Idade Media ( 476- 1453)

 
     
 

ÉPOCA SUEVA

 
 

ARQUEOLOXÍA (Sarcófagos)

 
 

FINCA DA CAPELA

 
 

MOEDA

 
 

TORRE DE BARRAL

 
 

Á PONTE VELLA

 
 

LÁPIDA MEDIEVAL

 
     
     
     
     
 

Época sueva

Os suevos pertencían ós pobos indoeuropeos que penetraron no Imperio Romano no ano 409, asentándose en Galicia, aínda que anteriormente interviran como colonos e soldados en terras do imperio. Como consecunecia das invasións prodúcese unha xerminación do Imperio, pero aínda continúa existindo como tal ata o ano 476 en que, de maneira oficial dase por rematado o Imperio Romano e con él a Idade Antiga para dar comenzo á Idade Media.

O sistema de gobr¡erno dos suevos era a monarquía hereditaria, as súas leis transmitíanse oralmente e basábanse nos costumes. Permitiron que os galaicos seguisen aplicando ás súas leis é só interviñan cando había un litixio entre un galaico e un suevo.

Respetaron a propiedade privada e os costumes da terra, aínda que practicaban o pillaxe con frecuencia e só foron despoxados das súas terras algúns grandes propietarios.

Preferían vivir no campo, entre os pequenos propietarios. Estes aceptáronnos fácilmente xa que os libraron das fortes cargas fiscais romanas.

O dominio suevo abarca tres etapas:

A primeira foi de expansión e comprende dende o seu primeiro monarca, Hermerico, no ano 412, ata a derrota e morte de Reckiario no ano 456.

A segunda etapa é de anarquía, cisma e perigo de desaparición sendo delegados dos visigodos, do 456- 559.

A terceira iníciase cun intento de rexurdimento e fusión cos galegos, pero son sometidos polos visigodos á mando de Leovigildo no ano 585.

Estos pobos, a parte da lingua e dos costumes diferentes, tiveron un problema ó comenzo para a integración coa poboación autóctona. Foi o problema relixioso. Os galegos eran católicos, os suevos eran arrianos (cristianos que non creían na natureza divina de Cristo), aceptaban a herexia de Arrio. Cando se produce a conversión dos suevos ó catolicismo, a fusión de ambos pobos foi moi profunda.

O influxo dos suevos para algúns historiadores supuxo o nacemento da nación galega (Manuel Murguía).

Vicente Risco tamén sostén a importancia do período suevo, por se-la primeira experiencia dun estado independente en galicia.

Actualmente, considérase que o seu papel non foi o motor dos cambios trascendentais senon que, soamentes motivou unha serie de transformacións no interiorda sociedade galega.

 
 

Arqueoloxía

sarcófagoNeste período sitúanse os chamados sarcófagos de estela, moi abundantes nas necrópolis altomedievais galegas e que presentan unha cronoloxía moi problemática. Así, mentras uns investigadores, Padre Sarmiento, considérannos de época sueva, outros como Valle Pérez, recordan que a decoración de estelas efectuouse durante a Alta Idade media chegando incluso á Época Romana.

A cronoloxía máis aceptada concrétase entre os séculos VI- IX, realizada por Nuñez Rodríguez.

En Catoira os restos da época xermánica correspóndese cunha necrópolis situada en San Salvador, onde parece probable a existencia dunha poboación pobre con rasgos acusados de primitivismo, a xuzgar polos restos atopados.

Un feito certo é que a maior parte da necrópolis surxe en puntos onde anteriormente houbo un hábitat romano, posto que son enclaves que mantiveron a súa continuidade durante a Alta Idade Media, co desenrrolo dunha interna actividade ... como sucede en Catoira.

 
 


FINCA DA CAPELA



Localización: Aragunde (Catoira de Arriba).

Coordenadas: 42º 39' 48'' latitude N. 8º 42' 43'' lonxitude O.

Acceso: estrada comarcal 550, no Km 9,5, frente ó Concello, cóllese un desvío a esquerda que nos leva a Catoira de arriba, lugar de Aragunde, onde se atopa este xacimento.

Adscrición cultural: Alta Idade media.

Adscrición tipolóxica: funerario.

