HISTORIA DA SOCIEDADE DE
S. ANTONIO DE PADUA |
||||||||
|
||||||||
| Inmediatamente
únenselle varios xoves - Claudio Figueira, Serafín
Conde, Manuel Touriño y Luciano Abuín- eacordan fundar unha
Sociedade que teña ó seu cargo todo o relacionado coas
festas. Máis tarde redactan un Reglamento polo cal
deberá rexirse a mesma e cuia cláusula principal
referíase a obrigación de satisfacer unha cuota
mensual. Desgraciadamente este Reglamento non se
conserva. No ano 1914, outros socios abren uns Libros de contas -estes sí se conservan-, que nos permiten seguir con gran precisión o desarrollo económico da Sociedade así como os presupostos das Festas e demáis operacións
contables.No 1916 elíxese presidente a Jóse Mª Moure Cancelo (na foto), que desenpeñará o cargo, de maneira exemplar, ata o ano 1956 no que se designa para sustituilo -por razóns de idade- a José Rey Moure -neto do anterior-, con él a Asociación toma un novo impulso e, entre outras medidas, proponse a creación da primeira Xunta Directiva así como o establecimento dun réxime de sesións para trata-los asuntos que atinxen a Sociedade os cales, quedarán reflexados nos correspondentes Libros de Actas que dende 1958 ata hoxe, se levan con dilixencia polos Secretarios de cada unha das diferentes Directivas. Nestas sesións vanse perfilando uns Estatutos polos que se rexirá a Asociación, o que leva a que no ano 1981 se inscriba a mesma no Rexistro Provincial correspondente. Continuará...... |
||||||||
| Voltar | ||||||||
| Ver Libros | ||||||||
© E.L. |
||||||||