Comunidade de Montes de Catoira

 

 

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Catoira. CIF: G-36054773 - Rúa da Estación nº 17-baixo.

 

Alegacións ao traxecto do AVE presentadas polas CC.MM. de Catoira e Abalo, necesita Adobe Reader

Recurso de Alzada ante a Ministra de Fomento(1) Agosto 2008   

Recurso de Alzada ante a Ministra de Fomento(Anexos)               Carta ao Presidente da Xunta de Galicia

Respostas aos recursos presentados (Setembro 2008)

 

(Descargar Adobe Reader )

 

Plataforma "SALVEMOS A FONTE GAITEIRA"
-Artigos publicados en diversos medios (Por Xosé Ramiro Paz Tarrío)
-Resposta aos concelleiros socialistas/os (Xosé Ramiro Paz Tarrio)

 

ENTREVISTA CO XEFE TERRITORIAL DE MEDIO RURAL (02/08/2011)

 

¡A Lagoa está salvada de Remosil(en principio)!, por desgracia non se puido salvar do AVE: ver Sentencia (Fallo) do TSXG contra Remosil e a súa pretensión de construir un vertedoiro en Pedras Miúdas

 

Los comuneros limpian el vial de San Cibrán a San Salvador y reclaman su pavimentación (Diario de Arousa)

m. angueira > CATOIRA

La Comunidad de Montes de San Miguel de Catoira acaba de acometer, con recursos propios, la limpieza del camino entre San Salvador y San Cibrán, que “estaba prácticamente invadido polas xestas e maleza” desde que fuera arreglado con cargo a los presupuestos de la comunidad en 2007 y 2008. Este vial es utilizado por muchos vecinos que tienen por costumbre ir a la romería de San Cibrán, que se celebró el pasado fin de semana, de ahí que la reparación fuera “urxente”. Para la limpieza los comuneros contrataron un tractor con brazo, con el que, en semanas próximas continuarán realizando tareas de desbroce en otros caminos que llevan a O Pereiro y otras zonas.

La directiva de la Comunidad de Montes considera que el vial entre San Salvador y San Cibrán debe ser asfaltado, ao igual que se fixo con outros camiños da parcelaria, xa que esta vía é moi empregada polos veciños durante todo o ano, sendo un dos camiños máis importantes de toda a parroquia, xa que permite o acceso a centos de fincas”, explican.

Al margen de la limpieza de vías, los comuneros de San Miguel realizan también estos días tareas en la plantación de castaños de los Muíños de Vento, para lo que contrataron un tractor con cadenas. Este vehículo acometerá, asimismo, desbroces en los lugares de Trasdaveiga y O Campo. Otra de las actuaciones impulsadas por este colectivo afectan a las plantaciones de frondosas que datan de 2007, ya que la subvención concedida en su día incluye una prima anual de mantenimiento.

 

BORRADOR DA ACTA da Asamblea Extraordinaria do 9 de setembro do 2006. (Nº 6 /06)

Reunidos os Comuneiros na Casa de Cultura do Outeiriño en 2ª convocatoria, da comenzo a Asamblea cando son as seis e vinte minutos, verificándose que asisten mais de sesenta comuneiros de dereito, e non se da lectura da acta da sesión anterior, xa que tras a repentina dimisión do Sr. Presidente na última asamblea do 11 de marzo, e a posterior salida dos comuneiros da sesión, sen tratar o resto da orde do día, só se elaborou un borrador da acta. Se da conta asimesmo, que a Xunta Directiva recibeu un recurso de varios comuneiros cuestionando os acordos tratados naquela Asamblea.

1.- Consultas e explicación de xestións realizadas.
Comenza a asmblea ca intervención dun comuneiro, lamentándose dos actos de invasión e apoderamento das nosas propiedades polas outras Comunidades.
Intervén o vocal Sr. Ramiro, explicando que os problemas de lindes xa veñen de tempo atrás, de cando se fixo o reparto polo Xurado de Montes, e a parroquia de Catoira non estaba constituida como Comunidade, sendo representada polo Concello, mentras que Abalo e Dimo se adiantaron e sen estar representada Catoira, se fixo un reparto dos montes comunales incorrecto, según o sentir dos comuneiros de San Miguel, do que nacen todos os problemas... Calqueira acción que se intente para un deslinde correcto, é cuestión de xuices, de xuzgados, de investigacións en arquivos históricos, ou sexa de gastar cartos… é  moi complicado porque agora tamén as outras comunidades que colleron supostamente mais monte, se opoñen a devolvelos.

