| |
 |
|
| |
Mamíferos
Autor: Mario Gómez Penide |
|
| |
|
www.catoira.net |
|
|
| |
|

Nome galego:
Rata de auga ou rata augadeira.
Identificación: Entre 12 e 20 cms. Un peso entre 80-180
grs. É inconfundible. A cor vai dende pardo amarelento a case negro. O
rabo é máis largo que a metade do corpo, as orellas tenas ocultas pola
pelaxe.
Reproducción: Aparease entre marzo e octubre, a preñez
tena os 21 días aproximadamente, ten ademais entre 3 a 4 partos o ano e
trae entre 2-10 crías que se independizan as catro semas.
Inimigos: Aparte do home ( estas ratas son moi
beneficiosas nos ríos e non teñen nada que ver coas ratas caseiras) o
seu inimigo natural son as aves ( curuxas, mouchos, etc.) , a lontra,
teixugo , a marta e as xenetas.
Alimentación: Preferentemente aliméntase de herbas e
tallos novos. Come vexetación acuática, fentos, tallos novos de herbas,
xuncos, raiceiras, plantas acuáticas flotantes, etc. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego:
Ourizo cacho. Ourizo Cacheiro, Porco Espiño.
Dimensións: Entre 20-25 cms.
Un peso ata 1 kg.
Identificación:
É inconfundible, enrolase como unha pelota cando é descuberto. deixando
toda a parte de fora uns pinchos ou púas que realmente fan dano (as púas
teñen entre 2 e 3 cms. de lonxitude. Precisa dun territorio de 4 Ha.
Vive de 7 a 10 anos.
Reproducción: O celo vai de abril a octubre. A xestación
son 33 días, e os partos teñen lugar de amaio a octubre entre 2 e 7
crías, 5 de media, e con 1 ou 2 camadas o ano. O peso o nacer é de 11 a
25 grs., pasando rapidamente a acadar ata 400 gramos coa chegada do
inverno, para sobrevivir a hibernación. As femias coidan da proxenie
durante dous meses aproximadamente.. Ás crías, as espiñas duras
aparécenlles ó terceiro día de vida, abrindo os ollos ás dúas semas. A
madurez sexual acádase ós 10 meses.
Hibernación : Hiberna cara a novembro en túneles,
madrigueiras e tobos, casas derruídas con orientación o sur; quere dicir
que no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no
interior ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar
engordan moito, logo viven un pouco de rendas. De tódolos xeitos todos
os hibernantes espertan de vez en cando, e de seguido volven a durmir.
Inimigos: Dende o moucho e a curuxa ate o raposo, incluso
o xabarín se atreve con el. Tamén, hoxe, os coches, xa que morren
moitísimo nas estradas galegas. Curiosamente morren máis machos na
primavera e máis femias no outono. Os nosos cans de palleiro tamén se
atreven con el, inda que salga picado.
Alimentación: Preferentemente
aliméntase de caracois, limigochas, lombrices de terra ou miñocas, e
todo tipo de insectos. Tamén come ovos de aves e froitos varios (rara
vez).Come tamén champiñóns. Pode capturar cóbregas, das que atura o
veleno. Gústanlle as lagartixas. Fundamentalmente é nocturno, inda que
pode ser visto tamén no solpor e no amencer.
Hábitats: Presente hoxe en
tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non
sexa un mamífero ribeiriño, pero dende logo, gústanlle os ríos e os
regatos. Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en áreas de
cultivo e labradío. É común en zonas suburbanas, así como preto de vilas
e aldeas. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego: AUGANEIRO,
FURAPRESAS, AUGANEIRA, TOUPEIRA DE AUGA, RATO ALMISQUEIRO, TOUPA DE RÍO.
Dimensións:
Entre 11 e 13.5 cms. sen contar a cola que pode botar ata 15 cms. Pesa
entre 50 e 80 gramos.
