PEIXES  Por Mario Gómez Penide  
   

www.catoira.net

 
   
   

Nome galego: Anguía. Eiroa
Dimensións: Ata 2 metros ( a media é entre 40-90 cms) o peso ata 10 kg. inda que polo xeral non supera os 4 kg. As femias soen ser máis longas e máis pesadas que os machos.As femias poden vivir ata 20 anos, os machos un máximo de 12 anos.
Identificación: O aspecto é moi característico e distínguese perfectamente dunha culebra. A aleta dorsal e caudal están unidas nunha soia, formada polo menos por 500 radios, sendo redondeada na parte da cola. As aletas pectorais teñen sobre 14-18 radios. O dorso é pardo verdoso, tirando a gris ou case negro, o ventre é branco e amarelento Moi viscosa toda ela, xa que está cuberta dunha secreción mucosa que a fai moi esvarante. 
Alimentación: Peixes de todo tipo, ras, tritóns, incluso a propia anguía. Gústanlle moitos os ovos de peixes, incluso poden chegar a devorar crías de aves. Polo demais come de todo desde ras, pequenos peixes, caracois, insectos, etc. A anguía é capturada poucas veces por outros animais, xa que o seu plasma é velenoso e os peixes carnívoros sábeno. Para o home unha vez cociñada é exquisita. Ter coidado coa sangue si se teñen feridas nas mans.
Hábitats: Remontaba os ríos ata máis de 1000 metros de altitude. Frecuentaba os regatos de todo tipo, os grandes ríos e o  litoral. A anguía esixe unha saída o mar, polo demais chega ata calquera lugar. Hoxe teno terriblemente difícil cos encoros e minicentrais que rematan cos ríos e con todo o que rodea a estes.
Desove: Este peixe é un migrador incrible, entre o outono e o inverno as anguías adultas abandonan o río " si poden e non morren nas hélices das turbinas dos encoros" e cunha velocidade aproximada de 30 Km o día chegan o mar e dentro do mar finalmente  o mar dos Sargazos ( no océano Atlántico centrooccidental) zona onde se reproducen. Créese que cada femia pon, en augas relativamente quentes e ata 1000 metros de profundidade de 1 a 5 millóns de ovos de 1 a 3 mm. de diámetro. Despois os adultos morren e as larvas de 4- 5 mm. comezan a migrar gradualmente cara oriente axudadas pola corrente do golfo primeiro e logo pola nor-atlántica para chegar as costas africanas e europeas 2 o 3 anos despois. Nesto momento son as "angulas", chamadas meixóns en galego,  delgadas de unhos 50 mm. de lonxitude. As angulas desprázanse sobre todo de noite e agrúpanse nas desembocaduras dos ríos e logo en novembro-decembro inician o remonte, máis tarde xa nun segundo inverno as angulas transfórmanse en anguías, sempre que logren pasar os encoros, minicentrais, etc. que dende logo nono conseguen. Os 4-10 anos transfórmanse en anguías adultas e volta a empezar o ciclo da vida.

 
         
   

 

Nome científico: Chondrostoma polylepis duriense.
Nome galego: Peixe , boga, pepa
Dimensións: Ata 40 -50 cms como moito. O normal son 15 cms.
Identificación: O corpo é moi alongado, máis que a boga ( xeralmente) e outras especies, a abertura bucal é inferior e recta. O labio inferior é groso e presenta unha lámina córnea desenrolada. As aletas dorsal e anal son longas frecuentemente con oito radios ramificados e algunhas veces con nove. Escamas pequenas e na liña lateral soe ter entre 63 e 74 delas.O número de dentes farínxeos é de 5-5 e o de branquiespiñas de 12 -24.O corpo soe ter pequenas manchas negras moi marcadas.
Alimentación e hábitos: Estes peixes aliméntase de bichos do río, casullo, pequenos anfibios, ovos, etc. Tamén mosquitos, moscas, etc.A súa reproducción faina entre abril e xullo. As veces soben a miles polos ríos, é incrible.É un peixe moi gregario, andan en manadas e eso sábeno ben os pescos que normalmente ceban o río para pescalos (no ano 2001 está permitido). O cebar, xúntanse todos a comer e, péscanse mellor.
Hábitats: Poden vivir nos encoros de todo tipo, aguantan a eutrofización perfectamente, polo menos de momento. Tamén se atopan en ríos de correntes máis rápidas e dende logo son os mellores, refírome a que os mellores peixes no prato, son os de correntes rápidas.Xeralmente gústanlle os tramos medios dos ríos. Non son peixes de cabeceira como outros.
Desove: A reproducción faina entre abril e xuño. Durante a freza, os machos mostran uns tubérculos nupciais moi característicos na cabeza e na parte inferior do corpo. Os ovos en número de 50.000 ata 200.000, dunhos 2 mm. de diámetro son postos en augas moi baixas e terreos pedregosos e de pedriñas ou areosos. As larvas eclosionan entre 5 e 8 días e miden 4 mm., tras 1-5 anos o peixe pasa a ser adulto.
 