Descrición: necrópolis paleocristiana. Baquetón que forma a doble estola bastante rebaixado, presenta a novidade de remata-los brazos nunha especie de rodeciñas ou discos. Na zona da cabeceira aparece entre éstos unha silueta similar á da cachola e hombros dunha figura humana. Na parte inferior unha larga folla sobre un círculo.

Referente ós sarcófagos, un deles carece de decoración, o outro de oco rectangular mostra no frente da súa cabeceira , esculpida en alto relevo, unha gran cruz latina con ensanchamento cara os extremos dos brazos. Na unión destos sobresae un oco con alveolo como se recibira algunha incrustación ou recheo (este sarcófago atópase depositado no Museo de Pontevedra).

O xacemneto recibe este nome debido a que se atopa nunha fica particular cerrada por un gran muro de pedra. A forma do xacemento é descoñecida, tendo que remitirnos a súa forma actual, que é triangular.

 

 
 


MOEDA


As acuñacións suevas tiveron lugar ó longo dos ríos Sil e Miño, aproveitando, sen dúbida, os arratres auríferos destes ríos.

Estos talleres, posiblemente ambulantes, moitos deles adscritos a funcións fiscais dos municipios e con acuñación defectuosa e de difícil interpretación das súas lendas, perviviron ó ser conquistado o reino suevo polos visigodos, pois son coñecidas moedas de ouro visigodas, correspondentes as localidades xa da Galicia actual, xa da Galicia Histórica do reino suevo, como Catora (Catoira).

O numismático Alois Heiss na súa obra "Descripción generale des monnaies des rois Wisigotts dÉspagne", ubica en Catoira unha industria de facer moeda.

 

 

 
 


TORRE DE BARRAL

Localización: Barral.

Coordenadas: 42º39' 59'' latitude N. 8º43' 05'' lonxitude O.

Acceso: estrada C- 550 de Pontecesures a Vilagarcía, á altura do Km 9, frente a igrexa parroquial de San Miguel, cóllese un cruce á esquerda que leva ó lugar de Barral.

Adscrición cultural: Medieval.

Adscrición tipolóxica: sen determinar.

Descricicón: trátase dun edificio con forma trapezoidal alargado.

Dimensións: 26, 5 m. no seu eixe maior.

2- 7 m. anchura.

Hai tres muros diferentes:

O primeiro cerra a edificación a unha altura media dun metro.

O segundo muro, interior (posiblemente unha división) ten a mesma altura e o seu ancho é o doble do anterior.

O terceiro, exterior e posterior ó edificio, duns 60 cm. de ancho e uns 70 cm. de altura.

 

 
 


A PONTE VELLA


Localización: San Miguel de catoira.

Coordenadas: 42º 40' 07 '' latitude N. 8º 43' 02'' lonxitude O.

Adscrición cultural: Medieval, séculos IX- X.

Adscrición tipolóxica: obra de carácter público.

Descrición: ten dous arcos, sendo máis alto o que se atopa no centro, o que fai pensar que noutro tempo puido ter outro arco máis.

O lado do arco pequeño ten dúas aberturas cuadrangulares de gran tamaño, que serven de canalización da auga para un molino próximo.

Segundo Elisa Ferreira Priegue, na súa obra "Los caminos medievales de Galicia":

- "Podemos dar por seguramente medieval el camino real costero que enlazaba las villas de la ría rosana e iban a Cesures por Bamio y Catoira. Por él se iba a las Torres de Oeste, la gran fortaleza costera que defendía la boca del Ulla y donde se cobraba un portazgo del que, Fernando II exime en 1164 a los vecinos de Padrón, salvo en el pago de la sal y el pescado".-

 

 
 


LÁPIDA MEDIEVAL


Os restos dunha lápida, foron hachados ó desfacer unha casa en Catoira de Arriba, cerca da finca da capela, xunto con outra lápida da época romana.

Parece ser un fragmento da parte superior dereita, que a súa vez está partida á mitad.

Inscrición, en latín, consérvase bastante ben, aínda que é moi pequena a parte grabada. Todavía en estudio.

Atópase depositada no Museo de Pontevedra.

 

 
     
 

Índice Xeral

 
     
     
 

© E.L.