Identificación: É
inconfundible: ten un fociño longo aplanado e ancho. A cola está
adornada con flocos de pelo. A cola parece a de un rato realmente. Os
pes teñen entre os cinco dedos, membranas interdixitais apropiadas
para nadar. As patas traseiras están máis desenroladas. Ollos moi
pequenos e non se lle ven orellas. Por suposto tenas escondidas e sen
pavillón. Nada polo fondo do río con moita rapidez. O pelo é espeso, moi
peludo e con aspecto brilante. O pelo das costas e os lados varía de
castaño escuro a gris, e no ventre soe ser de cor crema. Os pelos ou
bigotiños da trompa son fundamentais xa que este animal caza polo tacto,
que é un sentido máis agudizado que ten. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego: Lontra, lontrega.
Dimensións: As diferencias por sexo son acusadas, as
medidas corporais dos exemplares adultos son de 60,4-75,0 cm. para os
machos, mentres que para as femias é de 59,0-71,0 cm.
Identificación: Trátase de un
mustélido de corpo alongado e extremidades proporcionalmente cortas. A
cabeza é anca e aplanada, sen que se aprecie un pescozo diferenciado.
Ollos, oídos e orificios nasais encóntranse desprazados cara a parte
superior da cabeza. A cola é ancha e aplanada na base, e aguzada no
extremo. Posúe cinco dedos unidos por unha membrana interdixital ben
evolucionada, tanto nas extremidades anteriores coma posteriores. A
pelaxe é de cor castaño ou pardo con diversos tons; no pescozo e parte
superior do peito destaca unha mancha ben diferenciada de cor mais
clara.
Reproducción: Pode reproducirse durante todo o ano en
función da dispoñibilidade de recursos no medio; a xestación dura entre
61 e 63 días, tralos que soen nacer entre unha e catro crías. A súa vida
media oscila entre os tres e os catro anos podendo alcanzar 14 e 16
anos.
Inimigos: A contaminación, a contaminación dos seus
hábitats e a sobreutilización dos recursos hídricos. É dicir o principal
causante da regresión desta especie en Galicia é o home.
Alimentación: Case que a
totalidade das súas presas teñen hábitos acuáticos ou semiacuaticos,
sendo capturadas na auga ou moi preto dela. Come principalmente peixes,
cangrexos, anfibios e culebras de auga, aínda que tamén comen pequenos
mamíferos, aves, reptis e insectos.
Hábitats: Vive en todo tipo de ambientes acuáticos
continentais o suficientemente ben conservados, e no litoral atlántico. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego: Teixo, Porco
Teixo. Teixugo.
Dimensións: Entre 60-90 cms.
Un peso entre 7 y 13 kg.
Identificación: É doado de identificalo, na cabeza ten
bandas brancas e negras, únicas. As orellas ten rebordes brancos, as
patas e o abdome son negros, o lomo gris prateado, as patas dianteiras
teñen uñas moi largas. É plantígrado. Inconfundible. Parece un pequeno
oso, pero tamén pode compararse a un peludo cocho, de feito fai uns
ruídos característicos.A súa pelaxe é marabillosa, e empregábase non fai
moito para facer brochas de afeitar. Ten uñas poderosas. Con elas escava
profundas covas.
Reproducción: O celo vai de febreiro a octubre., pero
sobre todo marzo , abril e maio. A preñez e un tanto variable sobre 60
días. Trae o mundo entre 1 e 5 conxéneres. Son crías núas e cegas con
pelaxe blanquecino, e que abren os ollos os 30 días. Son amamantadas ata
os 3 meses.
Inimigos: Moitos entre eles o home. Pode ser presa de
grandes mamíferos, como o lobo e o zorro, de feito apareceron restos de
teixugo en estómagos destes mamíferos.
Alimentación: É
omnívoro, come animais como lombrices, caracois , ras, pequenos
mamíferos, carroña, raíces, bulbos, froita, en fin un pouco de todo.
