 |
|
Non
se pode falar de música en Catoira sen falar tamén, aínda que só sea de
pasada de un catoirés ilustre, gran musicólogo. Nacido en Bós Aires,
retorna a Catoira xunto cós seus pais a finais da primeira guerra
mundial.
Trátase de D. Agustin Isorna Rios conocido
popularmente como "Chichito".
No colexio dos PP.
Mercedarios -Pontevedra- cursa estudos de Filosofía e Linguas
Clásicas e posteriormente, aprende piano, armonía, composición,
paleografía, trascripción, canto gregoriano e especialmente a
polifonía dos séculos XIV ó XVII.
Oficial do exército dende a guerra
civil, isto non impediu a súa dedicación a música aló onde os seus
destinos o levaron. Colaboura coas máis diversas publicacións
de Madrid, Cartaxena, Murcia, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo
e
Pontevedra con una estimable cantidade de artículos de ensaio, crítica e
estudios musicais, firmados ben co seu nome ou co pseudónimo -L.F.
Mayer-. A crítica le calificouno coma un dos máis cultos polifonistas
españois do século XX. O seu arquivo musical ten máis de 4000
partiturasI. Sobresae
entre outros o seu traballo de actualización do Códex Calixtinus de Santiago
de Compostela. Dirixiu -o frente de diversas agrupacións corais- en prácticamente en toda España,
e recibiu os máis
diversos premios, entre os que compre sinalar o Especial do "Concurso
Internacional de Coros de Madrid" (1949), " Internacional de
Palma de Mallorca" (1950).Os seus conciertos foron retransmitidos entre
outras polas seguintes emisoras:
Radio
París, R.Barcelona, R.Mallorca, R.Murcia...
Foi director da Escola de Música e da antiga Coral de Catoira, Director da
Masa Coral Compostelana, Subdirector da Coral Polifónica de
Pontevedra, Profesor do Conservatorio desa mesma cidade, e
Director da Masa Coral "Tomás Luis de Victoria" hasta sua prematura
morte en 1966. |
|
by Eduardo Loureiro Rey
Datos tomados de www.mctomasluisdevictoria.com |
|
|
|
Grupo
de gaitas catoirense "Os Riveiros". Formouse a principios do século
XX e perdurou ata os anos 40. Consta -nos documentos da Sociedade-
(Libro Maior), que a súa primeira actuación
como grupo nas festas, foi no ano 1924, aínda que
posiblemente actuaran tamén en algúnha das anteriores edicións. |

"Os Areeiras" -un dos conxuntos de gaitas locais de máis sona.-
Ista fotografía foi tomada durante unha das súas xiras por Barcelona.
Nela están con un grupo de emigrantes e
empresarios catoirenses residentes na Cidade Condal.(1963)? |
|
"Brisas
do Río Ulla" outro dos históricos Grupos da localidade. Aparece
reflexada a súa primeira actuación nas festas, no ano 1932, aínda que
como no caso de Os Riveiros, puideron ter algunha outra anterior. |
 |
|
Serafín
Vicente, Fernando Casal, Ramón García e Xosé Vicente Ferreirós -"Faíscas
do Xiabre"- Grupo de gaitas a partir do que -tras unírselles Antón Seoane
e Rodrigo Romaní, surxiría o prestixioso grupo de música
tradicional MILLADOIRO.
Para máis información visita: www.milladoiro.com
|
Banda
de Música de Catoira, con Carlos Seráns (director), Alberto García
(Alcalde de Catoira) e Valentín Rey, íste último, impulsor e alma mater da Banda
e de moitas outras actividades musicais desarrolladas na localidade. |
| |
|
|
A Coral Polifónica Raíces, nace
en 1980 froito da iniciativa de varios/as catoirenses que, despois
de
presentarse (e gañar) un concurso de panxoliñas organizado na
localidade polo Coro Parroquial, deciden continuar os ensaios
encargándose dos mesmos Valentín Rey Moure. Iste querendo elevar
a categoría da coral en cerne, propón un troco na dirección e,
quedando él coma subdirector, encárgase a mesma a D. Odilo
González - PP Pasionista que neses intres exerce a sua labor pastoral
na cercana vila de Caldas de Reis. Có P. Odilo ó timón
e tamén coa incorporación de novas voces, a Coral incrementa
tanto o seu repertorio como, se cabe, a súa calidade. |
Grupo
de Gaitas Muiños do Vento, chamados cariñosamente -Os Gaiteriños do Tio Ramón por ser
íste famoso maestro gaiteiro compoñente
do grupo "Os Areeiras", quen os iniciou na arte da gaita, aparte de que algúns deles eran realmente sobriños seus. |
|
No ano 1981
fai a súa primeira aparición pública
-xa como Coral Raíces- cantando a Misa dominical nas Festas Patronais-locais de San
Antonio (Xullo). A actuación é comentada moi positivamente tanto polos
asistentes ó acto como pola "crítica" local. Sucédense os ensaios,
actuacións e recitais que contribuen a "empastar" e consolidar as
voces, o que lles fai acadar un nivel musical máis que notabel.
Compre
destacar as súas actuacións na Xornada Xubilar do Ano Santo en Compostela
(1982), no Festival Coral de Polifonía celebrado en Vigo co gallo
do 150º aniversario do nacemento de J. Bramhs (1983), outras
actuacións en diversas localidades como Lalín, Porriño, Noia, Melide,
Marín, Vilagarcía, etc.
Tras varios
anos baixo a dirección de D. Odilo íste, por motivos profesionais
(vocacionais) vese "obrigado" a exercer o seu ministerio pastoral en
terras bolivianas, non podendo obviamente, atender as labores de
dirección da coral, .... Continuará... |
| |
|
|
Cartel
do Concerto Homenaxe á Coral Raíces o día 17 de Maio de 2007 que foi
celebrado na Igrexa Parroquial de San Miguel e no que actuaron a
devandita Coral Raíces e a Banda de Música de Catoira |