| |
Por
Mario Gómez Penide |
|
| |
Aves |
|
| |
www.catoira.net |
|
|
|
| |

Nome galego: Azor
Dimensións:
É un paxaro bastante grande, entre 50 a 60 cms.
Identificación: Resulta inconfundible, o macho e a femia
son un pouco diferentes pero parecidos. Os ollos son inconfundibles.En
voo destacan por ter un rabo moi longo así como as ás redondeadas, con
cabeza pequena.
Alimentación:
Aliméntase de outras aves principalmente, en especial as
córvidas.Do anterior dedúcese que en Galicia hai moitos corvos, logo hai
poucos azores.
Hábitats:
Forestal.
Niños:
Constrúe un niño en árbores de 10 a 20 metros. Pon a partir de Xulio de
3 - 4 ovos brancos - azulados. Choca os 35-40 días.Os pitos voan as 5
semanas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome
galego: Bailón, Bilurico bailón, Andarríos chico.
Dimensións: 19,5 cms. 55
gr. Sexos iguais
Identificación:
A identificación é bastante simple xa que ten as partes superiores
pardas en contraste coa parte inferior branca. Por certo ten un
delicado debuxo na parte de arriba. Pousado move nerviosamente o rabo e
a cabeza, de ónde lle ven o nome de bailón, xa que está sempre bailando.
En voo véselle unha lista na ala branca. Voa dun modo moi peculiar xa
que pon as ás para abaixo.
Alimentación: Aliméntase de insectos, vermes, moluscos, etc.
Hábitats: O seu hábitat son
as lagoas e cursos fluviais.
Niños: En Galicia pode verse todo o ano pero non consta, de
momento que aniñe nesta terra. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Martiño
peixeiro. Picapeixe. Reiseñor da mar. Paxaro mariñeiro. Paxaro pescador.
Garda ríos.
Dimensións:
16 cms. Case cabe nun puño. Pesa sobre 38 gramos.
Identificación:
É inconfundible. A coloración é moi rechamante, a parte superior é azul
verdosa apencada de branco, ten irisacións turquesa por riba, o ventre
alaranxado (eu diría roxo castaño) bastante rechamante, que o chegar a
gorxa se troca en branco. A cabeza bastante grande igual que o pico ou
peteiro, que por certo é vermello por debaixo. As patas son pequenas e
vermellas. O seu voo é paralelo a auga e dende logo moi rápido.
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de peixes ( escalo, lorcho, muxo) ata 6 - 8
cms., tamén caranguexos, así como vermes, insectos acuáticos como os
cabaliños do demo, etc. É normal velo sobre unha rama, entre un e tres
metros sobre o río, moi atento, cando avista unha peza, por exemplo un
peixe, voa moi rápido e colle a presa , si fai falla nada cara abaixo,
logo volve a ramiña e está a sacudir o peixe contra un árbore ou unha
ramiña ata que morre. Logo ponse a comelo empezando pola cabeza,
normalmente sempre a favor da escama. Os peixes da súa dieta poden
chegar a 6 cms de lonxitude. Despois da operación anterior fai un
acicalamento da plumaxe e unha lubrificación cunha substancia graxa que
el mesmo xenera.
Hábitats:
En moitos ríos galegos. Pero non é moi abondosa. Parece preferir augas
abertas, desembocaduras de ríos, lagoas, etc. Incluso as veces na
beiramar. Non é abondoso.
Niños:
Aniña en buratos de ata 1,5 metros de longo. O niño soe ser ascendente,
para evitar que lle entre auga nas enchentes. O final fai unha cavidade
esférica onde a femia pon os ovos. Soen ser 6 a 8 , brancos, redondos e
moi brilantes. A parella traballa a par para incubar durante os 20 días
máis ou menos que tardan en chocar. Logo veñen os polos e comeza a labor
de alimentalos. Os pais teñen que pescar para eso peixes de
aproximadamente 1 cms. O cabo dun mes xa voan. Dúas roladas.
A
femia é un pouco máis pequena có macho. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |


Nome
galego:
Parrulo
Dimensións: Sobre 58 cm. o macho ten a cabeza e pescozo
verdes e tamén un colar branco. A femia é parda apencada. Realmente é
doada distinguir o macho e a femia.
Identificación: A súa
identificación é bastante doada. O macho ten a cabeza e pescozo
verdes e tamén un colar branco. femia é parda apencada. Realmente é
doada distinguir o macho e a femia.
