| |
 |
|
| |
Reptís
por Mario Gómez Penide |
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Anguis fragilis.
Nome galego: Escáncer, viscáncero, liscante
Descrición: Ata 50 cm. de lonxitude total; pero
normalmente non sobrepasa os 35 cm.
Aspecto ventriforme, sen extremidades, e ten o corpo parecido as
culebras, cuberto de pequenas escamas. O seu parecido, en canto a
cabeza, coas lagartixas é bastante grande. A ausencia de patas é
definitiva en canto a súa comparativa coas culebras e as lagartixas.
Non é polo tanto un ofidio senón que se trata dun saurio ápodo.
Loxicamente confúndese de forma fácil coas serpentes ou cóbregas.
Ocupa zonas polo xeral cun índice medio elevado de humidade ambiental,
dende prados encharcados a praderías montanas, pastos, claros de bosque,
zonas de matogueira, setos, etc.; o seu hábitats máis típicos son os
bosques caducifolios e mixtos dentro do dominio da carballeira, inda que
tamén, aparece en piñeirais húmidos vese moito preto dos ríos e arroios
galegos.
A súa alimentación é a base de miriápodos, vermes, arácnidos e, sobre
todo, de formigas , así como de gran cantidade de larvas de todo tipo de
insectos.
Hiberna durante os meses de octubre e abril. É dicir, escóndese nun
lugar apropiado e vive durante eses meses cun sono bastante profundo,
simplemente vivindo das reservas acumuladas durante os demais meses.
Reproducción: Cando remata a súa hibernación aparease, logo a nai tenos
dentro entre 90 e 100 días. O remate destes días nacen os pequenos
escánceres. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Blanus
Cinereus.
Nome galego: Escáncer cego.
Nome castelán: Culebrilla ciega.
Descrición: Ata 28 cm. de lonxitude total; pero
normalmente non sobrepasa os 20 cm.
Aspecto ventriforme, sen extremidades, e ten o corpo, segmentado en
aneis, cuberto de pequenas escamas cuadrangulares. Cabeza pequena
puntiaguda pouco diferenciada do corpo. Ollos moi atrofiados e cola
curta. Coloración normalmente grisácea ou marrón con tintes rosados.
Partes inferiores algo más claras. De costumes case exclusivamente
subterráneas; é raro velo na superficie, inda que pode saír ó atardecer
ou pola noite. Atopado normalmente baixo pedras e troncos, onde se
alimenta de miriápodos, gusans, arácnidos e, sobre todo, de formigas ,
así como de gran cantidade de larvas de todo tipo de insectos.
As costumes reproductoras de esta especie son moi pouco coñecidas,
comprobando recentemente que no mes de xuño, as femias poñen un só ovo
extremadamente longo (27×5 mm.). |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Chalcides striatus.
Nome galego: Esgonzo común.
Descrición: Trátase de un réptil da suborde dos saurios,
de corpo cilíndrico e alongado con cores crípticas e a rexión ventral
máis clara, posúe catro extremidades moi reducidas, con unha cabeza
aplanada e fociño cuneiforme e unha cola curta e ancha. Alimentase
practicamente de insectos e arácnidos.
Ten unha alta especialización en canto ós hábitats ocupados. Xeralmente
selecciona ladeiras de solaina, cunha lixeira pendente, abundante
vexetación herbácea e en ocasións de elevada humidade. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Coronella
girondica.
Nome galego: Cobra lagarteira meridional.
Nome castelán: Culebra lisa meridional.
Descrición: Os exemplares adultos poden chegar a medir ata
65 cm. ainda que normalmente son mais pequenos. A cor de fondo do lombo
pode ser pardo ou gris, ainda que as veces é beis ou ocre, e incluso
levemente vermello. O diseño da espalda pódeno compoñer unha sere de
manchas redondeadas ou unhas bandas transversais máis escuras que se
extenden o longo do corpo. Detrás da cabeza existe unha gran mancha
escura en forma de U que se extende cara o pescozo. Entre o ollo e a
comisura da boca ten unha banda escura que apenas destaca. O ventre sole
ser amarelento e nos exemplares xubenis é mais vivo e vai cambiando a
laranxa ou vermello segundo se achega a cola.. O diseño do ventre
asemellase as manchas de xadrez ou ben formar liñas paralelas. Pode
chegar a vivir ata 13 anos. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Elaphe scalaris.
Nome galego: Serpe riscada.
Descrición: Fociño algo puntiagudo. Pupila redondeada.
