|

Video de Luar na
Lubre -Os Animais (YouTube) |
|
Curiosidades dos Animais
(e dos vexetais)
-por E.Loureiro |
|
●
Según
os zoólogos na península ibérica existen máis de 110 especies de
mamíferos.
● Coñécense máis de dous millóns (2.000.000) de especies animais no
mundo. Os biólogos estiman que o número de novas especies por descubrir,
supera varias veces isa cantidade. |
|
● Os ourizos posuen nas súas púas un grupo de ácedos capaces de neutralizar
ata seis tipos de bacterias. Así evitan as posibles infeccións que
puideran ter ao ferirse con algunha das máis de 5000 púas repartidas
polo seu corpo (ou polo dos seus conxéneres) |
| |
|
● O olfato dun can é mil veces máis sensible que o dos humans. |
|
●
O corazón dun morcego, pode chegar a latexar ata 1000 veces por minuto
mentras está voando. |
| |
|
●
En
España hai catalogadas 368 especies de aves |
|
●
Algunhas
aves atrapan formigas co seu pico e colócanas nas prumas para que as
limpen de parásitos. |
| |
|
●
O
ferreiriño abelleiro aliméntase preferentemente de nespras e abellas, é
capaz de sobrevivir ata a tres ou catro picaduras sucesivas (pesa sobre
30 grs), cantidade suficiente para matar aun mamífero de máis de 100grs. |
|
●
Os
cirrios (vencellos), nunca se pousan no chan. As súas patas son tan
pequenas que non lle permiten coller impulso para levantalo vóo. |
| |
|
●
O
Martiño peixeiro para pescar, situase entre 1 e 3 metros de altura
respecto á superficie da auga, na beira do rio e, dende alí lánzase en
picado a unha velocidade de 80 Km/h cando divisa un peixe. |
|
●
O
corazón de aves coma o ferreiriño común (paseriformes), latexa a razón de 500
veces por minuto, e pode chegar a 1000 cando ten que realizar un
sobreesforzo.
O ferreiriño pode poñer ata 19 ovos (media= 9); mentres a femia cria os poliños,
o macho,
durante tres semanas, pode facer ata 900 viaxes diarios para alimentalos. |
| |
|
●
A
femia do cuco pon o seu ovo nos niños doutras
aves (aproveitando a súa ausencia). Ao pouco de nacer, a cría bota do
niño os ovos que aínda non eclosionaron ou ós pitiños dos seus pais
adoptivos. |
|
|
| |
|
●
O
número de especies de anfibios e reptiles que habitan no noso país é de
25 e 56 respectivamente |
|
●
Para
protexerse dos depredadores, a cobra sapeira (natrix maura), que é un
ofidio inofensivo, imita ás cobras de colar (natrix natrix) que si son
venenosas: imita o seu zigzag dorsal, incha a cabeza para que se volte
triangular, e se esto non funciona, expulsa pola cloaca un liquido de
cheiro repulsivo. |
| |
|
●
As
serpes e moitos lagartos teñen un só párpado con forma de lente. Esta
lente co tempo ráiase, pero renóvase co troco da camisa. |
|
●
O
número de especies de peixes nos mares e rios españois é de 68 |
| |
|
●
O
sangue da anguia contén unha substancia velenosa (ictioxinina) a cal é
neutralizada cando se somete á cocción. |
|
● As larvas da anguía nacen no Mar dos
Sargazos (preto de Florida e as Illas Bermudas), durante os tres anos seguintes,
farán unha viaxe de máis de 7.000 quilómetros ata acadar as desembocaduras
dos rios europeos. |
| |
|
●A aceleración que desarrolla unha pulga ó
brincar, é 20 veces superior a que desarrolla un transbordador espacial
durnte o seu lanzamento. |
| |
|
Niño
de arañas |
|
Máis curiosidades |
|
-As criaturas microscópicas xeneran máis
da mitade do ar que respiramos.
- Nos nosos intestinos viven 90.000.000.000.000.000.000 bacterias, e en
cada centímetro cadrado de pel 100.000
-Unha de formigas: O parecer os científicos descubriron unha
supercolonia de formigas arxentinas (Linephitema humile) que se estende
por máis de 6.000 kilómetros de costa dende Italia ata Galicia; é o
superorganismo colectivo máis grande que se coñece. Esta composto por
millóns de formigueiros conectados entre si. |
|
- Nun
gramo de poo poden vivir 20.000 ácaros.
- Nunha culler de terra hai: 1.000.000 de bacterias, 120.000 hongos, e
25.000 algas microscópicas.
-Estímase que en todo o planeta hai
5.000.000.000.000.000.000.000.000.000.000 de bacterias.
-A Lacanofobia é o medo patolóxico aos vexetais. |
| -Unha cuarta parte das especies vexetais
do planeta estarán en perigo de extinción no ano 2010. |
|
-Hai máis organismos vivos na pel dun ser
humán que seres humáns en toda a Terra. |
| |
|
|
| |
|
|
Fontes: - Los libros de "Muy
Interesante". La Naturaleza está loca.
- Outras
|
|
|