Alimentación: Alimentase de
sementes, herbas, insectos, anfibios e moluscos.
Hábitats: Atópase en
toda Galicia., en zonas húmidas, brañas, lagoas e ríos.
Niños: Reprodúcese con facilidade nos regatos e ríos. O niño
fano no chan, preto da auga, entre a vexetación. Pon dende marzo a xullo,
entre 7-16 ovos brancos verdosos. Choca os 28 días. Logo a niñada anda
coa nai o pai desaparece. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: VENCELLO
COMÚN, CIRRIO.
Dimensións:
16,5 CMS.
Identificación: Sexos iguais. Totalmente negro, a non ser
unha pequena mancha clara na gorxa. Picos curtos, boca grandes. Ás moi
grandes. Ten un voo moi forte, aerodinámico, rapidísimo, bate as ás
constantemente e por veces tamén planea pero pouco. No solpor voan moi ,
moi alto. Moita xente confunde os vencellos coas andoriñas, distínguese
de forma doada toda vez que os vencellos teñen as ás en forma de gadaña
e a cola corta.
Alimentación:
Insectos que captura en voo.
Hábitats: Vense en campo aberto e tamén sobre masas de auga.
Os cirrios son os mellores voadores do ceo. Rápidos é precisos.
Niños:
Aniña a finais de maio ata agosto.Cría en furados de construcción e
baixo tellas. Pon de 2 a 3 ovos brancos que chocan ámbolos sexos durante
18 días; os polos voan ás cinco semas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Garza.
Dimensións: 91 cms. Sobre 1600 grs. de peso.
Identificación: Case do
tamaño da cegoña, é doado identificala nos ríos e lagoas galegos. Pico
amarelo ten unha crista ou sombreiro característico, como un mechón "O
afro", moi típico.. Nos ollos unha liña ocular negra.O pescozo é branco
pero no medio ten unha liña negra. O lombo é gris cinza.O seu voo é moi
característico xa que é moi lento e o seu pescozo forma unha ese,
ademais leva as pernas estarricadas totalmente.Pode confundirse coa
cegoña, pero esta ten en voo as ás brancas e negras e van rectas,
mentres que a garza son grises e as ás van arqueadas formando unha
ponte.
Alimentación: Peces, anfibios e insectos.
Hábitats: Nas lagoas e
ríos. Evidentemente tamén en encoros sobre todo na cola destes. O que
pasa é que prefiren os ríos, os encoros cada vez teñen menos que comer.
Niños:
Cría entre marzo e maio, pon de 3 a 5 ovos e veñen o mundo os pequenos o
cabo de 25-28 días. Os niños fainos en árbores pero as veces
ocultos entre as canas e carrizos da beira do río. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Porrón
moñudo.Parrulo común.
Dimensións: 43 cms.
Sobre 1 kg.
Identificación:
É inconfundible. O macho ten as costas e o ventre branco e o resto é
completamente negro. O macho ten unha crista característica . Os ollos
son amarelos. A femia é de cor marrón, tamén cristada e é frecuente
atoparlle unha mancha branca no pico.
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de peixes, plantas acuáticas, insectos, etc.
Hábitats:
En moitos encoros galegos. Tamén no litoral. Esta ave abunda no baixo
Miño.
Niños: De maio a agosto
8-10 ovos. Que chocan os 23-25 días, e que voan as 9 semanas. Nidifica
no chan. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Buxato ,
bexato, queima, tartaraña, mioto. Lamote. Miñato.
Dimensións:
51-56 cms. Entre 600 e 1300 grs.
Identificación: A plumaxe é bastante variable de pardo
obscuro ata claro.Cando planea identifícase máis doado xa que leva as ás
completamente abertas, estas ás vistas por debaixo teñen a punta
obscura e a metade posterior clara , e a rabo moi estendido e
redondeado. As báteas son lentas. Planea en círculos e tamén fai peneira.
Normalmente vense en solitario, máis non é raro velos en parellas e
incluso varios xuntos. A distancia pode confundirse coa aguia pero está
ten a cabeza moi longa as ás cuadrangulares e a cola moito máis ancha.En
Galicia vese frecuentemente pousado nos tendidos eléctricos.Podería
confundirse co lagarteiro pero este e moito máis pequeno e o seu voo non
ten nada que ver coa maxestuosidade do miñato.