Adultos de cor variable que van dende amarelentos, vermellos ou
grisaceos, con dúas bandas lonxitudinais escuras sobre o dorso como
único debuxo, en ocasións pódense localizar exemplares completamente
lisos. Os exemplares xoves teñen un deseño moi típico en esqueira pero
que o medrar perden os “peldaños”. Carece de veleno e polo tanto de
aparato inoculador do mesmo. Pode alcanzar uns 150 cm. de lonxitude,
aínda que por termo medio andan polo metro de lonxitude. As súas
costumes son sobor de todo diúrnas e terrestre, aínda que as veces trepa
as arbores e balos na busca de niños de paxaros. É forte, rápida e áxil.
Alimentase de pequenos invertebrados, mata as súas víctimas por
estrangulamento. A reproducción é ovípara, copulando na primavera e pon
de 5 a 25 ovos. Prefire as zonas secas, cálidas e soleadas con
matogueiras, fragas abertas e cultivos de secano. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Emys
orbicularis ( Linnaeus 1758).
Nome galego: Sapoconcho, sapocuncho, Tartaruga.
Nome castelán: Tortuga común.
Descrición: O caparazón é moi escuro e netamente aplanado.
As placas do mesmo teñen unha ornamentación moi típica consistente en
liñas e puntos marelos moi claros, diverxentes. Trátase dun carnivoro
que captura pequenos peixes, anfibios e as súas larvas, moluscos,
crustáceos, vermes e outros invertebrados. Come polo tanto un pouco de
todo. Ten hábitos acuáticos, normalmente nas zonas dos ríos onde non hai
moita corrente, tense localizado ademáis de en ríos tamén en lagoas
costeiras; o seu biotopo está sempre provisto de abondosa vexetación,
non alonxándose moito da auga, onde busca protección e alimento. O ciclo
reproductor non foi estudiado para Galicia. Pódese xeneralizar dicindo
que a posta, de 4 a 14 ovos de casca dura, realízase no verán, en terra
branda, axeitando a femia o lugar apropiado con grande laborosidad. A
eclosión tarda uns 3 meses, aínda que pode ocorrer que o ovo hiberne
para eclosionar en primavera seguinte. Animal moi lonxevo, podería
acadar ata 100 anos. Medran con lentitude, chegando, en consecuencia a
súa madurez ós 6-8 anos os machos e os 15-20 anos as femias. Está
estrictamente protexida xa que está en vías de desaparecer. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Lacerta Lepida.
Nome galego: Lagarto arnal ou arnao.
Nome castelán: Lagarto ocelado, lagarto común.
Descrición: É lagarto bastante grande, podendo chegar a
medir 50cm, o tamaño normal está en torno os 20cm. A cor é verde pero
pode ser amarelenta ou parduzca, cun moteado negro. Os flancos están
adornados a miúdo por unhas manchas de cor azul moi vivo cun borde negro
e que é a característica deste lagarto. A súa dieta consiste en formigas,
saltóns, grilos, escaravellos, larvas de insectos, arañas, atrévese con
outros lagartos mais pequenos, pequenas crías de mamíferos, ovos de
aves, etc.. Entre os seus depredadores destaca a culebra bastarda, o
azor, a aguia culebreira, miñato e a garduña. De tódolos xeitos
deféndese moi ben das culebras chegando a derrota-las.
Habita en zoas montañosas, tamén en matogueiras, viñas, muros e rochas,
en xeral en zonas secas e soleadas. Transcorrido o estado de sopor no
que permanece todo o inverno, inicia o seu ciclo reproductor a primeiros
da primavera, tralo acoplamento, a femia chega a depositar e enterrar de
seis a doce ovos nunha oquedade escavada por ela mesma, o pasaren tres
meses, nacen as crías que miden 5cm. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Lacerta
Montícula.
Nome galego: Lagartixa da serra.
Nome castelán: Lagartija serrana.
Descrición: A lagartixa da serra é de aspecto robusto e
mide sobre 65 mm. En Galicia é bastante común. Come todo tipo de
insectos e arácnidos. A femia ten outra cor tirando a marrón. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Lacerta
schreiberi.
Nome galego: Lagarto das silvas.
Descrición: Este lagarto habitual nas beiras dos ríos, pode ser
confundido co lagarto arnal, pero o lagarto das silvas é máis pequeno
non chegando os 13 cm. Os machos teñen unha inconfundible gorxa, e na
época de celo, toda a cabeza de unha inconfundible cor azul, no caso das
femias ese ton azul está máis suave. O dorso é verde en ámbolos sexos,
mentres que o ventre é amarelo con manchas negras nos machos e
totalmente liso no caso das femias. A época de apareamento vai dende
abril a xuño. Os ovos son depositados pola femia en lugares areosos ou
terreais, sendo os penedos un bo refuxio para a posta. Os ovos son moi
pequenos entre 11-14mm. de longo e 8-9 mm. de ancho. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Mauremis leprosa (Schweigger,1812).
