñeiro Ares, Máximo Sar, Pesqueira e outros amantes da tradición que puxeron os pilares desta festa con carácter case local e poucas aspiracións, aínda que cos anos foi adquirindo cada vez máis popularidade. Celebrouse por primeira no ano 1961, iniciándose os actos cunha misa nas Torres, na súa capela medieval, en sufraxio do Arzobispo Xelmírez e demáis defensores da fortaleza. A continuación tiña lugar un acto literario evocando a acción dos invasores, a defensa polos habitantes da rexión e a súa trascendencia histórica. Acto seguido celebrábase unha pequena festa acompañada de gaiteiros da localidade. O "Ateneo del Ullán"
patrocinou a Romería Vikinga nas súas catro primeiras
edicións, e cando este desapareceu, recolleron a
antorcha os productores da cerámica
"Cedonosa", ubicada en Catoira, que nomearon
unha comisión executiva que obtivo unha xenerosa
colaboración do director da empresa, xa morto, Don
Manuel Domínguez López. Eses apoio da empresa non
faltou desde entón, senon que se acrecentou, e
concrétase na cesión desinteresada de materiais,
elementos de transporte e persoal para a montaxe do Barco
Vikingo e das instalacións necesarias, todo isto
incrementado últimamente cunha importante subvención
económica. Os fondos para cubri-los gastos derivados da organización da Romería obtéñense mediante unha cuota mensual de tódolos productores de Cedonosa, aportacións do proovedores da mesma, comercio e industria locales e a colaboración, cada vez máis importante, do Concello de Catoira, así como a xa reseñada da empresa, e algo da Deputación e Xunta de Galicia. A popularidade destas festas
débese en gran medida á incorporación ós actos da
mesma do "Barco Vikingo" na VIII Romería
Vikinga, no ano 1968, areneiro convertido en
"Drakkarr", que salvando as dificultades da
marea, case sempre baixa, con medio centear de aguerridos
vikingos e walquirias a bordo, remonta As Torres de
Oeste, coas súas velas desplegadas, bordea a Illa do
Rapto e diríxese ó asalto das Torres. Esto sucede cada
ano, sempre no primeiro domingo de agosto, sobre o
mediodía, no medio de miles de familias que se apiñan
ó pé da Torres para contemplar o pintoresco desembarco
de homes e mulleres. Antes, e xa dende as primeiras horas
da mañá, deíxase sentir o ambiente festivo. O
chamamento á festa vikinga faise por medio de varios
grupos de gaiteiros de ambas marxes do río que recorren
a Vila de Catoira invitando ó público a concentrarse
nas inmediacións da Torres de Oeste, onde se reparten
gratis, gran cantidade de mexillóns e viño tinto. Antes do desembarco ten lugar a lectura do pregón literario por relevantes persoalidades das Letras Galegas, tales como: Ramón Otero Pedrayo, Castroviejo, Modesto Rodríguez Figueiredo, Isla Couto, V. Paz Andrade, Ogando Vázquez, P. Isorna, irmáns Bouza Brey, Mª do Carme Enríquez Salido, Carlos García Bayón, Xosé Fariña Jamardo, Manuel Lombao,... Rematado o desembarco e despois de que os vikingos finalicen as súas correrías por todo o recinto segue a romería campestre amenizada por numerosos grupos folklóricos, entre numerosos postos de sardiñas asadas con pan de millo, polbo, empanadas de raxo, tortillas, etc. Sobre as oito da tarde remata a romería e pouco máis tarde comenza a verbena na praza do axuntamento, coa participación de tres orquestras, como de costume. Esta festa é das máis multitudinarias de Galicia e ven merecendo a atención dos principais medios de comunicación rexional e nacional". Esto é o
que era a Romería Vikinga ata o ano 1987, dende ese ano,
houbo algunha que outra novidade, como foi a
construcción dun drakar auténtico copiado dos nosos
irmáns de Frederiksund. Tamén eso tivo lugar, o
"hermanamiento" cos nosos compañeiros daneses,
xa que eles no seu país teñen un costume parecido. Dende fai uns anos non hai grupos Folk e os xóvenes estamos indignados, por que sabemos que é culpa dos maiores. Outra actividade que se ben realizando dende fai catro anos é a representación dunha obra teatral ó aire libre. Esta representación ten como tema algunha invasión, algún guerreiro, en fin algo relacionado ca invasión das Torres. Esta, por suposto é elexida por medio dun sorteo entre os candidatos que presentan as súas obras. (Angeles Sendón)
|
||||
Fotografía
tomada da páxina 72 da revista "MUY INTERESANTE" correspondente o mes de
Novembro de 2004 (nº 282) |
||||
| Índice festas | ||||
|
||||
©E.L. |
||||