Alimentación:
Pequenos mamíferos, insectos e reptís. Pero tamén pode comer aves como a
pega. Gústanlle moitísimo os saltóns.
Hábitats:
Preferentemente onde haxa árbores de bosque con prados e campos. Esta
rapaz é sen dúbida a máis abondosa en Galicia.
Niños:
Constrúe o niño en grandes árbores.O niño pode ser de outra especie.
Gústalle os piñeiros e os eucaliptos. En febreiro marzo vese a parella
xa formada, galeando. Postas en abril, de 2 a 3 ovos. Os 36 días xa
veñen os pequenos. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Xílgaro.
Dimensións: 12 cm. / 72
gr.. É do tamaño dun merlo.
Identificación: É inconfundible. Polos seus cores. Ten o
lombo pardo, rabo negro con puntas brancas e lixeiramente gallado; ás
negras coas puntas brancas, a boca e cara é vermella. O peteiro é
cónico.
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de insectos e baias. Sementes de bidueiro,
ameneneiro e os citados insectos.
Hábitats: En moitos ríos
galegos. É bastante común. Gusta moito dos campos ermos con cardos.
Niños: Constrúe o niño en árbores e sebes. Pon na primeira
sema de maio 3 ovos que choca a femia en 13-15 días. Os 13 días están
voando os polos. Ten dúas niñadas o ano. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego:
REISEÑOR DA AUGA
Dimensións: 13-14 cms.
Sexos iguais.
Identificación: Partes superiores pardas
arrubiadas. Inferiores abrancazadas.Rabo longo e redondo. Ás curtas,
patas rosadas. Voo baixo e rápido. Canto característico.
Alimentación: Insectos e sementes.
Hábitats: En Galicia non é
moi abondoso.
Niños: Aniña entre a
vexetación moi mesta, xeralmente preto do chan. Nel pon 3-5 ovos que
choca a femia durante 12 días, os polos deixan o niño os 10-15 días.
Dúas roladas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego:
Merlo rieiro. Merlo acuático.
Dimensións:
18 cms. e sobre 60 gr. de peso.
Identificación: É inconfundible. Sempre a beira dos ríos
pescando unha e outra vez. Mellor sobre unha pedra saínte do río. Ten
como un babeiro branco debaixo da cabeza ata o peito. A plumaxe é
castaño obscura, tirando a negra. O rabo é moi curto, que leva
lixeiramente ergueito e move constantemente. Voa rápido a rentes da auga.
Esta é unha característica moi a ter en conta, tan pronto se asusta, voa
seguindo o curso do río en voo rasante, hai que estar atentos. O seu
territorio non pasa dos 300 metros de río máis ou menos, nós xóvenes é
de 2 km. os adultos.
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de insectos (larvas de tricópteros, cabaliños
do demos, escaravellos acuáticos,...etc.) , cangrexos e peixes, tamén
ovos de peixe.
Hábitats: En moitos ríos galegos, pero sempre en augas claras
e de moita corrente, preferiblemente de máis do 5% de pendente, polo
tanto preferentemente nos cursos altos e medios dos ríos. É , sen lugar
a dúbidas unha medida perfecta do estado do río. Está
especialmente dotado para este hábitats: os seus ollos son planos e
actúan como os dun buceador (con gafas claro), ve maravillosamente
debaixo da auga. Por outra banda os seus oidos e orificios nasais
péchanse o entrar en contacto coa auga. A súa plumaxe é moi densa e pasa
varias horas cubríndoa dun aceite impermeable que segrega dunha glándula
que posúe na base da cola, desta forma as plumas están secas cando o
merlo sae da auga. As súas garras son incribles e suxétase perfectamente
o fondo do río. Trátase dunhas garras bastantes grandes.
Niños: Cría de marzo a xullo. Os niños faino baixo as pontes
e tamén en gretas e en zona de canóns ou gargantas, é dicir tramos
encaixados do río, onde o acceso dos humáns non é tan doado. O macho e a
femia constrúen un niño abovedado de musgo, herba e follas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: CUCO
Dimensións:
33 cms. Os machos e as femias son semellantes, inda que a femia soe ser
máis apardadas.
Identificación:
Os machos teñen a coloración cincenta que se ve na fotografía. O se u
peito permite doadamente identificalo. Ten una ala caudal moi longa e
cincenta o mesmo que as ás, que son estreitas.Voando semella un falcón.
A femia é
similar pero algo máis apardada.