         
   

Nome galego: Boga de río, peixe
Dimensións: Talla máxima 25 cms.. O normal é que boten 10 cms. Viven entre 8 a 10 anos.
Identificación: Boca ínfera, case terminal e sen barbelas. Color castaña-dourada no dorso, máis clara na zona ventral.A boga é bastante panzurrona, ten unha escama forte , branca é nítida. A súa librea brila.
Hábitats: Augas de fluxo lento e encoradas. Tamén se atopa nos cursos medios dos ríos. Tamén soben as correntes.
Alimentación: Come un pouco de todo, preferentemente vexetación inda que lle gustan, por suposto, todos os animais invertebrados. Concretamente o casullo vólveas tolas. É un dicir ........
Desove: Primavera - verán. Soben en grandes bandadas por todo o río e fan a posta en lugares  de area e seixos. Os machos desenrolan numerosos tubérculos nupciais moi pequenos por todo o corpo.Alcanzan a madurez os 3 - 4 anos.A reproducción fana entre marzo e xuño.As femias poñen entre 1000 e 8000 ovos.
A boga de río habita case todos os ríos galegos, quizás sexa menos común na provincia de Lugo, salvo o Miño, e máis común en Pontevedra e Ourense. Dende logo hai moitas no Tambre, Ulla, Umia , e no río Miño. A boga abonda moito máis que o peixe ou escalo. Soporta a eutrofización das augas e de feito aliméntase de algas, sobre todo cando xa ten anos. Vai polo tanto para arriba e cada día hai máis.

 
         
   

 

Nome galego: Lamprea, lambepedras, peixe dos sete buratos.
Dimensións: Pode medir preto do metro. O normal entre 60-90 cms.
Identificación: É doada de identificar  xa que é un peixe inconfundible. O corpo é cilíndrico e sen escamas. Posúe sete orificios branquiais a cada banda da parte anterior do corpo. A boca é unha ventosa As lampreas son os vertebrados máis primitivos e algúns científicos nona consideran peixes. Hai que pensar que o esqueleto é cartilaxinoso, non ten mandíbulas, tampouco escamas nin aletas pares, as impares atópase pouco desenroladas. As branquias son diferentes as de outros peixes.......etc. En fin o interés da lamprea é máximo.
.Alimentación: Chupa a sangue de outros peixes. A boca destes animais é incrible: posúe entre 120-130 lamelas labiais, así como numerosos dentes.
Hábitats: Grandes ríos ata os embalses. Dende logo, si poden, soben ata os regatos para desovar en augas puras , osixenadas e correntes (pero xa quedan poucas). 
Reproducción: Reprodúcese da primavera o principio do verán en augas doces, pero teñen que ser correntes e ben osixenadas, polo tanto en Galicia xa quedan moi poiquiñas. Os encoros rematan con todo o bo. Ambos sexos pero sobre todo os machos escavan un buraco de 60 cms de diámetro entre as pedras do fondo do río onde a femia pon ata 250.000 ovos de cor amarelo e 1 mm. de diámetro. Despois da reproducción os adultos morren. As larvas eclosionan o cabo de 10-20 días, permanecen ata 8 anos en augas doces e cando miden entre 15 e 20 cm. experimentan unha metamorfoses (a finais de verán) e descenden ata a mar onde permanecen entre 2-4 anos ata 500 metros de profundidade. A continuación o seu intestino atrofiase e entre decembre e abril ascenden polos ríos en busca de lugares para reproducirse e así sucesivamente.
 
         
   

Nome galego: Salmón
Dimensións: Pode medir máis dun metro e pesar máis de 15 kg. De feito colléronse salmóns no río Miño de 26 kg. En canto a súa vida, atopáronse salmóns de 13 anos. Polo tanto seguro que podían vivir máis.
Identificación: É prateado con pintas negras polo lombo, a mandíbula é especial e nos machos está moi curvada. É inconfundible, é precioso. O malo é que en Galicia xa case non existe. O salmón ten a cabeza máis pequena que a troita. As escamas son moi pequenas, a liña lateral ten entre 120 a 130 escamas.Dánselle distintos nomes ó longo da súa vida o principio, o nacer, chámanse pintos e teñen manchas roxas.Cando baixan e se van a mar, teñen xa unha manchas negras en x e xa comezaron a pratear, neste caso chámanse esguíns.Cando volven da mar, xa maduros, chámanse salmóns. Despois de desovar volver o mar arrastrados pola corrente neste caso chámanse zancados.
Alimentación: O salmón aliméntase pouco, xa que nos ríos cando ven a desovar, a penas come nada, de tódolos xeitos pode comer: peixes, ras, troitas. Pero, repito, máis ben mata, cando sube a desovar. Por suposto no mar aliméntase a fondo concretamente de krill.
Hábitats: Grandes ríos ata os embalses. Dende logo, si poden, soben ata os regatos onde naceron.
Reproducción : A golpes de cola e en fondos pedregosos e areosos con augas moi limpas a femia escava unha depresión de 3 metros de longo por 10-15 cms de profundidade na que deposita de 5.000 a 22.000 ovos entre 5-7 cms que recubre logo a macho coa fecundación. As larvas eclosionan o cabo de 70-200 días. Os xovenes permanecen entre 1-5 anos en augas doces e na primavera descenden cara a mar, quédanse na zona do litoral un pouco de tempo e logo vanse cara augas peláxinas onde viven entre 1 e 6 anos, para volver finalmente o río onde naceron.

