BASES MERCADO ROMARÍA VIKINGA 2012

O Concello de Catoira establece as seguintes bases que rexerán a organización e desenvolvemento do mercado da Romaría Vikinga 2012.

-          Os postos teñen que estar acondicionados con materiais da época (madeira, cortiza, teas, canizo) ou, cando menos, non serán visibles para o público outros materiais como plástico ou semellantes.

-          Tódalas persoas que atendan os postos teñen que ir vestidos de época obrigatoriamente, coidando tamén os complementos.

A solicitude de participación no MERCADO MEDIEVAL encontrase na sección de DESCAGAS/TRAMITES, da páxina do Concello (www.catoira.es)