Alimentación: Aliméntase de
vermes, eirugas, especialmente a procesionaria do piñeiro, arácnidos,
avelaíñas e insectos.
Hábitats: Monte baixo,
cultivo con arboredos intercalados. Tamén na beira dos bosques.
Niños: O cuco é un paxaro
que pon o ovo en niño alleo, xeralmente de lavandeira, carrizo, etc.
Esto sábese dende moi antigo, o cuco pon os ovos en niño alleo. O
cuco femia está vixiando a femia de outros paxaros e cando esta se
aparta do niño pon o seu rapidamente e guinda un dos outros, así a nai
non se dará conta do cambio.
O pito o cabo duns días guinda fora do niño os outros paxariños. Os 12
días xa voa. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Pita de
auga. Galiña de río
Identificación: O seu pico é inconfundible. Son pequenas
incluso de adultos, como pitos de curral un pouco grandes.
Completamente negras e sempre co rabo a darlle para arriba e para abaixo
nerviosamente. Deféndense moi ben no río, nadan rápido. Para emprende-lo
voo bate as ás con forza axudándose coas patas. Pode mergullarse.
Alimentación:
Herbas acuáticas, tamén de insectos, moluscos, vermes e caracois.
Hábitats: Bastante común en
toda Galicia.
Niños:
Constrúe o niño preto da auga ou sobre a vexetación. Pon entre 5-12 ovos
cremosos con manchas pardas. Chocan os dous sexos durante 19-22 días.
Dúas roladas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Fulepa
amarela.
Dimensións: Entre 12 -13
cms. Sexos iguais.
Identificación: As partes superiores son verde oliva e as
inferiores amarelas. As patas son pardas. As ás son curtas e
redondeadas. A parte inferior do peteiro é rosada.
Alimentación: Aliméntase principalmente de
insectos e larvas.Antes de partir par África aliméntase tamén de bagas.
Hábitats: Habita zonas de monte baixo, ribeiras de zonas
húmidas, matorreiras, etc.
Niños: Constrúe en gallas
de arbustos un niño en forma de copa profunda e nel pon en xuño 3-4 ovos
rosados apencados que choca a femia en 12-13 días, os polos deixan o
niño os 14 días.
O de políglota venlle xa que o seu canto imita a moitos paxaros. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: ANDORIÑA.
Dimensións:
19 CMS.
Identificación: Sexos
iguais. Totalmente negro no lombo, por debaixo brancas. A gorxa e por
riba do peteiro rubias. Picos curtos, boca grandes. Ás moi grandes. Ten
un voo moi forte, aerodinámico, rapidísimo, bate as ás constantemente e
planea moitísimo. A cola é gallada. Moita xente confunde os vencellos
coas andoriñas, distínguese de forma doada toda vez que os vencellos
teñen as ás en forma de gadaña e a cola corta.
Alimentación:
Insectos que captura en voo.
Hábitats: Vense cerca das
zonas urbanizadas tanto no rural como na cidade. Por suposto vense preto
dos ríos onde lles gusta cazar en voo os insectos para alimentar a súa
prole. Chega a finais de febreiro e marcha cara África en setembro ou
octubre.
Niños: Aniña a finais de
abril ata agosto. Trátase de niños en forma de cunca enriba de trabes e
cravos de alpendres,etc. O niño está feito de barro.Pon de 3 a 5 ovos
brancos apencados de rubio que choca a femia durante 15 días; os polos
voan ás tres semas. Ten dúas roladas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Lavandeira branca.
Comentario: ¿Quen non coñece este paxaro?. Áxil,
titiriteiro é todo un espectáculo velo o redor das vacas ou no río
collendo mosquitos.Unha marabilla. É a elegancia feita paxaro.Pode
perfectamente pararse no aire , quedo.É bastante titiriteiro de tódolos
xeitos.
Nidificante/sedentaria/invernante
de interés especial e estrictamente protexida. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Lavandeira real.
Comentario: Das lavandeiras
esta é a que máis se acerca os ríos galegos, inda que tamén se ven as
outras. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Ouriolo.
Vichelocrego, galo cereixeiro, ouriol.
Dimensións: 24 cm. / 72
gr.. É do tamaño dun merlo. É dicir bastante grande.