Gústanlle as castañas.
Hábitats: Habita en bosques
de fronda e mixtos, é solitario, defeca sempre nos mesmos lugares e vai
sempre polos mesmos sendeiros polo que é doado dar con el. Escava
numerosas madrigueiras na terra que son usadas pola familia. Toma
parella para toda a vida. Hiberna.
Curiosidades: O Teixugo é un "bo vividor", de feito as
súas madrigueiras teñen de todo: son varias galerías moi complexas,
entre catro a oito saídas. As cámaras de reposo están a metro e medio de
profundidade. Xeralmente as covas do teixugo desembocan en auténticas
covas naturais. Nos seus sonos invernais, que poden durar varias semas
vive das reservas de graxa acumuladas durante o outono.O teixugo
tratouse de domesticalo, pero seica é un pouco testán e non deu
resultado. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego: Doniña, Donicela,
denosiña, gonicela, donosiña, garridiña, dona das paredes.
Dimensións:
Entre 17-23 cms. Con un peso entre os 40-170 gramos. A verdade é que
se trata dun mamífero máis pequeno de Galicia e de Europa. A cola ten
máis de 5 cm. Merece a pena atopalo e observar os seus movementos. Son
fermosos. É moi inquieta, moi vivaz. Pode ter o pelo máis claro, segan a
época.
Identificación: É máis doado
velo que outros mamíferos xa que caza fundamentalmente de día.A súa pel
é por riba de cor pardo, e branco por debaixo. O rabo é pardo sen punta
negra, o que o distingue do armiño, inda que a donicela é moito máis
pequeno.
Reproducción: Están de celo todo o ano. A preñez dura
entre 33-36 días e ten 1 a 2 partos o ano.Nacen entre 4 e 7 crías núas e
cegas, que se van independizar xa os catro meses aproximadamente.. O
macho non participa na cría.
Inimigos: Moitos entre eles o home. Pode ser presa de grandes
mamíferos, como o lobo, pero non é normal. Trátase dun mamífero que é
moi difícil de vencer. É moi fero e aguerrido. Pódelle sorprender
calquera rapina nocturna, de feito ten aparecido na dieta do Tyto Alba (curuxa
común). A súa esperanza de vida é de 2 a tres anos moi pouco.
Alimentación: É un cazador
nado, na súa dieta atópase todo tipo de ratos, topiños, etc. A veces
tamén como ovos, paxaros e insectos, inda que moi raramente.
Hábitats: Habita en
tódolos lugares, incluído as zonas cultivadas. Eso si escapa dos ríos. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Dimensións:
Peso entre 10 e 12 grs..
Identificación: É inconfundible: ten un fociño longo. A
súa cor é negra con matices brancos.
Alimentación:
Preferentemente invertebrados, lombrices e ocasionalmente peixes moi
pequenos.
Hábitats:
Presente en algúns ríos galegos de augas limpas, vive sempre preto da
auga, en zonas de lameiros asolagados e correntes de auga con vexetación
baixa. É un animal perfectamente adaptado para natación e o mergullo
(que é o acto de mergullarse , é dicir, meterse baixo auga como quen no
quere a cousa).
Reproducción: Está en celo no verán. O celo e o parto van
de abril a setembro. A xestación dura 22 días, parindo de 3 a 8 crías,
con dúas camadas ó ano. Os novos non se reproducen ata o ano seguinte do
nacemento. A lonxevidade é de 14 a 18 meses, morrendo normalmente no
segundo outono da súa vida. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego:
Coello, conexo.
Dimensións: Lonxitude de
entre 34 e 35cm; e un peso que varía nas dúas subespecies existentes na
Península a O. c. Algirus (0.90-1.34 kg) e a O. c. Cuniculus
(1.50-2.00kg).
