| |
|
Asociación San Antonio de Padua (www.catoira.net) |
|
|
| |

Nome científico: Acacia Dealbata Link.
Orixinaria de Australia. Trátase dunha especie invasora.Introducida como
ornamental.
Nome galego: Mimosa
Nome castelán: Mimosa común.
Dimensións: Ata 20 metros de
raíces oblicuas.
Identificación: Non ten problemas de identificación cando
está en flor. Si non
está en flor xa é máis difícil.
Hábitats: En
Galicia é invasora de todo o litoral, así como as provincias da Coruña e
Pontevedra, ademais de pode-la ver o longo do discorrer dos nosos ríos.
Flores: Flores
amarelas moi vistosas e tamén moi olorosas.Florece entre xaneiro e
febreiro.
Froito: O
froito é unha legume, parecen fabas.
Tronco: Irregular a cortiza é verde -azulada nos
exemplares novos, gris ou negra nos adultos.Copa esférica e irregular. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico: Adenocarpus
Complicatus.
Nome galego:
Piorno, codeso.
Descrición:
Bractéolas de 1 mm. ou menos, lineares, as veces ausentes. Cáliz de 5-8
mm.. Arbusto de ata 4 metros, con ramiñas estriadas e follas trifoliadas
sedosas, con pelos saíntes. Folíolos de 5-25 mm., lanceolados. Flores
amarelo - alaranxadas de 1 - 1,5 cm., en ramalletes finais. Florece
dende maio a setembro.
Bioloxía:
Estandarte sedoso. Froito de ata 45 x 6 mm., oblongo, con nódulos
glandulares. Moi variable. Dáse moito en todo tipo de bosques, camiños,
por suposto preto dos ríos. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico: Anemone
nemorosa.
Nome galego: Mapola silvestre.
Descrición: Herba perenne de la familia de las
Ranunculáceas
de hasta 30 cm. Tallos erectos que xorden de un largo rizoma
reptante. Cada un deles presenta en la parte superior una única flor de
hasta 4 cm., con 6-7 tépalos de color blanco, con tintes rosados o,
menos frecuentemente, púrpura. Flores caulinares en verticilos de tres
palmato divididas y con segmentos lobulados. En bosques húmidos |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome
científico: Arenaria Montana.
Nome galego: Arenaria.
Descrición:
Planta ergueita, con talos que chegan a 30 cm. e que levan varias flores
de 2 cm. de ancho. As flores son blancas. Florece na primavera e parte
do verán.Prefire bosques e terreos areosos, pero pódese atopar preto dos
ríos. Leva cinco sépalos e cinco pétalas brancas redondeadas. As sépalos
levan un nervio, e son ovales. Cada flor leva dez estames e tres
estiletes. As follas son estreitas de 2 cm. de longo e van opostas.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome científico:
Arum Maculatum.
Nome galego:
Xaro.
Descrición:
Unha planta que se distingue moito a beira dos ríos galegos. É moi
bonita.De 25-40 cm. con tubérculo horizontal de 2 cm. De 25-40 cm. con
tubérculo horizontal de 2 cm. As flores son bastante características e
semellan un racimo pequeniño, ten máis ou menos un centímetro. As súas
follas semellan lanzas e pasan de 20 cms. Florece na primavera e no
verán xa están maduros, que son redondiños e roxos como se ve na
fotografía. Os frutos son algo pezoñentos. Ten moitas cualidades
medicinais: catarros, expectorante, as follas frescas para as
queimaduras, incluso os tubérculos pos callos. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome
científico: Arnica Montana.
Nome galego:
Planta cheirenta, arnica.
Descrición:
A arnica estimula o sistema nervioso e aplícase para trastornos
cardíacos. É moi efectiva nas lesións, golpes, picaduras de insectos,
tamén para curar as feridas da lingua. De 15-60 cm. Aromática. Follas
inferiores de 6-7 x 1,5-5 cm. , con 5-7 nervios lonxitudinais, ovais ou
lanceoladas, glandular - pubescentes ou aterciopeladas polo haz. Con 1-7
pétalos grandes amarelo - alaranxados de 4-8 cm. de diámetro. Pedúnculos
con dúas brácteas lanceoladas alternas, xeralmente, e con pelos
glandulares e non glandulares. Lígulas saíntes, con 2-3 dentes. Froito
de 6-9 mm.; pelos do vilano ásperos, nunha fila, tan longos como a
corola. Vese en pastos de montaña, preto dos ríos galegos. É algo
Tóxica. Chámase tamén estornudera, tabaco de montaña, Arnica.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome científico:
Calystegia sepium.
Nome galego:
Campaíña, saltasebes.
