Do século XVI á actualidade

 
 

A INVASIÓN INGLESA DE 1719

 
 

Arqueoloxía
XENERALIDADES
TORRES DE OESTE
FRAGMENTO DE INSCRICIÓN DAS TORRES DE OESTE
ERMIDA DAS TORRES DE OESTE
DOVELA
CRISMON

 
     
     
     
 

 

Do século XVI á actualidade. A invasión inglesa de 1719.

O proceso de ruina comentado chegaría ata o ano 1946, ano no que se inician as obras de restauración da capela e afirmación das Torres de Oeste que se conservan. No obstante, este castelo volvería a recordar vellos tempos en 1719.

España acababa de conquistar as Illas de Cerdeña e Sicilia, no 1717 e 1718, respectivamente. Ademáis apoiaba a Jacobo III nas súas aspiracións de alcanzar o trono de Inglaterra. Este refuxiouse en Galicia algún tempo. Esto provocou a inmediata resposta dos ingleses: unha expedición de castigo contra as nosas costas. O 8 de outubro de 1719, tomaban Vigo; pouco despois, Pontevedra. O pas seguinte sería Santiago. Para evita-lo, o marqués de Riscbourg, gobernador de Galicia, recoñece o río Ulla en busca dun lugar onde apostar as súas tropas, chegando a mesma conclusión que séculos atrás os prelados compostelanos: o lugar idóneo para defenderse dos ingleses no seu curso cara Padrón seguía sendo o que ocupaban as Torres de Oeste. Desplazou ata alí un gran número de soldados, parece que os suficientes como para face-los desistir do seu empeño.

Ante o acoso das guerrillas en Vigo e Tuy, deciden os ingleses abandoar Galicia en novembro dese mesmo ano. Curiosamente, o marqués de Riscbourg enterouse da nova na casa do párroco de Catoira. Unha vez máis, as Torres de Oeste foron testemuña directa dun gran acontecemento histórico. Pero sería o último.

Para finalizar, a modo de epílogo, reproduciremos unhas palabras coas que Neira de Mosquera concluía no seu artigo sobre estas Torres no Semanario Pintoresco Español de 1851:

" Las Torres de Oeste son en nuestros días un monumento amortajado por los siglos. A la caida de tarde, cuando el sol multiplica sus rayos tibiod y melancólicos sobre las revueltas olas del mar, se asemejan a un inmenso sepulcro mal enterrado en las sólidas playas del Océano. La piedad crictiana colocó una cruz sobre su tumba: construyó una capilla. La religión ha contemplado su alegoría" .

Romanos, normandos y sarracenos; obispos y reyes; señores y hermandades... las Torres de Oeste son hoy, ante todo, una gran lección de historia.


Arqueoloxía.

No estudio das Torres de Oeste, considerouse a arqueoloxía como unha das maiores aportacións para comprender a evolución histórica deste xacemento. Xacemento que dende as primeiras prospeccións arqueolóxicas levadas a cabo neste lugar, permitiron establecer a existencia de restos de asentamento romano.

As excavacións efectuadas nas Torres de Oeste, por importantes arqueólogos a partir dos anos cincuenta , apórtannos numerosos datos.

A primeira campaña de excavación levouse a cabo en 1950 por Chamoso Lamas, na que chegou as seguintes conclusións:

"Existencia de cinco torres y presumir el hallazgo de otras dos, que completarían en número de siete que la tradición y aún la musa popular atribuye a esta fortaleza. De las cinco torres identificadas, dos mantienen en pie parte de sus muros, otras dos dejaban a la vista parte de sus cimientos y una se encontraba oculta bajo sus escombros. Esta última construida con grandes sillares que la distinguen de las otras, es sin duda alguna de época romana, y, por lo tanto, la más antigua".

Respecto da estructura dos muros, Chamoso di:" permiten ser descubiertos en una altura que va de los dos a los cuatro metros y ofrecen un bellísimo despiece concentrado de pequeños sillares en el que se alternan hileras estrechas con otras mayores".