 
         
   

 

Nome galego: Troita.
Dimensións: O normal é entre 15 cms e 25 cms en regatos e ríos de montaña. Pero pode alcanzar ata 1 metro en grandes ríos e encoros. Ten sobre 17 cms os dous tres anos. Ata 60 cm. e 8 kg. de peso en Galicia, e digo en Galicia xa que noutros lugares pode botar ata 1,40 m  e 20 Kg. A troita record censada actualmente é de 16 kg, e foi pescada na Arxentina. Por certo unha troita pode vivir ata 18-20 anos, o térmo medio é de 6-7 anos.
Identificación: Hoxe en Galicia hai moitos tipos de librea nas troitas. A auténtica ten manchas vermellas no lombo, manchas rodeadas dun alo branco, non ten pintas na aleta caudal pero si nas dorsais, ten mais ben manchas obscuras polo lombo. Unha mancha negra máis grande xunto o ollo. A femia ten dous orificios anais, mentres que o macho so ten un. Tamén a femia ten a mandíbula máis pequena que o macho. Cando son troitas grandes distínguense perfectamente.
Alimentación: Insectos de todo tipo ( saltóns, grilos, efémeras, tricópteros, casullo, besbello,  gusarapa ou bechoco, bicho branco, bicho suízo, etc.). Peixes, ras, a propia troita máis pequena e un longo etc.Téñense atopado dentro do estómago da troita de todo, dende troitas máis pequenas, babosas, ras, casullo có bicho e o envoltorio, en fin, de todo.
Hábitats: A troita para vivir require ríos moi limpos e con correntes de tal forma que as concentracións de osíxeno sexan altas. A eutrofización ( putrefacción de algas nos encoros) remata coas troitas. Os encoros non son o lugar natural das troitas, practicamente non teñen comida, todo esta podrido. A troita pode son embargo deambular polo encoro onde se vai alimentar de pequenos peixes e outros seres vivos, pero non é o seu lugar. A proba é que o remate de sete a dez anos os encoros non teñen troitas ningunha agás na súa cola sempre que teñan un río troiteiro onde desovar.
Desove: Fai o desove segundo medra o río ou non entre os meses de octubre e marzo, en Galicia a cousa ocorre no mes de decembre ou xaneiro dependendo das crecidas. Para elo remonta río arriba ata buscar un lugar idóneo (moitas veces non pode xa que se atopa coas minicentrais ou presas que non pode vadear, non teñen escadas, ou estas están de adorno). A troita sube o río e busca lugares de desove típicos do río (lugares de freza), onde poida escavar un pouco e poñer os ovos, normalmente lugares de pouca corrente, cós leitos cheos de croios pequenos e area, onde lle sexa doado facer un pequeno pozo onde restregarse e apertando a parte de abaixo da barriga para poñer os ovos ,  de seguida o macho fecunda os ovos, e logo a femia tapa estes con grava. A troita pon entre 1000-2000 ovos por quilo de peso.
Lugares idóneos de freza: Son lugares de augas limpas, baixas, frías (5 a 10ºC) , ben osixenadas (7-8 ml/l), fondos limpos de pequenos coios, sen vexetación. Normalmente soen ser zonas altas dos ríos ou regatos.
 
         
   

Nome galego: Reo
Dimensións: Chega a pesar 15 kg. e botar unha lonxitude de 90 cms.
Identificación: Ríos na desembocadura moi preto do mar. Pintas negras no lombo. Moi plateado en xeral. Tamén ten a aleta adiposa no lombo, pero distínguese perfectamente da troita común xa que non ten pintas roxas. A cabeza tamén é máis pequena. A cola é pouco escotada ou recta.
Alimentación: Insectos de todo tipo. Peixes, ras, a propia troita máis pequena. No mar come mariscos, calamares, etc.
Habitats: Desembocaduras dos ríos no mar. Tamén na zona da costa preto da desembocadura dos ríos. Sube ata onde pode. As centrais e minicentrais cortan a súa subida. O reo non é sedentario como a troita de feito vive no mar e no río indistintamente. Os ríos normalmente remontaos no verán e efectua logo a posta no outono.
Reproducción: O reo, como xa está dito remonta o río ata os lugares de posta e a partir de novembre a femia pon 1.500 ovos por kilo de peso. O chegar a primavera os ovos eclosionan e aparecen os alevíns. O cabo de dous anos os alevins vanse para o mar, regresando o río para desovar. O reo a diferencia do salmón aliméntase no río e moito. Outra diferencia é que non morren normalmente despois de desovar.Os adultos regresan o mar.

 
         
   

© E.L.

Voltar ó índice