Descrición:
Herba perenne gabeadora de talos volubles con follas alternas e
pecioladas, con limbo ovado ou ovado-lanceolado. Follas solitarias,
axilares, hermafroditas, pentámeras,.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome
científico: CAREX (Carex broteriana Samp., carex nigra, carex
paniculata).
Nome galego: Herba xunqueira, xunco, buño, carrizo, feo.
Descrición: Según Xosé Ramón Garcia no seu libro "Flora
de Galicia" hai como 35 tipos de carex distintos en Galicia. As flores
van en espiguiñas, unhas masculinas e outras femininas, tecendo unha ou
varias espigas. Algúns carex teñen outros nomes como feo (Carex panicula),
carrizo (Carex nigra), buño das praias ( Carex arenaria). As carex son
as herbas que están a carón dos ríos galegos.Co nome de
Carex aparecen estas herbas que abondan nos ríos de Galicia, pero que
son moi difíciles de identificar, hai centos delas.Carex significa
herbas con follas punzantes, sendo está unha das características
básicas.As follas son lineais, ríxidas e cortantes. Son moi pouco
vistosas e agrúpanse en espiguiñas que fan a súa vez espigas.O debuxo,
sensacional é da Carex Pendula. As Carex son plantas palustres, vivaces
e resistentes.A altura está entre 50-150 cms. Florecen entre xuño e
xullo.Queren lugares soleados.Cando non presentan flores, a tarefa de
identificalas resulta imposible, din os expertos Víctor M. López e
Miguel A. Fernández, autores do libro a Natureza dos ríos e Ribeiras
Galegas.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome
científico: Cytisus Scoparius L.
Nome galego: Xesta.
Descrición:
Ramiñas xeralmente con 5 ángulos aplastados como costelas, as veces
alados lateralmente. Froito lampiño. Arbusto de ata 3 metros, moi
ramificado. Ramas erectas, inclinadas ou deitadas, verdes, as veces
sedosas de xóvenes. Folíolos ovoides, con pelos adosados ou lampiños.
Flores grandes, axilares, solitarias ou en parellas; pedúnculos dobre de
largos que o cáliz; corola amarela; estandarte de 16-20 mm. Froito de
2,5-7 cm. oblongo, comprimido, con pelos pardos ou blancos na marxe,
negro o madurar. Dáse en matorrales e en claros do bosque. É tóxica para
o ganado. En castelán chámase hiniesta. O lugar onde hai ,moitas xestas,
chámase xesteira. A xesta en Galicia é moito máis cunha planta común xa
que é un arbusto sagrado, polo menos así o era para os druídas. Coas
xestas bárrese a casa, para purificala, entre outras moitas aplicacións
máxicas. Trátase tamén dunha planta moi boa nas enfermidades
cardiovasculares, pero que hai que tomar con precaucións. O feito de
atoparnos xestas con ramas anoadas e unha das características que nos
podemos atopar nos montes galegos, esta é unha antiga costume a hora de
pedir un desexo.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome
científico:
Digitalis Purpúrea L.
Nome galego:
Estalotes, dedaleiras,lunas da nosa Señora, croques,
bilitroques, abrula, estroupallo, seoane, botexo, etc.
Descrición:
Os estalotes son abondosos nas beiras dos ríos galegos, sobre todo nos
prados e na beira dos mesmos. Danse en tódolos sitios de Galicia. Planta
moi característica.
¿Quen non estalou unha destas plantas
na súa vida?.
Recibe moitos nomes dende: lunas da nosa Señora (galego) ata zapatitos
de Cristo ( Castelán). Tamén os galegos chámanlle: estalotes,
dedaleiras, croques. A planta ten de 25 a 180 cms. Pubescente e lanosa.
Rara vez case lampiña. Follas basais ovais ou case aserradas, grandes,
as inferiores son pecioladas e subsésiles ou sésiles as da parte
superior. Aparece en calquera lugar preferentemente solos no calizos.
Follas inferiores aserradas, cun pecíolo moi largo. O froito ovoide,
romo, igual ou maior co cáliz. O froito, está nunha cápsula ovoide que
se abre por dúas valvas deixando saír numerosas sementes de pequeno
tamaño. Esta planta dura sobre dous anos. O feito de recibir tantos
nomes demostra as craras que é moi popular.
É unha planta velenosa, contén unha
droga que fai máis vigoroso o latexar do corazón. Por eso se aproveita
en menciña.
Pero ollo non se debe recolectar xa que é velenosa para autoterapìa.
É moi utilizada para afeccións
de corazón e tamén para a orina. Dise que escorrenta as bruxas e as
desgracias si se pon na porta a noite de San Xoán.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome científico:
Silybum marianum (L).