Identificación: O igual
que tódolos lagomorfos, presenta potentes extremidades traseiras
adaptadas para a carreira, grades orellas, aínda que menores que as do
xénero Lepus (lebres), cunha coloración uniforme (as lebres presentan
unha coloración negruzca na parte distral das orellas). A súa pelaxe
mostra variacións en tons pardos e grises, destacando claramente o
branco da parte interna da cola, sen unha mancha negra tan claramente
definida coma no lepus.
Reproducción: É das
poucas especies de vertebrados nos que a femia pode estar receptiva todo
o ano. O período reproductivo do coello depende da calidade e abundancia
de pastos, e polo tanto da tempada e intensidade das choivas. A
reproducción soe acontecer entre novembro e xuño, aínda que existen
casos descritos nos que o período reproductor pode ser moito mais longo.
Tras unha curta dependencia materna (20-30 días) os gazapos nacidos (de
3 a 6) adquiren a madurez sexual en poucos meses. As femias poden entrar
nun novo celo mentres amamantan a unha camada anterior, polo que son
posibles ata 12 camadas ó ano, aínda que o normal é que se produzan
entre dous e catro.
Alimentación: Algúns
estudios demostran que o coello é capaz de acomoda-la súa dieta en
función da dispoñibilidade resultante da competencia có resto de
herbívoros da zona onde habitan. E xeral seleccionan moi positivamente
as compostas, leguminosas e gramíneas vivaces de escasa talla e con
tendencia a formar céspedes.
Trátase dun
animal típico en Galicia nos nosos montes, preto ou non dos ríos.En
tempos abondaba moito máis que hoxe, a caza sen dúbida afecta moitísimo
a esta especie, inda que os seus problemas principais son os incendios e
as enfermidades. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego: Esquío , Esquiu,
esquivo , arda.
Dimensións: Entre 20-25 cms.
Un peso entre 230-450 grs.
Identificación:
É inconfundible, o seu rabo peludo no deixa lugar a dúbidas. Sempre
subida polos árbores, gatuña sen parar. É moi observadora e gústalle
dominar o bosque coa mirada, deixase ver , nunha palabra. Ten dúas
pelaxes: a roxa e a gris.
Reproducción: Aparease entre decembre e maio, a preñez
tena os 38 días aproximadamente, ten ademais entre 1 a 2 partos o ano e
trae entre 2-5 crías, núas e cegas que abren os ollos o cabo dun mes,
son amamantadas durante dous meses e logo independízanse. O niño faino
nas copas dos árbores sobre todo dos pinos. O niño ten sobre 30 cms de
diámetro e está formado por polas, herbas e mofos, é bastante
consistente.
Inimigos: O seo inimigo natural é a marta.
Alimentación:
Preferentemente aliméntase de sementes das árbores, conchos, baias,
tallos e tamén algún insectos. Gústanlle moito os piñóns, tamén as
castañas, cogumelos, codias, xemas, gromos, caracois, insectos, ovos e
polos de aves.
Hábitats: Presente hoxe, ano
2000, en tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda
que non sexa un mamífero ribeirego, pero dende logo, gústanlle os ríos e
os regatos. Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en xardíns e
parques. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego: XABARÍN, PORCO
BRAVO, PORCO FERO.
Dimensións:
Entre 1,10 y 1,80 de lonxitude cun peso entre 50 e 180 kg. O peso
medio é de 90 kg. nos machos e 60 kg. nas femias. A femia é menos pesada
e ten o fociño moi puntiagudo e dende logo distinto.
Identificación: É o antecesor
do porco, pero dende logo é moito máis esvelto. Ten moitas máis
diferencias. É inconfundible e único, o macho é moito máis grande ca
femia, ten unha gran cabeza cónica, con pilosidade cerdosa, a coloración
está entre negruzco e ocre. Ten unhos colmillos que son auténticas
navallas. Compacto, macizo, bo oído, bo olfacto e vista mediocre. Ten
todo o corpo cuberto de espesas cerdas moi fortes. Os animais xóvenes
teñen unhas raias lonxitudinais e orellas tesas. Chámanse raións, polas
súas raias.