Identificación: É inconfundible. A coloración é moi
rechamante, ten unha cor amarela característica, as ás e a cola son
negras e o peteiro de cor vermella fano inconfundible. O borde do ollo
tamén é negro. Esto o macho. A femia é distinta xa que as partes
superiores son verdosas e as inferiores brancas grisaceas. O voo é
rápido e subindo as copas dos árbores. É desconfiado.Este paxaro non ten
outro parecido.Pero ollo non é doado velo, hai que estar moi atentos e
ter moita sorte para velo con claridade.
Alimentación: Preferentemente todo tipo de insectos e baias.
Tamén lle gustan as cereixas e os figos, o nome que se lle da en algúns
lugares, galo cereixeiro, non deixa lugar a dúbidas.
Hábitats: En moitos ríos galegos. É bastante común. Tamén se
pode atopar en carballeiras e bosques de frondosas preferentemente e
coníferas.
Niños: O ouriolo comeza
tarde a facer no niño. Preferentemente encargase a femia. Normalmente
faino nun amieiro, os seus niños están tan ben feitos que normalmente
duran anos. Así despois de aproveitar un niño xa feito ou ben
facelo novo a femia dedícase a incubación, o macho pasa o día cazando
eirugas, arañas, caracois, baias, moras , uvas para comer el e a súa
femia. Os 15 días xa teñen os 4 ovos eclosionados. Os pitos tamén crecen
con rapidez. A finais de agosto a familia enteira regresa a África. Toda
unha carreira. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Ferreiriño
Común.
Comentario: Abondoso. A identificación
tamén é doada xa que a cabeza é negra e mostra unha marcada branca
clarísima na caluga ( ata aquí é moi parecido o ferreiriño abelleiro). O
lombo é cinsento ( no ferreiriño abelleiro é amarelo.
Nidificante/Sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego:
Ferreiriño Bacachís.
Comentario: Moi abondoso. Doado de
identificar a súa cabeza é branca, cunha liña ocular negra e a testa
azul. O rabo é azul , igual que as ás.
Nidificante/Sedentaria,
de interés especial e estrictamente protexida. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Ferreiriño
cristado.
Comentario: Moi abondoso
sobre todo preto dos piñeiros. Este tampouco ten perda xa que ten unha
creste na cabeza. A creste é branca e negra.
Nidificante/Sedentaria, de
interés especial e estrictamente protexida. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego:
Ferreiriño abelleiro.
Comentario:Aliméntase de
todo: preferentemente abellas.Moi abondoso en Galicia. Dende logo nos
cursos fluviais.O corpo é amarelo, a cabeza é completamente negra con
meixelas claras inconfundibles.
Nidificante/Sedentaria, de
interés especial e estrictamente protexida. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego:
Picafollas común.
Dimensións:
Sobre 11 cms.
Identificación: Sexos iguais. A parte superior é parda
olivácea. A gorxa tena amarela.Ten un voo curto, revoloteante, case
sempre perseguindo os mosquitos.A súa conducta é inqueda, está sempre a
moverse e non para quieto.
Alimentación:
Preferentemente mosquitos. Tamén come vermes e moluscos.
Hábitats:
É bastante común. É doado encontralo preto dos cursos fluviais, árbores
de campos e tamén nos parques.
Niños:
Aniña rentes do chan. Pon de maio a agosto 5 ovos que choca a femia
durante 13 días.Os 13 días xa voan os polos.Dúas roladas o ano. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome
galego: Andoriña dos penedos. Anduriña
Dimensións:
Sobre 15 cm. e un peso de 20 gr.
Identificación: É marrón e por debaixo branca sucia, máis
escuras no ventre e nacemento do rabo. O rabo é tirando a cadrado e
leva unhas manchas brancas visibles, ver o debuxo sacado do libro Guía
das aves de Galicia (imprescindible). Os dous sexos son iguais. Hai
outro tipo de anduriñas que son avións, como os das barreiras pero esta
é menos abondosa e por outra banda o rabo remata gallado, mentres que
este avión o rabo é escotado, pero non gallado.
Alimentación:
Aliméntase de mosquitos que colle a grande velocidade por riba da auga.
Hábitats: Sempre sobre paredes rochosas, cañadas e
acantilados, onde están preto as correntes de auga. O paso prenupcial
faino a finais de febreiro e os postnupcial a finais de setembro. Os
voos en parella con persecucións comezan a finais de xaneiro, os niños
fanse en febreiro. Abril, maio, xuño son meses de cría.
