C a t o i r a

Algúns pequenos apuntes!!

Vista do comenzo da Ria de Arousa«Non cabe a menor dúbida de que Catoira... debeu ter unha grande importancia en tempos pasados, ata o punto de que aquí, acuñouse moeda...»

«Lamentablemente non está moi crara a orixe do seu nome e barállanse varias hipótesis, de entre as cales parece moi verosímil, a de que Catoira tomou o seu nome de «catorieses», xentilicio co que se denominaba os habitantes de Iria (Padrón), nos comenzos da Era Cristiá.Igrexa de Santiago en Padrón Este calificativo, atópase grabado na inscripción que se conserva sólo en parte na columna ou pedestal romano, que se garda baixo o altar maior da Igrexa de Santiago en Padrón, ó que según a tradición-, estuvo amarrada a nave que trouxo os restos do Apóstolo Santiago a Galicia; dita inscripción dí así: «(PATRO) NO (CAT) ORIESES D(E) S(UO) POSUERUNT». (Os Catorieses ó seu Patrón dedicaron ...)»(J.Rey Moure)

« Al Faíscas do Xiabrellegar cerca de él- el Castillo Honesto- la flota de piratas chocó con las cadenas atravesadas de una a otra orilla. Saltaron a tierra según costumbre los invasores, pero antes de que pudieran internarse salióles al encuentro el ejército del Obispo (Cresconio) Vikingas danesasa quién por medio de hogueras encendidas de montaña, se había anunciado el suceso desde el punto mismo en que la escuadra embocaba la sosegada Ría de Arosa..." (Crónica Compostelana -Recreación histórica de Alfredo Vicenti-)»

«...ao parecer a finais do século XIX unha terrible peste decimou o gando destas terras, de tal xeito que os catoireses asustados polas proporciónsCasa de Moure da epidemia, -non esquezamos que naqueles anos o gando era primordial para subsistir-, imploraron a intercesión do santo, Santo Antonio, e iste -según se conta- atendeu ás suas pregarias, entón o pobo en agradecemento polo "milagre" acordou facer unha festa tódolos anos na súa honra...»

Non se pode falar de música en Catoira sen falar tamén, aínda que só sea de pasada Grupo Estelade un catoirés ilustre, musicólogo, investigador, director de ... Nado en Bos Aires, retornou á nosa terra xunto cós seus pais a finais da primeira guerra mundial. Coral Tomás Luis de VictoriaTrátase de Agustin Isorna Rios conocido popularmente en Catoira como "Chichito". No colexio dos PP. Mercedarios -Pontevedra- cursa estudos de Filosofía e Linguas Clásicas e posteriormente, aprende piano, armonía, composición, paleografía, trascripción, canto gregoriano e especialmente a polifonía dos séculos XIV ao XVII...

«A Coral Polifónica Raíces, nace en 1980 froito da iniciativa de varios/as catoirenses que, despois de presentarse (e gañar)Coral Raíces de Catoira un concurso de panxoliñas organizado na localidade polo Coro Parroquial, deciden continuar os ensaios encargándose dos mesmos Valentín Rey Moure. Este querendo elevar a categoría da coral en cerne, propón un troco na dirección e, quedando él coma subdirector, encárgase a mesma a Odilo González -PP Pasionista que neses intres exerce a sua labor pastoral na vila de Caldas de Reis-. Con Odilo ó timón e tamén, coa incorporación de novas voces, a Coral incrementa Os Areeiras>tanto o seu repertorio como, se cabe, a súa calidade...» (E. Loureiro)

Romaría Vikinga
Romaría Vikinga

Amosar Créditos/Copyright
🌈ESA Facebook
ESA 🌈Blog.Catoira.net