Nome galego: Sapoconcho riscado, Tartaruga riscada.
Tartaruga de auga.
Nome castelán: Tortuga leprosa, Tortuga de agua, Galápago.
Descrición: É un sapoconcho foráneo. Diferenciar o noso
sapoconcho deste non é difícil, o noso ten no pescozo e na cara uns
puntos amarelos característicos, ten ademais a cuncha máis escura e chea
de liñas tamén amarelas. O foráneo ten a cuncha verdosa. O sapoconcho
riscado non presenta o punteado amarelo, en cambio ten tres ou máis
liñas lonxitudinais no pescozo, as veces laranxas. Trátase dun carnivoro
que captura pequenos peixes, anfibios e as súas larvas, moluscos,
crustáceos, vermes e outros invertebrados. Come polo tanto un pouco de
todo. Incluso insectos. Ten hábitos acuáticos, normalmente nas zonas dos
ríos onde non hai moita corrente, tense localizado ademáis de en ríos
tamén en lagoas costeiras; o seu biotopo está sempre provisto de
abondosa vexetación, non alonxándose moito da auga, onde busca
protección e alimento. Os acoplamentos moi aparatosos, van precedidos de
serias liortas entre os machos. Pode ser tanto na terra como na auga. A
súa posta consta de 5 a 12 ovos de casca dura, realízase no verán, en
terra branda, axeitando a femia o lugar apropiado con grande
laboriosidade. A eclosión tarda uns 30 días, aínda que pode ocorrer que
o ovo hiberne para eclosionar en primavera seguinte. Animal moi lonxevo,
podería acadar ata 100 anos. Medran con lentitude, chegando, en
consecuencia a súa madurez ós 6-8 anos os machos e os 15-20 anos as
femias. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Natrix natrix (
Linnaeus 1758).
Nome galego: Cobra de colar.
Descrición: Pode ter ata un metro e medio. As femias poden
chegar ata 2 metros. Ollos redondos. Pupilas redondas. Distínguese da
natrix maura xa que non ten o debuxo en zigzag. Ademais a natrix maura é
máis pequena. Escamas carenadas. A pupila é negra rodeado de iris
alaranxado ou roxiño intenso. Teñen cor verde, gris ou pardo, e o colar
branco ou negro (de xóvenes), que chega practicamente a desaparecer.
Pode ter manchas negras espalladas polo dorso.
Alimentación: Todo tipo de ras e tritóns. Tamén come
peixes. As veces algún rato. Come preferentemente pola mañá e na segunda
mitade da tarde. Un adulto pode papar entre 4 - 5 ras grandes ou 9 de
tamaño mediano en media hora. Engole as ras por detrás e os peixes por
diante.
Hábitat: Preto dos ríos e charcas. Tamén se pode ver esta
cobra nos prados así como en montes de matogueiras, toxos, etc. Moi
común en Galicia. Non compite coa súa conxénere a Natrix maura xa que a
Natrix natrix persigue incluso por terra as súas víctimas e inda que se
ve nos ríos vese menos que a Natrix maura. A Natrix natrix é unha boa
nadadora, natrix quere dicir nadar. Pode permanecer debaixo da auga ata
30 minutos.
Cando fai moita calor pasa as horas na beira dos ríos, enroscada, entre
a sombra e o sol, preto dos árbores.Móstrase moi activa entre 22º-30º
C.. O celo ocorre por abril-maio, a posta ten lugar en xuño-xullo, en
lugares cálidos e húmidos. A eclosión dos ovos soe ocorrer a finais de
agosto-setembro. Pon entre 6 a 70 ovos. A incubación leva entre 3 - 11
semas. Por regra xeral as crías nacen en setembro.O remate dun ano as
crías poden ter entre 23 a 30 cms.Pode chegar os 19 anos, pero a idade
media está entre os 7 e os 9 anos.
A súa mordedura non é perigosa. É totalmente inofensiva para
o home. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Natrix maura.
Nome galego: Cobra sapeira.
Nome castelán: Culebra viperina.
Descrición: Pode chegar o metro de longo. Ollos redondos.
Pupilas redondas. O debuxo en zigzag é o que a distingue da Natrix
natrix. Pero ollo: parécese moito as víboras, excepto na pupila negra
que repito é redonda, rodeada dunha orla amarela intensa no iris.
