|

|
|
| |
Época Romana
( 19 a. C. ó V d. C)
|
|
| |
|
|
| |
INTRODUCCIÓN
|
|
| |
LUCERNA
|
|
| |
CERÁMICA ARETINA
|
|
| |
CERÁMICA SIGILLATA
HISPÁNICA
|
|
| |
ARA ROMANA
|
|
| |
ÁNFORAS ROMANAS
|
|
| |
ARA ÓS LARES VIALES
|
|
| |
ARA A BANDUA
|
|
| |
ESTELA FUNERARIA
|
|
| |
VÍAS ROMANAS
|
|
| |
|
|
| |
O illamento de Galicia é un
dos argumentos que se emprega para explicar as
características da romanización deste territorio. Sen
embargo esta zona vese influenciada polas vías de
comunicación marítima durante o Bronce, o que motivou
unha aculturación, madiante a que foron actuando en
maior ou menor grado certas influencias romanizadoras na
cultura castreña, aínda que esta seguiu a manter os
seus costumes tradicionais.
Os elementos prerromanos tiveron
unha acomodación forte, poloque se deduce, que o
territorio estivo bastante romanizado, aínda que esta
fose lenta e tardía, chegando a constatarse un período
de intensa romanización en torno ó século III d. C.
Pero a incorparoración
de Galicia ó imperio romano iníciase coa expedición de
castigo contra Lusitanos e Galaicos, levada a cabo por
Xulio César no ano 61 a. C. A súa campaña bélica
recorre o territorio ata Finisterre.
A conquista real de
Galicia ten lugar entre os anos 29 o 19 a. C. por
Augusto. A través de esta conquista pretendíase
libera-los pobos da Meseta das incursións de galaicos e
cántabros e, o mesmo tempo, consegui-lo control dos
ricos xacementos mineiros do NO.
Desta etapa, algúns
hietoriadores antigos (Pomponio Melo), atribuen a
formación dunha torres, que, según Mela "Sars
iusta turrin Augusti titule memorabilem", anque
Plinio as coloca nas cercanías do Tambre. Na actualidade
séguese aceptando o emprazamento das Turris Augusti nas
Torres de Oeste, e do que non cabe dúbida é da
existencia dun asentamento de carácter romano neste
lugar.
O abundante material
recuperado nas campañas de excavación é suficiente
para xustificar a presencia romanizadora. Dito
asentamento queda ademáis constatado pola proximidade
dun importante nó de comunicacións, como o de Iria
Flavia e a navegación polo Ulla.
Non podemos precisar
hacia que tipo de asentamento evolucionou durante a
época romana (villa, enclave portuario, poblado
costeiro,...) pero a súa continuidade está avalada pola
presencia das aras votivas e de cerámica romana común e
sigillata hispánica, africana, paleocristiana, ata
principios do século V d. C.
A estas conclusións xa
chegara Balil Illana nas excavacións realizadas nos anos
70:
1º. Que toda esta área
das Torres documéntase unha ocupación romana mediante o
descubremento de cerámica, aínda que unha parte do
material se atope bastante rodado.
2º. A aparición da
cerámica estampada africana indica unha ocupación
tardo- romana que parece a continuación da ocupación
tardo- republicana e alto imperial.
3º. Non existe polo
momento ningunha proba da continuidade entre o
asentamento romano tardío e alto medieval.
Estas conclusións,
demostran, polo tanto, un asentamento romano prolongado
non só na época de Augusto senon ata o século V d. C.

|
|
| |
LUCERNA
Localización: Torres
de Oeste.
Depósito: Museo
de Pontevedra.
Adscrición cultural:
Época Romana.
Adscrición
tipolóxica: utensilio para iluminar.
Descrición:
elemento de iluminación que, debido o seu uso frecuente,
ofrece unha producción moi abundante que, a partir de
mediados do século I d. C. fábricase prácticamente en
tódolos puntos do Imperio.
As lucernas fabricáronse
con moldes bivalvos, aplicándose logo as asas. Posuen un
depósito para o aceite en forma de roda que deixa na
súa parte superior un disco utilizado para a decoración
de molde e limitado por unha moldura. Nun extremo surxe a
"piquera", pico da lucerna aberto nun extremo,
onde se coloca a mecha, no extremo contrario lateral
colocábase o asa.