A segunda campaña de excavación, tamén realizada por Chamoso Lamas, foi levada a cabo no ano 1955 co obxecto de descubrir o emprazamento das sete torres, "En nuestras exploraciones hallamos basamentos romanos en tres de las torres, y la huella en la roca de la cimentación de otra, completando así (las siete) con las tres que se conservan".

En 1970, Balil Illana, foi o encargado de excavar a Torre de Lugo chegando as seguintes conclusións: "dos cámaras de planta casi cuadrada y piso de tierra apisonada, rehecho dos veces, con material romano". Tamén se puido constatar a presencia de cerámicas grises e restos de puntas de armas arroxadizas, entre outros. Pola parte dos restos da fauna marina dicir que consistían, sobre todo, en moluscos propios da zona, tales como conchas de berberechos, lapas, almexas e incluso ostras. Polo que respecta á fauna terrestre, ésta constaba de óvidos e, en menor grado, de bóvidos.

En 1974, de novo é Balil o encargado de realiza-las exploracións, dicindo:

"Por el momento, sólo cabe apreciar la secuencia de las construcciones altomedievales en el recinto interior".

"No existe, por el momento, ninguna prueba de continuidad entre el poblamiento romano, tardío y el altomedieval".

"Los hallazgos de materiales efectuados hasta el presente permiten señalar unas cronologías relativas de las estructuras arquitectónicas".

"El estudio de los aparejos puede permitir, aplicando un método comparativo, una cronología absoluta".

"Dicha cronología absoluta coincide con lo deducible de las fuentes textuales, singularmente de la Historia Compostelana, para las fases constructivas, el Proceso de Arzobispado Fonseca, para la destrucción de la fortaleza".

"La fase arquitectónica más antigua que se aprecia en el recinto interior corresponde al zócalo rectangular de la capilla y construcciones relacionadas con el recinto".

A través destos arqueólogos, dende o punto de vista cronolóxico, pódese establecer a existencia dunha similitude entre as fontes documentais e arqueolóxicas; sen embargo, na última excavación, levada a cabo, por Juan Naveiro, obsérvanse unha serie de discrepancias entre ambas fontes, xa que este historiador describe o seguinte:

"La arqueología aporta en este caso los elemnetos de contrate. Las fases constructivas de la fortaleza tienen muy poco que ver con las que describen los textos, y, en ningún caso, aparece reflejada la pregonada relevancia de la etapa de Gelmírez, cuyo protagonismo radica en el ensalzamiento intencionado que de su figura hace La Compostelana. El registro arqeuológico deja sin cubrir una serie de vacíos en la evolución del yacimiento, donde caben una buena parte de los supuestos de la historiografía tradicional".

"Hay que destacar la falta de continuidad entre el asentamiento antiguo y el medieval, quizás corroborada por la utilización de este espacio con fines funerarios".

"Sólo podemos garantizar la existencia de una serie de construcciones con anterioridad a la fase principal del complejo defensivo. Dos torres parecen anteriores al resto de las fortificaciones, como se deduce del estudio de sus aparejos y sistema constructivo. El aparejo está formado por grandes sillares desiguales concertados y recuerda el de la denominada Torre de Cresconio, los muros carecen de zócalo de cementación y tienen mayor espesor que los del resto de las torres".

"Una tercera torre se corresponde con el zócalo de la capilla, frente a ésta se encuentra una edificación de planta rectangular, sin finalidad defensiva, dedicada a habitaciones o servicios, (principios del XI, mediados del XIII)".


TORRES DE OESTE

Localización: Santa Baia de Oeste.

Adscrición cultural: Idade de Ferro, Época Romana e Medieval.

Adscrición tipolóxica: asentamento.

Descrición: posible asentamento insular na antiguedade. Actualmente é unha península unida á terra artificialmente. O xacemento consérvase en bo estado, sendo válida a descrición que fai o Pdre Sarmiento no século XVIII. É propiedade

privada (igrexa) e pública (AS Torres).

