CURSOS DE VERÁN 2006

 

   
   

“O teatro como instrumento de activación do patrimonio”
 

INSCRICIÓN:
Ata o 30 de xuño. Pode formalizarse no Concello, os residentes en Catoira, ou por internet na páxina www.usc.es A taxa xeral de matriculación é de 115 euros, e a reducida é de 65, aplicable a estudantes de calquera universidade –de primeiro, segundo ou terceiro ciclo– e diplomados e licenciados en paro, debendo xustificar tal condición. O Concello de Catoira subvencionará o 50 por cento da taxa xeral de matrícula a tódolos veciños do municipio interesados na realización do curso, debendo aboar, polo tanto, 57,5 euros. O curso de verán está recoñecido pola USC con dous créditos de libre configuración. Ademais, os asistentes terán dereito a un diploma acreditativo da asistencia ó mesmo.
PROGRAMA:
26 de Xullo
9,00 h: Entrega de documentación
Taller I: O teatro como motor do desenvolvemento local
9,30-11,30 h.- O teatro como promotor do desenvolvemento local e a participación social
Prof. Llorenç Prats, Catedrático de Antropoloxía da Universidade de Barcelona
12,00-14,00 h.- Representacións de teatro popular e turismo (2 horas)
Prof. Julio Grande, Experto en desenvolvemento local
18,00-20,00 h.- Eventos e festivais como estratexia turística
Prof. Agustín Santana, Catedrático de Antropoloxía da Universidade de La Laguna

27 de Xullo
Taller II: Ferramentas teóricas
10,00-11,00 h- O teatro como pedagogo da cidadanía. Unha viaxe pola literatura
Prof. X.L. Méndez Ferrín, Académico e escritor
11,30-13,30 h.- A regueifa: entre o espectáculo, a educación e a xestión de conflitos
Profs. Pinto de Herbón e Luís “o Caruncho”, Regueifeiros
17,00-20,00 h.- Teoría e técnicas de escenificación na cultura inmaterial: o contacontos
Prof. Kilo Cadaval, Contacontos.

28 de Xullo
Taller III: Ideoloxía, compoñentes e posta en marcha dun proxecto teatral
10,00-11,00 / 11,30-13,30 / 18,00-19,00 h.- Ideoloxía, compoñentes, construción dos personaxes e escrita de textos: teoría e práctica
Prof. Roberto Salgueiro, Dramaturgo e director da Aula de Teatro da USC
19,00-20,00 h.- A posta en marcha dun proxecto teatral: puntos de partida, problemas, realidades
Prof. Artur Trillo, director da Cia. Teatral Talía e secretario da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia

29 de Xullo
Taller IV: Acción, tipoloxías e tradución escénica do conto literario: teoría e práctica
10,00-11,00 / 11,30-13,30 / 18,00-19,00 h.- Verosimilitude, tipoloxías, tradución escénica do texto literario: teoría e casos prácticos
Prof. Roberto Salgueiro, Dramaturgo e director da Aula de Teatro da USC
19,00-20,00 h.- O teatro afeccionado en Galicia e a práctica teatral na rúa. O aproveitamento escénico de espazos exteriores
Profa. Paloma Lugilde, Directora da Asociación teatral Palimoco

30 de Xullo
Taller V: O teatro culto como contrapunto do teatro popular
9,30-11,30 / 12,00-14,00 h.- Lectura, comentario e prácticas sobre textos teatrais varios (Becket, Castelao, Heiner, Manuel Lourenzo)
Prof. Roberto Salgueiro, Dramaturgo e director da Aula de Teatro da USC
18,00-20,00 h.- Escrita de textos, lectura e comentario

Prof. Roberto Salgueiro, Dramaturgo e director da Aula de Teatro da USC
20,00 h.- Clausura

O Concello de Catoira está a planificar, dentro do seu programa de accións dirixidas á xuventude, unha actividade consistente nunha viaxe para asistir ó prestixioso festival de Paredes de Coura, en Portugal. O devandito festival desenvolverase entre os días 14 e 17 de agosto deste ano.
No Departamento de Cultura está xa aberto o prazo de inscrición para as persoas interesadas en asistir ó festival. Ante a demanda existente, o Concello decidiu ampliar o límite de idade, esixíndose ter cumpridos os 18 anos (a día 13 de agosto de 2006), pero sen establecer unha idade máxima.
Os residentes en Catoira deberán pagar ó inscribirse 35 euros, xa que o Concello ofrece unha bonificación do 50no prezo das entradas, que xa están á venda por 70 euros. A inscrición inclúe tamén transporte gratuíto, que aporta o Concello, e dereito a acampar na zona habilitada para este fin pola organización do festival, na praia fluvial de Tabuao, que conta con tódolos servizos. Así mesmo, contemplamos a organización dalgunha visita turística a lugares de interese da comarca.
Nesta actividade poderán inscribirse tamén mozos/as de fóra de Catoira, que dispoñerán do transporte gratis, pero non se beneficiarán da redución no prezo da entrada.
A organización ten confirmada a asistencia de Morrisey, ex membro dos Smiths, a lendaria banda The Cramps, Bauhaus, Bloc Party, Yeah Yeah Yeahs, Madrugada, Broken Social Scene, Eagles of Death Metal, Gomez, Shout Out Louds, White Rose Movement, !!! (Chk, Chk, Chk) e Fisherspooner.
O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 4 de agosto, pero por cuestións de organización e reserva de entradas pregamos que as inscricións se realicen o máis axiña posible. Podes obter máis información sobre a viaxe no Departamento de Cultura (Malisa, Mónica ou María, tf. 986 54 60 14) e sobre o festival en www.paredesdecoura.com

 

   
         
    Datos sacados da web do Concello: www.catoira.es