Nome galego:
Cardo borriqueiro.
Descrición:
Os tallos son longos e con moitos pinchos, como pode verse. As flores
son rosa púrpura roxiñas, xeralmente solitarias. Trátase dunha planta
bienal, robusta e pelada de ata 1,5 m de altura. Follas alternas. As
flores superiores teñen a marxe espiñosa e a face de cor verde matizado
de branco. As flores son de cor púrpura.
Medra en lugares removidos e moi expostos o sol. É unha planta que se
utiliza na hepatite crónica, na cirroses e na insuficiencia hepato -
biliar.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome
científico: Primula vulgaris.
Nome galego:
Primavera, caucere, herba de San Pablo.
Descrición:
As flores soben individualmente dende o centro da roseta de follas.
Follas 5-25 cm., lanceoladas ou ovais, irregularmente dentadas; pecíolo
alado. Pedúnculos de 6-20 cm. , que se tumban o fructificar, con pelos
longos. Corola de 2-4 cm. de diámetro. Florece na primavera. As flores
son de color amarelo oriéntanse o sol e desprende un perfume suave.
Froito ovoide, encerrado no cáliz, sementes viscosas. Dáse en lugares
húmidos, prados, preto dos ríos, bosques sombríos. As flores conteñen
flavonoides e polo tanto teñen propiedades diuréticas e antiespasmódicas
moi útiles no tratamento de pedras nas vías urinarias e tamén para
calmar cefaleas e migrañas. As raíces tamén se utilizan para fluidificar
as secrecións bronquiais. Ten tamén propiedades analxésicas e
antirreumáticas.Ten tamén propiedades hemolíticas e polo tanto utilízase
contra os golpes, xa que quitan moi ben o dor.
|
|
|
|
| |
Nome científico:
Prunus avium.
Nome galego:
Cerdeira.
Descrición:
Árbore caducifolia que pode chegar ós 25m de talla, con cortiza lisa,
anelada, de cor marrón-vermello, que se desprende en anchas bandas
transversais. Follas simples, ovado-oblondas, acuminadas, de 7,5-12,5cm.
de lonxitude e 3,5-5 cm. de anchura, fasciculadas no estremo de pequenas
ramiñas. Teñen as marxes irregularmente aserradas. O seu faz é glabro e
o envés mais ou menos pubescente. Pecíolo de 4-5 cm. de lonxitude, con
2-3 glándulas avermelladas preto do limbo. Ö caeren as follas adquiren
un ton vermello alaranxado. Flores blancas de 2-3 cm. de diámetro que
aparecen antes ou ó tempo que as follas. Dispóñense en ramalliños
axilares umbeliformes de 2-6 cm. de lonxitude, con longos péndulos.
Froitos globosos, carnosos, deprimidos no ápice, de 1 cm. de diámetro ou
algo maior nos exemplares cultivados, son de cor vermello ennegrecido.
|
|
|
|
| |
Nome
científico: Laurus nobilis.
Nome galego:
Loureiro.
Descrición:
Árbore perenne cas follas lisas, brilantes e de cor verde, as flores son
pequenas de cor amarelo e o froito é de cor escura semellando unha
aceituna. Pode alcanzar un gran tamaño, dependendo do tipo de substrato.
É orixinario de Asia Menor e é considerado como o símbolo da victoria.
Ten propiedades curativas como dixestivo, antiséptico, balsámico…tamén
se emprega na cociña como condimento aromatizante.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome
científico: Frangula alnus.
Nome galego: Sanguiño
Descripción: É unha especie moi abondosa no no interior do
bosque húmido. Os seus froitos redondiños, verde primeiro, logo vermello
e por último negro ó madurar no verán. As ponlas son moi delgadiñas, con
follas moi veerdes, simples e alternas coas beiras enteiras. A casca do
arbusto tornase sanguiñenta característica que lle dá o seu nome vulgar.
O florecer na primavera observanse as flores moi pequenas verdosas ou
blancas, con cinco sépalos verdes e cinco petalos brancos. Aparecen en
pouco número no arbusto e poden ser observadas ata o mes de setembro. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Nome
científico: Eleocharis palustris.
Nome galego:
Eleocaris.
Descrición:
Trátase de unha ciperácea perenne, rizomatosa, de escasa altura posto
que dificilmente sobrepasa os 50 cm., que é capaz de formar densas
poboacións que se estenden con rapidez en forma de mancha de aceite. É
unha planta moi semellante os xuncos, e no extremo de cada un dos tallos
aparece unha espiguiña de 2 a 3cm., e a cor pode variar da cor da
palla a marrón escuro.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
|
|
| |
En elaboración ... |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|