Reproducción: O celo vai de novembro a xaneiro, con 4 o 5
meses de preñez, e poden vir ata 12 crías, que abandonan a parideira xa
na primeira sema, seguen a nai e son amamantados tres meses.
Inimigos: Ten moitos inimigos, dende o home ata o lobo que
se atreve con estes mamíferos. De tódolos xeitos vai moi para arriba xa
que lobos cada vez hai menos, e monte sen traballar cada vez hai máis.
Loxicamente os incendios non lle gustan. Deféndese encarnizadamente, e
as veces fai puré dos cans que se descoidan e incluso lobos. Calcúlase
que morren un 80% dos machos pola caza e un 60% as femias.
Alimentación: Aliméntase de
todo, pero o que máis lle gustan son os vexetais da estación, así na
primavera consume plantas herbáceas, landras , raiceiras, insectos, etc.
No verán sigue coas plantas, landras, millo, insectos. E no inverno o
anterior máis castañas e vellotes. O que máis lle gustan, polo menos en
Ourense son : as castañas, vellotes, uvas, centeo e millo.
Hábitats: Presente hoxe en
tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non
sexa un mamífero ribeirego, pero dende logo, gústanlle os ríos e os
regatos. Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en áreas de
cultivo e labradío. Hoxe prolifera moito xa que hai unha despoboación do
home que o favorece. Así aparece en bosques de caducifolio como piñeiral,
así como touzas e áreas de mato alto, onde o animal se desenvolve
esplendidamente. O monte actual, alí onde non se queima, é o lugar
idóneo para esta especie. Normalmente son gregarios, salvo algún macho
moi vello que pode andar solto. Van en grupos de 6-10 animais. Chámanse
neste caso piaras.A súa actividade é diúrna e nocturna. No verán gustan
de traballar pola noite. Así dormen polo día e o no solpor comezan a
buscar os seus alimentos. Nestes intres fan auténticos desastres en
algúns lugares. No inverno fan máis ben a súa labor de día. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Nome galego: Raposo, Golpe, zorro
Dimensións: Pode botar sobre
70 cms. de lonxitude. A cola máis de 40 cms. e a altura 35 cms.O seu
peso medio é de 7 kg.
Identificación:
É inconfundible. A súa cor oscila entre tons pardos e grises. As
partes inferiores e xeralmente o extremo da cola son brancos. As patas
son cortas, a cola moi alongada. Fociño puntiagudo, orellas ergueitas e
ollos oblicuos. En realidade trátase dun pequeno can, de feito é un
cánido, de fociño puntiagudo, grandes orellas e cola larga e espesa.
Alimentación: O raposo come
de todo e come o que pode e lle deixan. A súa especialidade son as
galiñas, pero vaille todo, ratos, ratas, toupas, todo tipo de paxaros,
etc. Ultimamente alimentase moito de carroña, animais mortos, coellos
enfermos e un longo etc. Non despreza, as veces, baias e froitas.
Hábitats: Presente en todo
tipo de terreos. Nótase que ten poucos depredadores ou non abundan moito.
Efectivamente o lobo e o lince practicamente non existen e o raposo
campa por tódolos lugares de Galicia. É o amo.
Reproducción: Os raposos teñen unha soia camada o ano. O
celo comeza no inverno, os berros do macho responden as femias cós seus
dende decembro ata febreiro. A xestación dura 53 días aproximadamente e
a camada oscila entre 3 a 7 xóvenes. Os zorriños nacen cegos e xordos e
están cubertos dunha pelaxe pardo grisácea que a quinta sema se converte
en roxa. A familia emancípase no outono. Os machos nese momento vanse,
non así, por regra xeral a femia. A esperanza de vida do raposo é dun
ano, inda que poden vivir entre 8 a 10 anos. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|