O primitivo emprazamento consta de dous recintos, un interior no que existen restos de catro torres, capilla e outros restos constructivos doutras épocas. E un recinto cerrado con muralla é un segundo recinto exterior. Aquí se atopa a Torre de Lugo.

 

 

Entre o recinto interior e o exterior, existe un terreo baldío de función descoñecida, que algúns estudiosos sinalan a posibilidade de que aquí se atopaban os astilleiros de Xelmírez.

Pódense establecer uns períodos cronolóxicos, que son:

1.- O recinto primitivo ou castro pequeño, corresponde a unha cronoloxía entre os séculos VI- IV a. C., mostra indicios dunha importante actividade metalúrxica, nel aparecen materiais de importación por vía marítima. Restos de ánforas itálicas, cerámica campaniense e algúns fragmentos de tradición ibérico- púnica, que dan testemuña dun primeiro contacto comercial.

Durante a época romana é probable que se produzca unha transformación do hábitat e incluso o desenrrolo da industria de salazón na costa inmediata. Os restos metalúrxicos, moeda e cerámicas, parecen documentar unha ocupación continuada dende o cambio de era ata o século IV despois de Cristo.

2.- Neste xacemento, a etapa realmente importante é a época medieval. Dende o principio a estructura básica das fortificacións tivo que adaptarse as defensas naturais que proporcionaban as grandes masas rocosas. Así, podemos pensar nunha obra inicial de terra e madeira que integraría restos do sistema defensivo do antigo castro.

 


FRAGMENTO DE INSCRICIÓN DAS TORRES DE OESTE



Localización: Torres de Oeste.

Depósito: Museo de Pontevedra, catalogada co nº 1. 486. Recollida en 1943 nas Torres de Oeste, entregada o Museo polo arquitecto do Servicio de Defensa do Patrimonio Artístico D. Luis Menéndez Pidal.

Alto: 0, 71 m.

Ancho: 0, 35 m.

Grosor: 0, 24 m.

Inscrición sen descifrar.



ERMIDA DAS TORRES DE OESTE



Localización: Torres de Oeste.

Adscrición cultural: Baixa Idade Media.

Adscrción tipolóxica: lugar de culto.

Descrición: igrexa dunha nave con ábsida semicircular feita con sillares. Fachada coroada por unha espadaña sinxela dun só vano. Favhada meridional cunha porta de arco de descarga e adintelado como a principal.

Fachada septentrional que se prolonga na curva do hemiciclo que se une ca torre á que está adosada a Igrexa. Neste muro hai cinco ventás de arco de ferradura.

Interior con nave cuberta con bóveda de cañón con directriz de arco de ferradura. Arco triunfal sobre "llambas", é de arco semicircular que da paso o hemiciclo, cúbrese con cascarón.

Na fachada septentrional a porta ten un dintel poligonal e sobre el un arco semicircular con tímpano de "sillarejo", nel hai unha inscrición que non se pode ler.

Ermida restaurada recentemente, e a súa construcción atribúieselle a Xelmírez no ano 1122.

 





DOVELA



Localización: Torres de Oeste.

Depósito: Museo de Pontevedra; catalogada co nº 1488.

Adscrición cultural: Idade Media.

Adscrición tipolóxica: material de construcción.

Inscrición: ERA M C C

 



CRISMON



Localización: Torres de Oeste.

Depósito: Museo de Pontevedra.

Adscrición cultural: séculos IX- X.

Adscrición tipolóxica: cruz votiva.

Descrición: lápida con cruz de brazos iguais, co alfa e o omega, aludindo as palabras do apocalipsis "Ego sun alfa et omega, principium et finis". Polo seu aspecto a inscrición di: "Hoc signo tuetur pius, hoc signo vincitur inimicus", con este signo deféndese o bo cristiano, con este signo véncese ó enemigo.

Características: lápida de 0, 95 m. de ancho por 0, 70 m. de alto. Non se conserva enteira, desapareceu o final da inscrición. A súa colocación estaría na capela ou na entrada da antiga ciudadela. Corresponde o reinado de Alfonso III o Magno, segundo o seu estilo.

Índice Xeral

 
 
     

© E.L.