 O ideal sería chegar a un acordo entre as catro Comunidades, que de boa fe se sentaran a dialogar con uns criterios lóxicos e de boa vecindade, tratando de definir os lindes das parroquias, ainda que fora perdendo uns e outros, para poder conseguir un acordo.... O problema pode enredarse coa posta en marcha da concentración parcelaria, que pode complicar ainda mais o recoñecememento e mantemento da propiedade comunal, porque habendo recibido xa unha proposta para concentrar, se nos advirteu que os trozos de monte que poderan estar aislados, non conectados co resto do monte comunal, nos dixeron que si non tiñamos un documento particularizado de propiedad de cada parcela, poderiamos ter problemas, mentras que cando no Xurado Provincial repartiron os montes, nos deron un documento global, no que se recoñecen 200 e pico de hectáreas, sen documentos particulares, deducindo entón que o que non é privado e que non sexa público do Concello, entendemos que ten que ser da Comunidade de Montes. Polo tanto, a concentración parcelaria vainos levar a outro follón… Na comisión municipal de concentración, están varios técnicos e representantes das catro parroquias, aos que se comunicou o desacordo da Directiva coa sua pretensión de pedir título de propiedade por cada parcela comunal.

 A continuación, un comuneiro preguntou polo desenrolo do xuizo sobre a invasión das parcelas en San Cibrán, responsando o Secretario que a Sra. Xuez non considerou ningunha das nosas pretensións, negando inclusive que alí houbera obra algunha e impugnando o proceso por considerar fora de prazo a nosa demanda, contra o criterio do noso letrado… Quen interveu no pleito foi o Sr. cura de Dimo, aportando documentos da Diócesis, que a noso entender fan referencia só os contornos darredor da Capilla.

Intervén outro comuneiro dando a súa explicación a respecto da comisión local que traballa nos estudios de concentración parcelaria, dándolle réplica o Sr. Ramiro sobre a súa presencia ante esa comisión, aclarando que lles pideu as súas propostas por escrito, ao que esa comisión se negaba inicialmente. Afirma o comuneiro que a defensa da propiedade comunal sobre referencias catastrais non é válidable… O vocal Sr. Ramiro indica que se pode propoñer a esa comisión reservar determinados terreos e deixar parcelas fora da concentración, o que xa será labor da nova Directiva.

 O Secretario Luis Rey mostra a proposta provisional de concentración para os montes comunais, que se nos fixo chegar desde esa comisión municipal, sinalando que faltan parcelas, ao cotexar a proposta co listado de catastro, non aparecen precisamente as que mais valen que son as “semiurbanas” e o que non pode facer a Comunidade e renunciar a elas… Polo tanto, non se pode admitir que digan estas parcelas si estas non, estas valen estas non… Teremos que pedir explicacións a esa comisión sobre os criterios que siguen  nos seus traballos de concentración… Certo que este é un proxecto que vai para longo, e o que se trata é simplemente dar explicacións aos comuneiros sobre as xestións que se foron facendo desde a última asamblea, sobre o tema da concentración e outros asuntos.

 De novo se aborda o litixio das parcelas comunais de Catoira en San Cibrán, opinando o Sr. Ramiro que hai que buscar o mellor momento para recuperar ese momento, evitando una dinámica de recursos, abogados… Se puxeron denuncias, se demandou xudicialmente e non funcionou, polo que recurrir a sentencia negativa do interdicto posesorio non ten garantías de gañarse, habendo a posibilidade de reclamar na via civil a través de unha reclamación da propiedade e procedendo a un deslinde.

Os membros da Directiva advirten que según o consello do abogado, si se recurre a solución do interdicto, hai posibilidades de perdelo e gastar mais cartos, polo que é preferible que os comuneiros o pensen detidamente si se debe recurrir, habendo outras acccións que se poden interpoñer na xustiza.

 Un comuneiro pide que se aclare cal é a nosa opinión sobre o tema e o Sr. Ramiro explica que si o Concello de Catoira no 2004, ao non ter licencia esas obras de S. Cibrán tal e como a Comunidade denunciou, as houbera parado e advertido que obrasen nos terreos que non estaban en disputa, pero lles permiteu facer unhas obras sen permiso, sen proxecto, e sen a licencia da autoridade superior que requería, e ainda por riba lles dou unha subvención de 2000 Euros para os gastos que tiveron da pala, entón o Concello fixolle un flaco favor a Comunidade de San Miguel.