Come todo tipo de ras e tritóns. Tamén come peixes. Trátase de todo un
especialista na auga. Pode papar peixes de ata 15 cms. Habita preto dos
ríos e charcas. Cando está tomando o sol e vese sorprendida de seguida
se mete no río, onde pode permanecer moito tempo debaixo da auga. Esta
cobra non é terrestre, é exclusivamente acuática. En terra é máis torpe
que outras cóbregas, pero no río nada moi ben. Atópase moi ben, tanto
fora como na beira dos ríos cando a temperatura oscila entre 20 - 35ª C.
Vese nos meses: marzo a novembro. O celo ocorre por abril-maio, a posta
ten lugar en xuño-sullo, en lugares cálidos e húmidos. A cópula dura
aproximadamente unha hora. A ovulación ten lugar en xuño, entre 4 a 24
ovos. A eclosión dos ovos soe ocorrer a finais de agosto-setembro. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico:
Podarcis bocagei (Seoane, 1884)
Nome galego: Lagartixa galega.
Nome castelán: Lagartija de Bocage
Descrición: Lagartixa de pequeno tamaño, relativamente
robusta e co corpo non deprimido e o cranio alto, no que as órbitas
oculares sobresaen pouco. Os machos adultos teñen o dorso verde e os
flancos pardos, as femias adultas e inmaduros co dorso e flancos pardos.
Coloración ventral principalmente amarela. Lonxitude da cabeza e o corpo
dos adultos vai dos 57 mm. nos machos e os 55 nas femias. Adaptada a
ambientes moderadamente húmidos e frescos. Nas zonas de clima atlántico
pode ocupar unha gran variedade de medios, dende areais e acantilados a
matogueiras de monte, claros e lindeiros de fragas. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome científico: Vipera seoanei.
Nome galego: Víbora de seoane.
Descrición: Rara vez pasa dos 60 cms, trátase polo tanto dunha
cobra pequena.
É tamén moi visible o deseño dorsal bilinear ( femias) : dúas bandas
claras ( crema) paralelas abeiran unha banda central marrón con
manchiñas negras na beira. As manchas negras da cabeza teñen forma de V
invertida, contribuíndo a darlle un aspecto triangular. Pero ollo que,
os deseños desta víbora son varios, pode ser incluso lisa. O importante
para distinguila é a pupila vertical, cabeza triangular, e é corta,
bastante corta, 50 -60 cms. e case sen cola. Alimentase de todo tipo de
micromamíferos (roedores, lagartixas). Tamén anfibios e ocasionalmente
paxaros. As víboras fano todas igual, atacan a víctima, péganlle unha
dentada de medo, e logo, tranquilas, seguen a víctima e atópana
xeralmente morta. A papar... Sempre empezando pola cabeza. Tragan
integramente a víctima. A súa actividade é diúrna. A temperatura que
máis lle gusta ronda os 30º. A súa actividade vai dende febreiro ata
novembro, segundo o clima do ano. Está moi adaptada a todo. Vive
preferentemente nas lindes e claros de fragas e carballeiras,mato
atlántico, lindes de prados, matos, prados e brañas. Ten certa
preferencia polo terreo pedrento. Gústanlle moitos os terreos de
matogueira baixo, toxos, brezos, etc. Tamén zonas de fentos, muros de
pedra seca, montóns de leña, etc. Moitas veces inspecciona galerías de
micromamíferos.
Parece ser frecuente en áreas de humidade elevada, e incluso pódese
atopar na auga. O ciclo de
actividade sexual anual escomeza con retraso na montaña, marzo-abril
mentres que no litoral é en marzo. Especie vivípara, é dicir, as crías
nacen dentro da mai; que pare 3-10 viboriñas por setembro.
Esta cóbrega ten actividade
diúrna inda que no verán pode traballar de noite.
Os adultos mudan dúas veces o
ano a pel. A súa picadura pode producir a morte
dependendo de onde pique e tamén das precaucións que se tomen.
Perigosas para vellos e nenos (por suposto). A súa trabada debe estar
sempre controlada por un médico. O mellor é tranquilizarse e acudir o
centro de saúde máis próximo, si pode ser sabendo perfectamente de qué
cobra se trata ( ollo o collela inda que esté morta os movementos
reflexos poden facer que incluso morta, morda e meta o veleno, coidado).
De tódolos xeitos si non se lle da morte (non fai falla) non é difícil
saber si mordeu unha víbora ou non , xa que a parte dos dentes normais
aparecen na cabeceira dous orificios máis grandes que son o do veleno.
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|