|
|
|
|
“A dor da vinganza” é o título da obra que o catoirense David Ferreira levará a escena na vindeira Romaría VikingaAs persoas interesadas en participar na obra deberán inscribirse na Biblioteca Pública Municipal antes do 7 de maio.
O xurado do Premio de Teatro Romaría
Vikinga resolveu por unanimidade que a obra gañadora da próxima
edición sexa “A dor da vinganza”, pertencente ó pseudónimo
“Cabalo de pedra”, polas súas cualidades dramáticas e polo seu
acerto na presentación das accións teatrais desenvolvidas nun
amplo precaderno de dirección.
![]() Aberta a correspondente plica, comprobouse que o autor da obra é David Ferreira Fabeira, veciño de Catoira de 24 anos de idade, que recibirá unha achega de 4.808 euros. O xurado, integrado por Roberto Salgueiro, director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, Pablo Sampedro, director da Área de Cultura da Vicerreitoría de Cultura da USC, Ana Pérez Santos, concelleira integrante da Comisión de Cultura do Concello de Catoira, e Mª Elisa Castiñeiras Isorna, técnica do departamento de Cultura do Concello de Catoira, recomendaron deixar deserta a selección da obra que debería ser representada na edición de 2009 da Romaría Vikinga, tendo en conta que “as restantes obras presentadas nesta convocatoria non reúnen as características apropiadas para a súa representación”. Por este motivo, e coa finalidade de aumentar o prestixio deste Premio e acadar unha maior calidade dos textos presentados a vindeiras edicións do mesmo, recomendan modificar as bases 6 e 11 e destinar a totalidade da dotación do premio (4.808 euros) á redacción do texto, deixando a dirección e posta en escena da obra a outra persoa designada polo Concello de Catoira. Inscrición O Concello informa tamén que mañá, 22 de abril, se abre o prazo de inscrición para participar na representación teatral da XLVIII ROMARÍA VIKINGA, “A dor da vinganza”, de David Ferreira. Tódolos interesados poderán inscribirse na Biblioteca Pública Municipal ata o mércores 7 de maio. Fonte: Concello de Catoira (www.catoira.es)
|
||
BANDOS: CAMPAMENTOS DE VERÁN
DON ALBERTO GARCÍA GARCÍA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE
CATOIRA (PONTEVEDRA)
INFORMA: Que está aberto o prazo de inscrición nos campamentos de verán para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia.. DESTINATARIOS: Persoas con discapacidade e con idades comprendidas entre os 9 e 40 anos. PREZO: Entre 72 e 160 euros (con desconto do 50% para familias numerosas) PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 21 de maio de 2008. Para máis información poden dirixirse ós servizos sociais de atención primaria do Concello. ____________________________________________________________________________ DON ALBERTO GARCÍA GARCÍA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA) INFORMA: Que está aberto o prazo de inscrición nos campamentos de verán para nenos/as da Deputación Provincial de Pontevedra no centro de vacacións "A Lanzada". DESTINATARIOS: Nenas/os nados entre os anos 1995 e 2000. PREZO: 68 euros DATAS: Haberá 8 turnos de 7 días de duración cada un, durante os
meses de xullo e agosto PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 8 de maio de 2008. Para máis información poden dirixirse ós servizos sociais de atención primaria do Concello. Fonte: Concello de Catoira (www.catoira.es) |
||
|
|
|
|
|
|
|
|