|
|
| |
CERÁMICA
ARETINA
Localización: Torres
de Oeste.
Depósito: Museo
de Pontevedra.
Adscrición cultural:
Época Romana, a partir do século I d. C.
Adscrición
tipolóxica: utensilio doméstico.
Descrición:
productos itálicos, singularmente aretinos. Aparecen nas
Torres de Oeste e son materiais de importación de
Arrezo.
É de barniz roxo,
comenza a fabricarse entre os anos 30- 40 a.C. Fanse
utensilios lisos coma pratos, fontes, que se decoran.

|
|
| |
CERÁMICA
SIGILLATA HISPÁNICA
Localización: Torres
de Oeste.
Depósito: Museo
de Pontevedra.
Adscrición cultural:
Época Romana, século I d. C.
Adscrición tipolóxica:
utensilios domésticos.
Descrición: o seu
estudo non está totalmente definido, debido á
decadencia na decoración e á falta de selos nas pezas,
polo que é difícil establecer un estudo cronolóxico.

|
|
| |
ARA
ROMANA
Localización: Torres
de Oeste.
Depósito: Museo
de Pontevedra.
Adscrición cultural:
Época Romana, século I- Iv d.C.
Adscrición
tipolóxica: ara votiva.
Descrición:
pilastra sobre a que se colocan ou sacrifican as afrendas
feitas a un Deus.
Fragmento superior de ara
votiva de granito, con cornisa, focus resaltado e rodeado
por un semicírculo aberto cara o lado anterior. A
cornisa con molduras nos catro lados.
Só se conserva parte das
primeiras liñas do texto. Atopada en catoira e
reutilizada como material de construcción.
Dimensións: 40 por 49-
46 cm.
5 por 25- 22 cm.
Letras: 5,5 -6 cm.
Inscripción: (P) ietati.
S (---) - C. S e u- (---) - V -----

|
|
| |
ÁNFORAS
ROMANAS

Localización: Río
Ulla, Torres de Oeste.
Depósito: Museo
Arqueolóxico e Histórico da Coruña.
Adscrición cultural:
Época Romana, séculos I a. C ó I d. C.
Adscrición
tipolóxica: recipiente para almacenaxe e transporte.
Descrición:
producción cerámica típica romana, recipiente usado
para o traslado de materias primas. A súa forma é
cilíndrica, alongada, acabada en punta, con pescozo
longo e estreito e dúas asas de cintas verticais. Esta
forma resulta funcional para o seu almacenaxe nas naves.
Aproveitando as carenas da bodega apretábanse entre sí
e o estreitamento dos pescozos deixaba sitio para
superpoñer capas de ánforas, suxeitas entre sí
lateralmente polas asas das inferiores.
A ánfora do Museo da
Coruña está completa, aínda que presenta ruptura do
tercio inferior da panza. As asas robustas e pouco
desenrroladas, arrancan dende a cabeceira da boca e
terminan máis abaixo do pescozo. Están recorridas por
unha estría lonxitudinal e presentan transversalmente
sección elíptica. No seu tercio superior cúrvase sen
chegar a formar un ángulo agudo. É perceptible o punto
de unión entre as asas e as paredes exteriores do
recipiente. O lomo presenta certo abombamento, a panza
ofrece un aspecto globular, cilíndrico elíptico. O pé
ou pivote, forma a base da ánfora, con forma de cono
truncado e macizo. O material empregado é barro moi
claro de tonalidade amarelo- branquecino, no que se
aprecia unha capa de englobe exterior con pequenos
cristais de mica e gránulos de area.
Trátase dunha ánfora
binaria que estaría impermeabilizada con resina vexetal
de cor negro brilante, que daría un sabor
característico ó viño.

|
|
| |
ARA ÓS
LARES VIALES
Localización:
Torres do oeste.
Depósito: Museo
de Pontevedra.
Adscrición cultural:
I- IV d. C.
Adscrición
tipolóxica: ara votiva.
Descrición:
fragmento superior de ara votiva, de granito con cornisa,
tamén ós lados e detrás, decorada no frente con tres
arcos dos que soamentes o central está completo e dúas
molduras que continúan ós lados. Por detrás é lisa.
Atópase moi deteriorada,
foculus moi ben conservado.
Dimensións: 47 por 26
por 21 cm.
Letras: 4,5- 5 cm.
Inscripción: L (aribus)
V ( ialibus )
(- c 2-) V (- c 3-)