Niños: O niño faino en
cantís ou oquedades artificiais. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome
galego: Carrizo
Dimensións:
Mide sobre 9,5 cms. e pesa 9 gramos aproximadamente. Trátase polo tanto
dun paxariño máis ben pequeno.
Identificación: É rechoncho, de cor pardo,
de cola corta que sempre trae para arriba, moi vivaracho, o seu voo é
recto. As veces voa por riba da auga e pousase en milésimas de segundo,
con gran dominio do seu voo
Alimentación:
Preferentemente de insectos, hemípteros e coleópteros.
Hábitats:
É moi abondoso e atópase ata 1400 metros de altura aproximadamente.
Habita en vexetación mixta e baixa, xardíns, fragas, cultivos.
Atópase tamén preto da auga. En Galicia é máis abondoso na Coruña e
Pontevedra que en Lugo e Ourense.
Niños:
O seu niño é totalmente característico, xa que fai un niño esférico con
entrada lateral, faino ben agachado en lugares baixos, moi globoso e a
base de musgo. Pon de primeiros de abril a principios de xullo de 4 a 6
ovos brancos, que chocan os 14 días. Os paxariños xa voan os 17-18
días. Trae dúas ruladas o ano. O seu niño e parasitado polo cuco. Xa se
sabe o de poñer o ovo en niño alleo. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Malvís,
tordo malvís.
Dimensións:
É un paxaro bastante grande, 21 cms. Sexos iguais.
Identificación: Ten o peito dremoso con numerosas pencas en
punta de frecha aliñadas. Unha risca clara na cabeza.Penso que non hai
dúbida.
Alimentación: Aliméntase de
miñocas, insectos e tamén froitos e sementes.
Hábitats: Arboredos,
ribeiras fluviais. Estival en Europa setentrional e invernante en
Galicia, pero tamén está presente noutros lugares.
Niños:
Constrúe un niño voluminoso en arbustos, onde pon entre marzo e agosto
de 3 a 6 ovos que choca a femia en 12-13 días.Dúas roladas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome
galego: MERLO, merliño
Dimensións: 25 cms.
Identificación: O macho é totalmente negro. O peteiro
alaranxado.As femias son pardas moi escuras.
Alimentación: Come de todo, frutos e insectos. Come tamén
arañas e miñocas.
Hábitats: Campos,
fragas, xardíns, hortas , sempre que haxa vexetación a media altura.
Niños:
Cría en hedras e silveiras. Fai un niño bastante voluminoso sobre 2
metros do chan.Pon entre 3-4 ovos que choca a femia durante 14 días. Os
polos voan as dúas semas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome galego: Tordo
galego.
Dimensións:
É un paxaro bastante grande, 23 cms. Sexos iguais.
Identificación: Ten o peito moteado con numerosas pencas en
punta de frecha aliñadas. O ventre é branco.Penso que non hai dúbida.
Alimentación: Aliméntase
de miñocas, insectos e tamén froitos e sementes.É unha característica
deste paxaro como come os caracois que escacha dunha forma especial.
Efectivamente colle o caracol e escacha contra unha pedra, toda unha
proeza.
Hábitats:
Arboredos, ribeiras fluviais.
Niños:
Constrúe un niño voluminoso en arbustos, onde pon entre marzo e agosto
de 3 a 6 ovos que choca a femia en 12-13 días.Dúas roladas. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome
galego: Bubela. Bubela común.
Dimensións: 27 cms. 65 grs.
Identificación:
É inconfundible. É moi doada de identificar xa que ten unha coloración
moi característica, ás moi anchas, un peteiro como un día sen pan e unha
crista rechamante, eréctil. A crista pode mantela aberta como unha
especie de abanico moi curioso.Por riba ten un voo tamén moi
característico, xa que é moi baixo e cun batido moi irregular das ás.
Lembra o seu voo a unha bolboreta.
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de insectos, miñocas arácnidos, larvas, etc.
Hábitats: Cultivos, hortas e en xeral espacios
abertos. Non é raro a carón dos ríos sempre que estes discorran por
lugares abertos, bosques de coníferas e tamén mixtos.Vese ata 1500
metros.
Niños: O niño faino en
ocos de edificios vellos e tamén en árbores. Pon entre abril e xuño de
4-7 ovos brancos cincentos que choca a femia durante 18 días. Os
polos están voando ás 4 semas. Non defende o territorio inda que
si, por suposto, o niño. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
Voltar ó índice |
|
|
|