Era un momento bo para decilles: “parade, a maioría dos veciños de Catoira din que o que está a este lado do rio é de Catoira, había que parar aquelas obras…”, aínda que certamente o Concello non é a entidade que poida obligarnos ás Comunidades a chegar a un acordo, pero si pode promover que nos sentemos e que como personas tratemos de darlle a cada Comiunidade o que lle corresponde, fixando uns criterios… por exemplo as caídas de augas, pero esto non está só nas nosas mans, senón dfas catro comunidades, … o que non pode ser e que polas bravas, sen permisos…

 A Sra. Xuez di que a obra fundamental en S. Cibrán foi feita no 2004 e a Directiva presentou o recurso no 2005. Aclara o Secretario, que hai dous informes periciais que aclaran cando se fixeron as obras, pero a Xueza non os considerou. A Directiva mantén que o mais prudente é non recurrir esa sentencia.

O Secretario explica que sobre a xestión forestal do monte, hai dous convenios en vigor, polo que esa madeira será vendida pola Consellería, correspondendo un 70% do valor á Comunidade e o 30% á Administración. O resto da madeira haberá que sacala a subasta, pedindo antes os permisos para cortar. Temén sería conveniente facer un plan técnico para xestionar debidamente o monte comunal, determinando con criterios técnicos como se debe proceder para repoblar o monte. Alguén pregunta para aproveitar a madeira queimada do monte para uso particular, aclarando que se aproveite polos veciños os sobrantes das cortas, o que se comunicará debidamente.

 A continuación decídese non recurrir a sentencia negativa de S. Cibrán, o que aceptan tódolos comuneiros, polo que se comunicará ao abogado para que non recurra.

2.-  Presentación da dimisión dos membros da actual Directiva.

 O Sr. Ramiro comunica que os membros da actual Directiva presentan a súa dimisión, porque na situación actual non se pode continuar por mais tempo, despois dos percances e reveses que padeceu a Directiva a raiz da última asamblea.

Se solicita aos comuneiros presentes que expoñan as súas observacións ou críticas con respecto a xestión da Directiva Sainte, manifestando algúns comuneiros e comuneiras mostras de respaldo e aprobación sobre ese periodo.

 3.-  Elección de nova Xunta Directiva.

 Explica o Secretario que neste punto, conforme a normativa, teriamos que baixar da mesa e constituir unna mesa electoral, nombrando ao comuneiro mais vello e ao mais novo, pero si todos están dacordo, farémolo mais rápido porque na convocatoria de asamblea que se enviou ás casas, se pedían candidaturas para dirixir a Comunidade, a recibir ata o día 8, pero non se recibiu ningunha outra.

 En días pasados, se falou con varias persoas para ver si se podía completar unha Directiva con parte dos membros que estaban, e foi unha grata sorpresa, porque varios comuneiros decididamente se prestaron a botar unha man, o que anima moito aos que estabamos a continuar, sabendo que non é fácil conseguir unha Directiva, e mais ca situación do monte en Catoira despois dos incendios. Polo tanto, a única candidatura presentada é a que sigue:

Presidente: D. Luis Miguel Rey Lajos, Vicepresidente: D.Albino Miguéns Loureiro, Secretario: D. José Ramiro Paz Tarrío. Tesoureiro: D. José Mariano Romero Blanco. Vocal 1: D. Manuel Quintas Conde. Vocal 2: D. Manuel López López . Vocal 3: D. José Correa Abuín. Vocais suplentes: D. Manuel Cándido Isorna Castro. D. Francisco García Ferreiros e D. Bautista Lorenzo Ríos.   

 A candidatura é recibida con un gran aplauso polos comuneiros presentes, sendo aceptada por aclamación de tódolos comuneiros sen excepción ou abstencións.

Por último o anterior Secretario, comenta a proposta dunha comuneira de poñer unha cadea con chave para acceder á canteira, porque as grandes pedras que se puxeron impiden o paso e o outro sería mais práctico, aceptando ter unha chave a Comunidade

 4.-  Rogos e preguntas.

Aínda que este punto non corresponde nunha asamblea extraordinaria, se solicita aos comuneiros que se pronuncien, pero non habendo, retíranse os asistentes cando son as sete media da tarde.