|
|
| |
ARA A
BANDUA

Localización:
Aragunde, San Miguel de Catoira.
Depósito: Finca
de Curula.
Adscrición cultural:
séculos I -IV d. C.
Adscrición
tipolóxica: ara votiva.
Descrición: ara
de granito, reutilizada como material de construcción,
con base e cornisa. Cortada por riba, só se conservan
restos da cornisa na cara anterior. Está rebaixada na
parte dereita e atrás, quedando restos da base só no
seu frente e na dereita.
Probablemente apareceu na
finca "A Capela". Consérvase reutilizada como
base dunha columna na casa dos Sres. Loureiro- Isorna.
Dimensións: 70 por 39
por 32 cm.
Letras: 5- 6 cm.
Inscrición: Deo Bau
(duae)
Ti (berius). Cla (udius).
Ci (- c 2 -)
Vo -- . v (otum) .
S (olvit). L (ibens). M
(erito)
Bandua é un deus da
mitoloxía indíxena, ó que Murguía lle da unha
divinidade protectora das augas termais. Nos estudios
recentes, ben documentados, atribúieselle como deus da
guerra. Bandua encarna o prototipo de deus guerreiro
indoeuropeo e céltico.
A súa aparición nas
inscricións latinas é debido ó continxente indíxena
que formou parte do exército romano, feito que explica a
pervivencia destes cultos.

|
|
| |
ESTELA
FUNERARIA
Localización:
Aragunde, Finca da Capela.
Depósito: Museo
de Pontevedra.
Adscrición cultural:
séculos I- IV d. C.
Adscrición
tipolóxica: estela funeraria.
Descrición: son
numerosos os casos de enterramentos soltos de inhumación
aparecidos ó longo da xeografía galega. Contamos con
estelas funerarias dotadas de boa decoración. Trátase
de epitafios de necrópolis de distintos tamaños e
formas, aproveitadas para outros usos. A decoración é
variada. Consiste en alienacións de arquiños,
rosáceas, crecentes luares, escuadras e follas de
prantas, figuras humanas representadas en relevo
toscamente... A aparición destas estelas iníciase a
mediados da segunda centuria para permanecer aínda a
principios do V.
Estela antropomorfa, rota
por debaixo e á dereita, reutilizada como elemento de
construcción. Hai signos descoñecidos que poderían ser
restos dunha representación esquemática do sol. A parte
traseira atópase lisa na parte superior, o resto sen
traballar.
Cara abaixo faise máis
ancha, unha rotura á esquerda que afecta á primeira
letra da liña dúas. Atopada no ano 1988 nun casa da
finca 2 A capela" onde apareceron sarcófragos e
restos cerámicos.
Dimensións: 86 por 36-
41 cm. 5 por 10 -12 cm.
Inscrición: M a t i -i a
e
---------
O nome da difunta era
Matilia ou similar.

|
|
| |
VÍAS
ROMANAS
Nos tempos anteriores á
conquista romana, existía, sen dúbida no noroeste, unha
rudimentaria rede de camiños que, ca conquista romana,
supuxo unha mellora na rede viaria. Sen embargo, a
fragmentación política existente non propiciaba o bo
estado dos camiños.
Galicia conta con tres
trazados básicos de camiños, dos que salerían os
secundarios. Un destos chegaría a Catoira, onde se atopa
Glandimiro, ben no lugar das Torres, según algúns
autores, ou en Dimo según outros. Tamén hai autores que
sitúan a Glandimiro ó outro lado do río Taragoña.
Os camiños facíanse
buscando unha liña recta, por zoas elevadas, para evitar
ser atracados. Ó longo do recorrido colocaban miliarios
que indicaban as distancias así como os datos do
emperador que fixera dito camiño ou reparado.
Para ó estudio das vías
romanas de Galicia podemos recurrir a un quíntuple tipos
de fontes: textuais, toponímicas, epigráficas,
arqueolóxicas e documentais ( medievais). Para ó
noroeste as fontes textuais redúcense prácticamente ó
chamado Itinerario de Antoninos.
a)Iitinerario de
Antoninos, elaborado co fin de coñecer os lugares por
onde se podían desprazar as tropas.
b)Anónimo de Rávena,
recopilación dos datos feitos por un fraile no século
IX, moi similar ó itinerario de Antoninos, aínda que
con datos novos.
c)As Táboas de Barro de
Astorga, aínda que se dubida da súa autenticidade. As
táboas, así como o mapa de Estefanía Álvarez e
Roldán Hervás, serven para o estudio das vías romanas
en Galicia.

|
|
| |
|
|
| |
Índice
Xeral
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|